NOVAS



Benvido a este espazo que o CEIP PADRE FEIJOO de Allariz pon á disposición da comunidade educativa co fin de mantela informada de todas aquelas novas que se produzan e sexan de interese, así como dos seus servizos e actividades.








 

REUNIÓN COAS FAMILIAS
 NOVOS ALUMNOS DE 3 ANOS CURSO 2019-2020

 
 

 
 O próximo curso escolar 2019-2020 os  novos alumnos de tres anos comezan unha  importante etapa da súa vida no noso colexio sendo fundamental dende o primeiro día a colaboración escola-familia. En consecuencia, convócase ás  familias a unha reunión na que poderán coñecer aspectos importantes da súa escolarización, así como as instalacións do centro.

Esta reunión terá lugar o próximo día 26 de febreiro, ás 16h00, na sala de usos múltiples do colexio de Infantil. Para esta visita aconsellamos, de ser posible, non vir acompañados dos nenos e nenas.
 
 
 
 
 
 
 
 










 
 
 
 
 

Coñece os blogs do noso colexio
 
 
Agradecemos a túa visita a este espazo na rede que o CEIP PADRE FEIJOO pon a túa disposición. Non obstante este non é o único espazo dispoñible xa que diversas actividades interesantes do centro contan tamén co seu propio blog polo que queremos animarte a que os visites. A continuación tes varios enlaces que te levarán a coñecelos.
 
 
A Horta de Auri  Este blog recolle información sobre as actividades do horto escolar.
 
Soños de Papel  Está adicado este blog ao traballo realizado na Biblioteca.
 
Fai clic nas tic  Toda a información sobre o traballo no colexio coas Tic móstrase aquí.
 
O Boi na escola  Recolle actividades realizadas por 6º o curso pasado.
 
 
 
 


Deporte  Escolar


 
 
 
Os alumnos e alumnas do colexio participaron, o día 18 de xaneiro, nas probas de atletismo celebradas nas pistas de Monterrei. Aínda que o tempo non veu precisamente a axudar isto non foi problema para que todo saíra perfecto grazas ao esforzo e a xenerosidade dos  atletas participantes. Os resultados obtidos cos equipos clasificados para a proba provincial, así como os premios obtidos a nivel individual foron moi satisfactorios. Non obstante este día será tamén lembrado como unha gran xornada de convivencia.
 
 





 
 
 
 

A visita dos Paxes Reais



O día  21 de decembro os colexios de Infantil e Primaria recibiron os Paxes Reais despois dunha longa viaxe dende Oriente ata Allariz para recoller as cartas, escoitar os seus desexos e regalar golosiñas.  Unha vez rematada a visita regresaron pola tarde de novo a Oriente para que as  Súas Maxestades podan coñecer canto antes estes desexos e así poder preparar os regalos.












III Concurso “Ti si que vales”


O colexio estivo realizando durante o mes de novembro o casting do III Edición do Concurso "Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas de Música e Educación Física. Finalmente o concurso tivo lugar o día 20 de decembro. O profesorado realiza actividades ao longo do curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro e este concurso forma parte dunha desas iniciativas. A dinámica é similar ao do coñecido programa da TV pero sempre motivando e animando aos alumnos e alumnas á participar e a superarse.


VIDEOS CONCURSO "TI SI QUE VALES"



 
 

 


 






 








 







A VISITA DO APALPADOR




O día 19 de decembro chegou ao colexio o Apalpador despois dunha longa viaxe dende as montañas do Courel. Foi visitando todas as clases de Educación Infantil e Primaria para agasallar aos nenos e nenas con castañas e bolechas feitas de castañas, á vez que recibiu as súas cartas cos seus desexos.              































ACTIVIDADE CON ECOPILAS


A Fundación Ecopilas, formada polos principais fabricantes e importadores de pilas, ten como tarefa a xestión dos residuos de pilas e baterías. Entre as actividades que realizan destácase a de concienciar aos cidadáns sobre a importancia da súa colaboración na recollida selectiva e reciclaxe destes residuos co fin de reducir o seu impacto ambiental. Por este motivo, o día 17 de decembro, celebraron unha interesante actividade co alumnado de 3º A e 3ºB de Educación Primaria.









XOGUETES  PARA  A  IGUALDADE



Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria participaron na actividade "Xoguetes para a igualdade. Os xoguetes non teñen sexo" que a Secretaría Xeral da Igualdade leva a cabo coa colaboración de Os Bolechas aproveitando as próximas datas de Nadal. Esta actividade ten como obxectivo sensibilizar sobre o contido dos xoguetes que en ocasións poden ter un marcado carácter sexista ou violento. Por outra banda o alumnado pode tomar conciencia de que tanto nenas como nenos poden xogar cos mesmos xoguetes sen ter que facer diferenciacións. 


   


 






Encontro con Antía Yáñez Rodríguez


O colexio contou coa presenza da escritora Antía Yáñez Rodríguez que fixo unha interesante presentación ao alumnado de 6º de Primaria do seu libro "O Misterio de Portomarín". Esta presentación forma parte das actividades de animación á lectura que se promoven desde a Biblioteca. O contacto directo con escritores e escritoras permite un enriquecedor intercambio de experiencias, á vez que  reforza a motivación do alumnado como lector.





DEPORTE  ESCOLAR


Os alumnos e alumnas de Primaria participaron, o día 22 de novembro, na previa de campo a través que se celebrou en Monterrei. Os resultados obtidos foron satisfactorios aínda que o máis importante foi que gozaron dun magnífico día de convivencia con outros rapaces e rapazas dos colexios da zona.









Taller de Primeros Auxilios



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, en colaboración co SERGAS, terán os días 21 e 22 de novembro un taller de primeiros auxilios que lles permitirá coñecer mellor as situacións de emerxencia máis habituais e como actuar. Preséntase en dous módulos: o primeiro refírese á febre, diarreas, vómitos, golpes, feridas, queimaduras, etc. O segundo permite coñecer diferentes situacións de riscos e como alertar aos servizos sanitarios.



 












 





Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria celebraron o magosto o venres 16 de novembro. Houbo castañas asadas, empanadas, bolos preñados, rosquillas e bicas. O alumnado de Infantil fixo a celebración no seu colexio onde participaron  en diferentes e divertidos xogos relacionados coa castaña. O alumnado de Primaria desprazouse, como en cursos anteriores, ata a campa de Torneiros. 

 O Magosto de Infantil
 







  O Magosto de Primaria

 

Facer cabanas é a primeira tarefa que se acomete ao chegar


Nalgúns casos os futuros inquilinos parecen atopar problemas de espazo

 Agora toca repoñer forzas despois de tanto esforzo











Taller de Primeros Auxilios



Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, en colaboración co SERGAS, tiveron os días 21 e 22 de novembro de 2018 un taller de primeiros auxilios que lles permitiu coñecer mellor as situacións de emerxencia máis habituais e como actuar. Presentouse en dous módulos: o primeiro refírese á febre, diarreas, vómitos, golpes, feridas, queimaduras, etc. O segundo permite coñecer diferentes situacións de riscos e como alertar aos servizos sanitarios.
  




  


Con motivo do día da Biblioteca Escolar e do Samaín os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria celebraron ambas conmemoracións, o día 31 de outubro, na sala de usos múltiples-biblioteca de Primaria. O programa contou con contacontos, a interpretación de varias cancións e unha actuación sorpresa a cargo das mestras e mestres.

Este curso ademais, coa colaboración das familias de Infantil e de Primaria, foi posible adornar o colexio con terrorríficas camisetas.


Camisetas de Educación Infantil








Camisetas de Educación Primaria














 A MIRADA DO OUTRO

"A mirada do outro" é un programa de sensibilización e prevención do acoso escolar que se leva a cabo no colexio para o alumnado de 5º e  6º de Educación Primaria durante os meses de outubro e novembro. O seus obxectivos son sensibilizar ao alumnado das situcións relacionadas coa violencia de xénero, así como entrenar habilidades persoais de autoregulación emocional e competencias de interacción social. Busca tamén adquirir competencias de xestión de conflitos. Para lograr estos obxectivos trabállase cunha metodoloxía participativa e dinámica na que se parte dos intereses do alumnado.





PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  O centro conta con dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. Corresponde en cada inicio de curso poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Así, o día 25 de outubro, os alumnos de Infantil simularon unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. O obxectivo que se pretende é que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.


A evacuación do colexio de Educación Infantil, dadas as características de seguridade coas que conta este moderno centro (os alumnos empregan rampas en lugar de escaleiras), fixo que a totalidade dos alumnos de Infantil (138 alumnos) evacuara o edificio en 2´40". Tal e como estaba planificado e superando  o tempo estimado para unha evacuación destas características.
O día 26 de novembro tivo lugar o simulacro de evacuación dos 291 alumnos de Educación Primaria. Igual que se fixo con Infantil, simulouse un incendio na cociña por ser este un punto de risco. Os alumnos evacuaron o edificio seguindo as intrucións recollidas no Plan de Autoprotección. A evacuación de todos os alumnos de Primaria realizouse en 4 minutos.
Tanto en Infantil como en Primaria os alumnos dirixíronse aos puntos de seguridade establecidos

  Evacuación en Infantil


Evacuación en Primaria


Excursión de 4º a San Cibrao de Las


Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria tiveron o seu primeiro contacto coa cultura castrexa e as súas formas de vida durante unha interesante visita ao castro de San Cibrao de Las. Esta excursión tivo lugar o día 23 de outubro.















 A BIBLIOTECA MÁXICA





O xoves 11 de outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron no colexio á divertida obra de teatro "A Biblioteca Máxica", ofrecida pola Área de Cultura do Concello de Allariz. Trátase dunha obra de teatro musical a cargo da compañía Pallaso Piruleta & Cia. Nesta simpática obra Don Renato é un singular bibliotecario con poderes especiais para convivir cos seres máis estraños, para transformar contos ou para facer máxia. Non obstante atópase cun serio problema, encontrar un agasallo para un amigo. Finalmente os nenos e nenas de Infantil descubriron o agasallo que foi capaz de fabricar Don Renato. 















 




O noso horto escolar


Coa axuda do taller de emprego da Reserva da Biosfera e dentro do proxecto educativo "Integración da conservación do medio ambiente no ensino",  levado a cabo por este colexio durante os  tres últimos cursos escolares, tivo lugar a construción dun horto escolar que conta ademais cun invernadoiro.
















EDUCACIÓN  VIAL  2017-2018




O día 13 de xuño os alumnos e alumnas de Educación Infantil tiveron un divertido circuito de Educación Vial no patio do colexio de Primaria. Esta actividade busca, por una banda, mellorar as habilidades dos nenos e nenas na vía pública, e por outra que aprendan conceptos básicos de seguridade vial, á vez que se fomenta neles a convivencia, o respeto e a responsabilidade. O día 6 de xuño este circuito realizouse para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.



EDUCACIÓN VIAL EN INFANTIL





 
 




EDUCACIÓN VIAL PARA 1º E 2º DE PRIMARIA




 












EXCURSIÓN  6º  A  MADRID  Curso 2017-18



Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria están realizando unha interesante viaxe de fin de curso por Madrid os días 6, 7 e 8 de xuño. Iremos mostrando fotos desta excursión  a medida que as vaiamos recibindo.




























EXCURSIÓN DE  5º      Curso 2017-18


Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria están a realizar unha excursión de dous días a Santiago e a súa contorna. Dentro desta actividade recorreron unha parte do camiño de Santiago e visitaron en Padrón a casa de Rosalía de Castro.














EXCURSIÓN DE 4º - MUSEOS DE A CORUÑA


Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria realizaron una interesante excursión aos museos de A Coruña o martes día 5 de xuño.












Excursión de Infantil a San Cibrao de Las

Os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron o seu primeiro contacto coa cultura castrexa e as súas formas de vida durante unha interesante visita ao castro de San Cibrao de Las. Esta excursión tivo lugar o día 11 de maio.














A FESTA DO BOI : OS  MONICREQUES

Un ano máis os alumnos e alumnas do colexio viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense así nos cativos que viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa. Nesta dramatización e axudados polos monicreques representan os diferentes gremios que había en Allariz tales como os zapateiros, os muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros.










EXPOSICIÓN  FOTOGRÁFICA

 AS PEGADAS DOS NOSOS MAIORES



Durante os meses de maio e xuño estará exposta no colexio unha interesante exposición fotográfica que recolle instantáneas da vida cotiá dos nosos maiores. Esta exposición foi posible grazas as achegas das familias dos alumnos e alumnas e son testemuña dun pasado que tamén debemos coñecer e conservar na memoria xa que sempre estaremos en débeda cos esforzos levados a cabo polas xeracións anteriores.

Horarios para visitar a exposición:

Maio: de luns a xoves, das 9h30 ás 14h00 e das 15h30 ás 17h00. Venres, das 9h30 ás 14h00

Xuño: de luns a venres, das 9h00 ás 13h15.














 Visita do creador do MÉTODO ABN


O Método ABN supuxo unha innovación sen precedentes no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica. Busca que o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que o día 24 de maio acudiu ao noso colexio para comprobar de primeira man como o equipo docente de Infantil, tras formarse na metodoloxía do cálculo ABN, está no proceso de ilo implantando progresivamente. Sinalar que o creador do método seleccionou o noso colexio xunto a outros dous da provincia.






DE TEATRO ESCOLAR



      XIII  ENCONTRO DE TEATRO ESCOLAR

Os alumnos de 6º de Primaria participaron, o día 15 de maio, no XIII Encontro de Teatro Escolar que se celebrou en Bande. Representaron unha obra propia e conviviron con outros colexios que tamén mostraron as súas creacións escénicas. Posteriormente visitaron o campamento militar romano.





 


Final Comarcal de Voleibol

O luns 21 de maio celebrouse no polideportivo a final comarcal coa organización por parte dos mestres/as do noso colexio. A destacar a gran participación con un total de 207 alumnos/as procedentes dos centros de Xunqueira, Baños de Molgas, Ben-Cho-Shey, Miraflores e Padre Feijoo. En cada tódalas categorías acadou un equipo deste centro o 1º posto. Destacar tamén que estamos chegando ás finais mixtas de volei-patio. onde se inscribiron un total de 50 parellas con dúas categorías: 3º e 4º e 5º e 6º.

Con isto poñeremos remate a tódalas actividades deportivas que se levaron a cabo nos recreos.













 O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR 


O día 8 de maio, na biblioteca do colexio,  leváronse a cabo os obradoiros do “Sabor da Aventura está no Mar”. Por grupos de idade foron pasando todas as aulas que participan neste proxecto. O pescador Luís e a cociñeira dona Mariña  apareceron na biblioteca falando dos Arroases e os seus superpoderes e explicaron moitas cousas relacionadas co peixe, cos mariscos, coas artes e os aparellos de pesca….Tamén nos ensinaron ricos pratos que levan como ingrediente principal peixes e mariscos: bocadillos, lasañas, pizzas, etc. Ó final recibimos un cadernillo e unha gorra como agasallo.







O mesmo día, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria foron de excursión “A Garda”. Visitaron a lonxa, o porto, o Museo do Mar e a nave de redeiras. Degustaron unha merenda mariñeira e aprenderon como é o sistema de venda de produtos pesqueiros e a importancia do etiquetado dos mesmos.

Na páxina de Facebook OS ARROASES ("O sabor da aventura está no mar") podedes ver máis fotos e unha explicación  máis detallada das actividades realizadas.

















OS  MAIOS






O venres 27 de abril tivo lugar no campo da Barreira a tradicional celebración da Festa dos Maios. Este ano os Maios presentados polo colexio foron un total de catro: O Maio do Mar de Infantil, o Maio das Flores de 1º e 2º, o Cruceiro Bulideiro de 3º e 4º e finalmente o Maio Alaricano de 5º e 6º. O acto rematou coa lectura das coplas e foi acompañado cun grupo de gaitas.




















Actividades do mes de Abril


Estas son algunhas das actividades programadas para o mes de abril.
  • Venres 6: actividade sobre os incendios con charla e xogos de rol para 6º de Primaria.
  • Martes 10: encontro para 2º e 4º de Primaria coa escritora de litertura infantil e xuvenil Maria Canosa.
  • Martes 10: charla sobre a prensa para 5º de Primaria.
  • Venres 13: Obradoiro de Xogos Populares co centro Xaquín Lorenzo para 6º de Primaria.
  • Xoves 19: Actividade Multixogos Cooperativos para 1º e 2º de Primaria (25 alumnos/as). Esta actividade terá lugar no Pereiro de Aguiar logo de celebrarse no noso centro o curso pasado.
  • Venres 20: Actividade de teatro para 5º e 6º na Casa da Cultura.
  • Do martes 24 ao venres 27: Actividade Bibliopatio. Nesta actividade os alumnos e alumnas teñen  a súa disposición libros da biblioteca durante o tempo de recreo.
  • Venres 27: Celebración dos Maios.




Actividades do mes de Maio

Algunhas das actividades a levar a cabo en maio:
  • Venres 4: Actividade de teatro no Auditorio de Ourense para os cursos 3º e 4º de Primaria.
  • Martes 8: Excursión á vila de A Garda para os cursos de 4º de Primaria dentro da actividade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben".
  • Martes 8: Obradoiros da actividade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" para Educación Infantil E 3ºA e 6ºB de Primaria.
  • Venres 11: Roteiro para 4º de Primaria.
  • Martes 15: Participación de 6º de Primaria no certame de teatro de Bande.
  • Venres 18: Participación no certame literario de Xunqueira de Ambía.
  • Mércores 30: Actividade dos Monicreques.






Encontro con María Canosa


Os alumnos e alumnas de 2º e 4º de Educación Primaria, dentro das actividades do Plan Lector do colexio, tiveron un encontro coa escritora de literatura infantil e xuvenil, María Canosa. Autora igualmente coñecida polo seu papel de experta nos programas de TVG "Cifras e Letras" e "Verbas Van". Antes da súa presenza no colexio os alumnos e alumnas de 2º leron o seu fermoso libro "O día que choveu ao revés", mentres que os de 4º gozaron da lectura de "A cazadora de estrelas". Este encontro tivo lugar na biblioteca, o día 10 de abril. Durante o mesmo a autora deu resposta a moitas preguntas, á vez que asinou todos os exemplares que lles foron presentados.


 











ACTUACIÓN  DO  MAGO  TETO



Na mañá do venres 16 de marzo, o Mago Teto fixo soñar aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria cunha función moi especial celebrada no colexio. Durante a mesma  realizou un interesante percorrido pola historia da Maxia, dende o antigo Exipto ata os nosos días. Este percorrido foi ilustrado con asombrosos trucos que deixaron abraiados a todos os presentes.












8 DE MARZO, DÍA DA MULLER



Con motivo da celebración o 8 de marzo como Día da Muller foron realizadas no colexio diferentes actividades. Trátase de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia da súa presenza na sociedade e como contribución a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos.,



o alumnado traerá fin de mellorar os hábitos alimenticios.
 
Programa Aliméntate Ben
-     Azucre    =      + Saúde



Aproveitando que estaban traballando o tema da alimentación, os nenos e nenas de 3º A de Educación Primaria, fixeron varias rodas de alimentos e levaron a cabo unha interesante actividade relacionada coa alimentación e a saúde.

A tarefa consistiu en:

1º. Investigar  os efectos dun consumo elevado de azucre.

2º. Enfermidades máis comúns.

3º. Ler a información do azucre que conteñen os refrescos e zumes que consumimos habitualmente.

4º. Calcular as porcentajes de cada envase (coa axuda das mestras).

5º. Pesar o azucre de cada bebida nunca báscula.

6º. Montar un mural coas conclusións extraídas.

 Este foi o resultado:











                              Programa Aliméntate Ben
                      Semana das merendas saudables
  Sema

A semana do 26 de febreiro  ó 2 de marzo, o alumnado traerá merendas saudables co fin de mellorar os hábitos alimenticios.



 


CURSO 2018-2019
XORNADA  DE  PORTAS  ABERTAS
20 de Febreiro, ás 16h00

 

As familias dos novos alumnos de 3 anos que se matriculen para o próximo curso 2018-19 participaron nunha Xornada de portas abertas, o día 20 de febreiro, ás 16h00, na sala de usos múltiples do colexio de Educación Infantil. Os nenos e nenas terán a súa propia visita dentro de varias semanas.















 











































Participación no Deporte Escolar,  sábado 3 de febreiro de 2018.  Unha vez máis os alumnos e alumnas do noso colexio responderon ás mellores expectativas ao clasificar o equipo alevín para a final do Campionato Galego que se celebrará o día 19 en Portas. En Infantil clasificouse Aroa, mentres o equipo dos pequenos obtiveron cinco dos seis trofeos sendo en consecuencia o mellor colexio da provincia. Os pequenos recibiron a felicitación da atleta olímpica en Sidney, Marta Míguez, actual Secretaria Xeral de Deportes.












OS SOÑOS DAS NOSAS NENAS E NENOS PARA 2018






A VISITA DO PAXE REAL
O día 19 de decembro os colexios de Infantil e Primaria recibiron ao Paxe Real despois dunha longa viaxe dende Oriente ata Allariz para recoller as cartas, escoitar os seus desexos e regalar golosiñas.  Unha vez rematada a visita regresou pola tarde de novo a Oriente para que as  Súas Maxestades podan coñecer canto antes estes desexos e así poder preparar os regalos.

GALICIENCIA  2017


Trátase da feira máis importante que se celebra actualmente en Galicia adicada á ciencia. Serve de punto de encontro das ideas innovadoras da xuventude e ten lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia. Unha das súas actividades é o concurso de deseño da imaxe da súa camiseta oficial que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. Por segundo ano consecutivo o deseño premiado foi o realizado por alumnos deste colexio. Nesta edición 2017 a gañadora foi Navia Coimbra Burgos de 6ºA. O seu deseño foi escollido entre máis dos cincocentos presentados. Nas próximas datas,  os seus compañeiros visitarán esta feira e serán testemuñas deste recoñecemento.








PIZARRAS DIXITAIS EN TODAS AS AULAS



Si ben o colexio xa hai anos que contaba cun canón de video conectado a internet en cada unha das aulas, progresivamente foi mudando este equipamento por pizarras dixitais. Para o curso 2017-2018 todas as aulas, tanto de Infantil como de Primaria, contan cunha  pdi. 

AS TICS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ademais do importante incremento na oferta de actividades extraescolares para este curso tales como a incorporación de xadrez, ioga ou patinaxe, para o ano escolar  hai dúas interesantes actividades relacionadas coas tic:

Escritura dixital: Os alumnos aprenden o uso correcto do teclado escribindo con rapidez, axilidade e sen erros. Permite que podan ler e escribir ao mesmo tempo. O dominio correcto do teclado presenta numerosas vantaxes en moitas profesións. O alumno recibe coa matrícula un teclado específico e material que permite, ademais, continuar as prácticas na súa casa con exercicios on line.



Informática multimedia e robótica:  Programación con Scratch (comprender a lóxica da programación coa creación de videoxogos propios), Programación AppInventor, Programación LiveCode e deseño Alice. Deseño gráfico (tratamento da imaxe e maquetación) e Robótica (programación de circuítos mediante os kit de arduino e similares, e a súa aplicación na robótica e control de dispositivos).