NOVAS



Benvido a este espazo que o CEIP PADRE FEIJOO de Allariz pon á disposición da comunidade educativa co fin de mantela informada de todas aquelas novas que se produzan e sexan de interese, así como dos seus servizos e actividades. 










CURSO   2018-2019 


Reunión de inicio de curso en Educación Infantil: As familias dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil están convocadas a unha reunión de inicio de curso o martes 11, ás 10h30, no comedor do colexio de Infantil.

 Publícase no seguinte enlace o novo período de adaptación para 4º de Infantil cos grupos A e B.


Período de adaptación 4º de Infantil 2018/19
 
 


Inicio  do   curso  en  Educación  Primaria:  o  curso  iníciase   para  Educación  Primaria o Mércores  12  de  setembro,  ás  8h45.  A  saída será   ás 13h30  para  os  alumnos  sen  comedor   e   ás  14h30  para  os  alumnos con comedor. As  nais  e pais  que recollan aos seus fillos/as,  tanto ás 13h30 como as ás  14h30,  deben  facelo pola cancela e non pola porta do lado do pavillón. 
 
Inicio do curso en Educación Infantil de 4 e 5 anos:  os alumnos de 4 e 5 anos comezan o curso o Mércores 12 de setembro, ás 8h40. Os  alumnos sen  comedor  saen  ás 13h20 e os alumnos con comedor ás 14h25.

Inicio  do  curso  en  Educación  Infantil de 3 anos:  o  curso  2018-2019 comeza para os alumnos de 3 anos o Mércores 12 de setembro aplicando un período de adaptación no que colaboran  as  familias,  se  flexibiliza  o  calendario  e  os   horarios. Os  alumnos de 3 anos non farán uso do comedor escolar durante o mes de setembro, agás os días da última semana (do 26 ao 30 de setembro), de ser así solicitado previamente.


 

FONDOLIBROS  PARA  3º, 4º, 5º e 6º

Pode acceder ao listado de libros que foron adxudicados en préstamo para o próximo curso no seguinte enlace:

Lista de libros adxudicados 2018/2019.

Esta lista tamén estará exposta no taboleiro exterior do colexio dende o venres 6 de xullo. Os libros serán entregados aos alumnos/as en setembro. Comprobe o resto de libros que deba mercar.
Inicio do curso 2018/19:   Mércores, 12 de setembro.



FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
 (FIN DE CURSO) – 2017-2018





O ALUMNADO DE 6º E. INFANTIL e E. PRIMARIA  despídense das súas etapas con este video baseado na canción de Maria Fumaça VEN CONMIGO





Actuación de Fredi Circanelo

Os alumnos e alumnas de Educación  Infantil e de 1º e  2º de Primaria asistiron, o día 19 de xuño, no patio do colexio de Infantil ao espectáculo do clown Fredi Circanelo que a través do mimo, a parodia, os malabares e as acrobacias lembroulle aos cativos como eran os shows clásicos dunha arte que viaxa polo tempo.











Os nenos e nenas de Educación Infantil gozaron o día 18 de xuño, no patio do seu colexio, dunha magnífica festa da espuma. O tempo caloroso contribuíu ao éxito da actividade.












O noso horto escolar


Coa axuda do taller de emprego da Reserva da Biosfera e dentro do proxecto educativo "Integración da conservación do medio ambiente no ensino",  levado a cabo por este colexio durante os  tres últimos cursos escolares, tivo lugar a construción dun horto escolar que conta ademais cun invernadoiro. O día 18 de xuño, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria, procederon a plantar plantas aromáticas de uso tanto na elaboración de alimentos como na condimentación dos mesmos na cociña.










EDUCACIÓN  VIAL




O día 13 de xuño os alumnos e alumnas de Educación Infantil tiveron un divertido circuito de Educación Vial no patio do colexio de Primaria. Esta actividade busca, por una banda, mellorar as habilidades dos nenos e nenas na vía pública, e por outra que aprendan conceptos básicos de seguridade vial, á vez que se fomenta neles a convivencia, o respeto e a responsabilidade. O día 6 de xuño este circuito realizouse para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.



EDUCACIÓN VIAL EN INFANTIL





 
 




EDUCACIÓN VIAL PARA 1º E 2º DE PRIMARIA




 












EXCURSIÓN  DE  6º  A  MADRID



Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria están realizando unha interesante viaxe de fin de curso por Madrid os días 6, 7 e 8 de xuño. Iremos mostrando fotos desta excursión  a medida que as vaiamos recibindo.




























EXCURSIÓN DE 


Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria están a realizar unha excursión de dous días a Santiago e a súa contorna. Dentro desta actividade recorreron unha parte do camiño de Santiago e visitaron en Padrón a casa de Rosalía de Castro.














EXCURSIÓN DE 4º - MUSEOS DE A CORUÑA


Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria realizaron una interesante excursión aos museos de A Coruña o martes día 5 de xuño.












Excursión de Infantil a San Cibrao de Las

Os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron o seu primeiro contacto coa cultura castrexa e as súas formas de vida durante unha interesante visita ao castro de San Cibrao de Las. Esta excursión tivo lugar o día 11 de maio.














A FESTA DO BOI : OS  MONICREQUES

Un ano máis os alumnos e alumnas do colexio viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense así nos cativos que viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa. Nesta dramatización e axudados polos monicreques representan os diferentes gremios que había en Allariz tales como os zapateiros, os muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros.










EXPOSICIÓN  FOTOGRÁFICA

 AS PEGADAS DOS NOSOS MAIORES



Durante os meses de maio e xuño estará exposta no colexio unha interesante exposición fotográfica que recolle instantáneas da vida cotiá dos nosos maiores. Esta exposición foi posible grazas as achegas das familias dos alumnos e alumnas e son testemuña dun pasado que tamén debemos coñecer e conservar na memoria xa que sempre estaremos en débeda cos esforzos levados a cabo polas xeracións anteriores.

Horarios para visitar a exposición:

Maio: de luns a xoves, das 9h30 ás 14h00 e das 15h30 ás 17h00. Venres, das 9h30 ás 14h00

Xuño: de luns a venres, das 9h00 ás 13h15.














 Visita do creador do MÉTODO ABN


O Método ABN supuxo unha innovación sen precedentes no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica. Busca que o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que o día 24 de maio acudiu ao noso colexio para comprobar de primeira man como o equipo docente de Infantil, tras formarse na metodoloxía do cálculo ABN, está no proceso de ilo implantando progresivamente. Sinalar que o creador do método seleccionou o noso colexio xunto a outros dous da provincia.






DE TEATRO ESCOLAR



      XIII  ENCONTRO DE TEATRO ESCOLAR

Os alumnos de 6º de Primaria participaron, o día 15 de maio, no XIII Encontro de Teatro Escolar que se celebrou en Bande. Representaron unha obra propia e conviviron con outros colexios que tamén mostraron as súas creacións escénicas. Posteriormente visitaron o campamento militar romano.





 


Final Comarcal de Voleibol

O luns 21 de maio celebrouse no polideportivo a final comarcal coa organización por parte dos mestres/as do noso colexio. A destacar a gran participación con un total de 207 alumnos/as procedentes dos centros de Xunqueira, Baños de Molgas, Ben-Cho-Shey, Miraflores e Padre Feijoo. En cada tódalas categorías acadou un equipo deste centro o 1º posto. Destacar tamén que estamos chegando ás finais mixtas de volei-patio. onde se inscribiron un total de 50 parellas con dúas categorías: 3º e 4º e 5º e 6º.

Con isto poñeremos remate a tódalas actividades deportivas que se levaron a cabo nos recreos.













 O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR 


O día 8 de maio, na biblioteca do colexio,  leváronse a cabo os obradoiros do “Sabor da Aventura está no Mar”. Por grupos de idade foron pasando todas as aulas que participan neste proxecto. O pescador Luís e a cociñeira dona Mariña  apareceron na biblioteca falando dos Arroases e os seus superpoderes e explicaron moitas cousas relacionadas co peixe, cos mariscos, coas artes e os aparellos de pesca….Tamén nos ensinaron ricos pratos que levan como ingrediente principal peixes e mariscos: bocadillos, lasañas, pizzas, etc. Ó final recibimos un cadernillo e unha gorra como agasallo.







O mesmo día, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria foron de excursión “A Garda”. Visitaron a lonxa, o porto, o Museo do Mar e a nave de redeiras. Degustaron unha merenda mariñeira e aprenderon como é o sistema de venda de produtos pesqueiros e a importancia do etiquetado dos mesmos.

Na páxina de Facebook OS ARROASES ("O sabor da aventura está no mar") podedes ver máis fotos e unha explicación  máis detallada das actividades realizadas.

















OS  MAIOS






O venres 27 de abril tivo lugar no campo da Barreira a tradicional celebración da Festa dos Maios. Este ano os Maios presentados polo colexio foron un total de catro: O Maio do Mar de Infantil, o Maio das Flores de 1º e 2º, o Cruceiro Bulideiro de 3º e 4º e finalmente o Maio Alaricano de 5º e 6º. O acto rematou coa lectura das coplas e foi acompañado cun grupo de gaitas.




















Actividades do mes de Abril


Estas son algunhas das actividades programadas para o mes de abril.
  • Venres 6: actividade sobre os incendios con charla e xogos de rol para 6º de Primaria.
  • Martes 10: encontro para 2º e 4º de Primaria coa escritora de litertura infantil e xuvenil Maria Canosa.
  • Martes 10: charla sobre a prensa para 5º de Primaria.
  • Venres 13: Obradoiro de Xogos Populares co centro Xaquín Lorenzo para 6º de Primaria.
  • Xoves 19: Actividade Multixogos Cooperativos para 1º e 2º de Primaria (25 alumnos/as). Esta actividade terá lugar no Pereiro de Aguiar logo de celebrarse no noso centro o curso pasado.
  • Venres 20: Actividade de teatro para 5º e 6º na Casa da Cultura.
  • Do martes 24 ao venres 27: Actividade Bibliopatio. Nesta actividade os alumnos e alumnas teñen  a súa disposición libros da biblioteca durante o tempo de recreo.
  • Venres 27: Celebración dos Maios.




Actividades do mes de Maio

Algunhas das actividades a levar a cabo en maio:
  • Venres 4: Actividade de teatro no Auditorio de Ourense para os cursos 3º e 4º de Primaria.
  • Martes 8: Excursión á vila de A Garda para os cursos de 4º de Primaria dentro da actividade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben".
  • Martes 8: Obradoiros da actividade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben" para Educación Infantil E 3ºA e 6ºB de Primaria.
  • Venres 11: Roteiro para 4º de Primaria.
  • Martes 15: Participación de 6º de Primaria no certame de teatro de Bande.
  • Venres 18: Participación no certame literario de Xunqueira de Ambía.
  • Mércores 30: Actividade dos Monicreques.






Encontro con María Canosa


Os alumnos e alumnas de 2º e 4º de Educación Primaria, dentro das actividades do Plan Lector do colexio, tiveron un encontro coa escritora de literatura infantil e xuvenil, María Canosa. Autora igualmente coñecida polo seu papel de experta nos programas de TVG "Cifras e Letras" e "Verbas Van". Antes da súa presenza no colexio os alumnos e alumnas de 2º leron o seu fermoso libro "O día que choveu ao revés", mentres que os de 4º gozaron da lectura de "A cazadora de estrelas". Este encontro tivo lugar na biblioteca, o día 10 de abril. Durante o mesmo a autora deu resposta a moitas preguntas, á vez que asinou todos os exemplares que lles foron presentados.


 











ACTUACIÓN  DO  MAGO  TETO



Na mañá do venres 16 de marzo, o Mago Teto fixo soñar aos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria cunha función moi especial celebrada no colexio. Durante a mesma  realizou un interesante percorrido pola historia da Maxia, dende o antigo Exipto ata os nosos días. Este percorrido foi ilustrado con asombrosos trucos que deixaron abraiados a todos os presentes.












8 DE MARZO, DÍA DA MULLER



Con motivo da celebración o 8 de marzo como Día da Muller foron realizadas no colexio diferentes actividades. Trátase de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia da súa presenza na sociedade e como contribución a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos.,



o alumnado traerá fin de mellorar os hábitos alimenticios.
 
Programa Aliméntate Ben
-     Azucre    =      + Saúde



Aproveitando que estaban traballando o tema da alimentación, os nenos e nenas de 3º A de Educación Primaria, fixeron varias rodas de alimentos e levaron a cabo unha interesante actividade relacionada coa alimentación e a saúde.

A tarefa consistiu en:

1º. Investigar  os efectos dun consumo elevado de azucre.

2º. Enfermidades máis comúns.

3º. Ler a información do azucre que conteñen os refrescos e zumes que consumimos habitualmente.

4º. Calcular as porcentajes de cada envase (coa axuda das mestras).

5º. Pesar o azucre de cada bebida nunca báscula.

6º. Montar un mural coas conclusións extraídas.

 Este foi o resultado:











                              Programa Aliméntate Ben
                      Semana das merendas saudables
  Sema

A semana do 26 de febreiro  ó 2 de marzo, o alumnado traerá merendas saudables co fin de mellorar os hábitos alimenticios.



 


CURSO 2018-2019
XORNADA  DE  PORTAS  ABERTAS
20 de Febreiro, ás 16h00

 

As familias dos novos alumnos de 3 anos que se matriculen para o próximo curso 2018-19 participaron nunha Xornada de portas abertas, o día 20 de febreiro, ás 16h00, na sala de usos múltiples do colexio de Educación Infantil. Os nenos e nenas terán a súa propia visita dentro de varias semanas.















 











































Participación no Deporte Escolar,  sábado 3 de febreiro de 2018.  Unha vez máis os alumnos e alumnas do noso colexio responderon ás mellores expectativas ao clasificar o equipo alevín para a final do Campionato Galego que se celebrará o día 19 en Portas. En Infantil clasificouse Aroa, mentres o equipo dos pequenos obtiveron cinco dos seis trofeos sendo en consecuencia o mellor colexio da provincia. Os pequenos recibiron a felicitación da atleta olímpica en Sidney, Marta Míguez, actual Secretaria Xeral de Deportes.












































OS SOÑOS DAS NOSAS NENAS E NENOS PARA 2018








II  EDICIÓN DO CONCURSO "TI SI QUE VALES"



O colexio estivo realizando durante o mes de novembro o casting do II Edición do Concurso "Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas de Música e Educación Física. Finalmente o concurso tivo lugar o día 20 de decembro. O profesorado realiza actividades ao longo do curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro e este concurso forma parte dunha desas iniciativas.




A dinámica é similar ao do coñecido programa da TV pero sempre motivando e animando aos alumnos e alumnas á participar e a superarse. Hai diferentes modalidades: maxia, humor, canto, baile, acrobacias, instrumentos musicais, teatro, etc.



























Entrega de diplomas aos participantes



A VISITA DO APALPADOR


O día 20 de decembro chegou ao colexio o Apalpador despois dunha longa viaxe dende as montañas do Courel. Foi visitando todas as clases para agasallar aos nenos e nenas con castañas da sorte e caramelos, á vez que escoitou os seus desexos.      




O Apalpador con Infantil








O Apalpador con Primaria










A VISITA DO PAXE REAL

O día 19 de decembro os colexios de Infantil e Primaria recibiron ao Paxe Real despois dunha longa viaxe dende Oriente ata Allariz para recoller as cartas, escoitar os seus desexos e regalar golosiñas.  Unha vez rematada a visita regresou pola tarde de novo a Oriente para que as  Súas Maxestades podan coñecer canto antes estes desexos e así poder preparar os regalos.


Visita do Paxe a Infantil








Visita do Paxe Real a Primaria























 




  






































Participación no Deporte Escolar: o venres 15 de decembro, nunha estupenda maña de sol, os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo de Allariz participaron, nas instalacións deportivas de Monterrei , na fase previa de cross onde conseguiron uns bos resultados con varias vitorias. Non obstante o máis importante é que todos se esforzaron e gozaron coa práctica deportiva. Xa preguntan cando será a próxima.............









 








A  IMAXE  DO  DÍA




Mural contra a violencia de xénero de 1º e 2º  de Primaria (24/11/2017).




Alumnas e alumnos durante a actividade extraescolar de patinaxe (22/11/2017).









O Magosto de Infantil: os alumnos e alumnas de Educación Infantil  celebraron o magosto, o 14 de novembro,  no seu colexio. Este día comeron empanadas, bolos preñados e bicas. Durante esta actividade participaron no patio en diferentes e divertidos xogos relacionados coa castaña.








 Os alumnos de Infantil participaron en divertidos xogos coas castañas



O Magosto de Primaria: os alumnos e alumnas de EducaciPrimaria realizaron esta actividade o 14 de novembro, no campo de Torneiros. Desprazáronse en autobúses desde o colexio. Tiveron castañas asadas, empanadas, chourizos e rosquillas. Esta actividade non tivo custe para as familias.


 A realización de cabanas é a primeira tarefa ao chegar ao monte
  




PLAN DE AUTOPROTECCIÓN:  O centro conta con dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. En aplicación do mesmo o persoal docente recibiu a correspondente formación e foi posto ao día en técnicas de Primeiros Auxilios pola Cruz Vermella.  
Corresponde en cada inicio de curso poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Así, o día 27 de outubro, os alumnos de Infantil simularon unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. O obxectivo que se pretende é que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.

A evacuación do colexio de Educación Infantil, dadas as características de seguridade coas que conta este moderno centro (os alumnos empregan rampas en lugar de escaleiras), fixo que a totalidade dos alumnos de Infantil (132 alumnos) evacuara o edificio exactamente en 3 minutos. Tal e como estaba planificado e superando con creces o tempo estimado para unha evacuación destas características.
O día 10 de novembro tivo lugar o simulacro de evacuación dos 287 alumnos de Educación Primaria. Igual que se fixo con Infantil, simulouse un incendio na cociña por ser este un punto de risco. Os alumnos evacuaron o edificio seguindo as intrucións recollidas no Plan de Autoprotección. A evacuación de todos os alumnos de Primaria realizouse en 4 minutos.
 Tanto en Infantil como en Primaria os alumnos dirixíronse aos puntos de seguridade establecidos
   Evacuación de Educación Infantil

Evacuación en Educación Primaria





  II  CONCURSO   "TI  SI  QUE  VALES"




O colexio realiza durante o mes de novembro o casting do II Concurso "Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas de Música e Educación Física. O profesorado realiza actividades ao longo do curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro entre os alumnos e as alumnas razón pola que este concurso forma parte dunha desas iniciativas.
A dinámica é similar ao do coñecido programa da TV pero sempre motivando e animando aos alumnos e alumnas á participar e a superarse. Haberá diferentes modalidades: maxia, chistes, canto, baile, acrobacias, patinaxe, instrumentos musicais, teatro, etc. O xurado está formado por Susana, Lorena e Amorín.
Este Festival terá lugar na sala de usos múltiples de Primaria, o día 20 de decembro, para todos os alumnos e alumnas do colexio.


GALICIENCIA  2017


Trátase da feira máis importante que se celebra actualmente en Galicia adicada á ciencia. Serve de punto de encontro das ideas innovadoras da xuventude e ten lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia. Unha das súas actividades é o concurso de deseño da imaxe da súa camiseta oficial que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. Por segundo ano consecutivo o deseño premiado foi o realizado por alumnos deste colexio. Nesta edición 2017 a gañadora foi Navia Coimbra Burgos de 6ºA. O seu deseño foi escollido entre máis dos cincocentos presentados. Nas próximas datas,  os seus compañeiros visitarán esta feira e serán testemuñas deste recoñecemento.













Con motivo do día da Biblioteca Escolar e do Samaín os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria celebrarán ambas conmemoracións o día 31 de outubro, na sala de usos múltiples-biblioteca de Primaria. O programa consistirá na interpretación de varias cancións, a presentación dun contacontos e a realización dunha obra de teatro.



Coa colaboración dos alumnos e alumnas foi posible adornar o colexio.








E coa colaboración das familias foi posible, un curso máis, realizar unha exposición de traballos relacionados con esta festividade. Este curso o tema escollido foi os barcos pantasma e os monstros mariños.



























 



PIZARRAS DIXITAIS EN TODAS AS AULAS



Si ben o colexio xa hai anos que contaba cun canón de video conectado a internet en cada unha das aulas, progresivamente foi mudando este equipamento por pizarras dixitais. Para este curso 2017-2018 todas as aulas, tanto de Infantil como de Primaria, contan cunha  pdi. 

AS TICS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Ademais do importante incremento na oferta de actividades extraescolares para este curso tales como a incorporación de xadrez, ioga ou patinaxe, para o ano escolar 2017-2018 hai dúas interesantes actividades relacionadas coas tic:

Escritura dixital: Os alumnos aprenden o uso correcto do teclado escribindo con rapidez, axilidade e sen erros. Permite que podan ler e escribir ao mesmo tempo. O dominio correcto do teclado presenta numerosas vantaxes en moitas profesións. O alumno recibe coa matrícula un teclado específico e material que permite, ademais, continuar as prácticas na súa casa con exercicios on line.



Informática multimedia e robótica:  Programación con Scratch (comprender a lóxica da programación coa creación de videoxogos propios), Programación AppInventor, Programación LiveCode e deseño Alice. Deseño gráfico (tratamento da imaxe e maquetación) e Robótica (programación de circuítos mediante os kit de arduino e similares, e a súa aplicación na robótica e control de dispositivos).











 Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado. Durante os cursos pasados o colexio participou nas actividades "Adopta un rio", "Mobilidade sostible e segura" ou "Nos tamén creamos".

Para o curso 2017-2018 levarase a cabo  o programa Aliméntate ben.



Foi solicitada a participación na actividade Aliméntate Ben do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería de Medio Rural e do Mar. Esta actividade busca mellorar os hábitos alimenticios dos alumnos. Preséntase en dúas modalidades: Xermoliño e O Sabor está no mar.

 
A)     Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades prácticas cos productos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectros nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. Finalmente permite elaborar propostas de mellora.


B)     O sabor da aventura está no mar: Esta modalidade ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de productos do mar de Galicia. Busca incidir e equilibrar as dietas dos nosos alumnos.









ACTIVIDADES DO CURSO 2016-2017
                

GRADUACIÓN  EN  EDUCACIÓN  INFANTIL




O xoves 22, os alumnos e alumnas de 5 anos, con motivo do remate dos seus estudos, tiveron un emotivo acto no que recibiron das mans da súa titora e titor un diploma, unha orla coas fotos dos seus compañeiros e compañeiras, así como un pequeno agasallo. Esta graduación ten un dobre valor, tanto polo que significa de final dunha importante etapa das súas vidas como polo inicio doutra non menos interesante. Durante o acto cantaron cancións, bailaron e recitaron unha fermosa despedida. Grazas a todas as familias que asistiron e compartiron este entrañable momento.










 

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL PARA INFANTIL



O 7 de xuño os alumnos e alumnas de Educación Infantil tiveron un divertido circuíto de Educación Vial no patio do colexio de Primaria. Esta actividade busca, por una banda, mellorar as habilidades dos nenos e nenas na vía pública, e por outra que aprendan conceptos básicos de seguridade vial, á vez que se fomenta neles a convivencia, o respeto e a responsabilidade. O día 14 de xuño haberá outro circuíto para os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.










CIRCUÍTUCACIÓN VIAL PARA 1º e 2º de Primaria
 

CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIAL PARA 1º e 2º de PRIMARIA









INFANTIL  VISITA  O  FESTIVAL INTERNACIONAL DE  XARDÍNS

 
O 30 de maio de 2017, os alumnos de Educación Infantil desprazáronse ata o Festival Internacional de Xardíns para gozar das creacións paisaxistas propostas. É de destacar a realizada por esta etapa educativa e que consiste nun orixinal e fermoso labirinto no que se cruzan moitos camiños.
 







FINAL  DE  VOLEIBOL



O luns 29 de maio o noso colexio celebrou no pavillón de deportes  a Final Comarcal de Voleibol na que ademáis competiron os colexios de Pereiro de Aguiar, Baños de Molgas, Miraflores e Xunqueira de Ambía. Un torneo que no só promove o deporte senón a mellora da convivencia entre os alumnos de diferentes centros educativos.











LR DE ILUSACIÓN CINFANTIL

 TALLER DE ILUSTRACIÓN CON PEPE CARREIRO


O 26 de maio, os alumnos de Educación Infantil tiveron un taller de ilustración co coñecido debuxante Pepe Carreiro. A súa obra máis coñecida para os cativos é a colección de libros Os Bolechas que botou a andar no ano 2000. Facendo uso dun especial sentido do humor para comunicarse, os alumnos gozaron dos seus debuxos. 






 XII     ENCONTROS DE TEATRO  2017


Os alumnos de 5º de Primaria participaron, o día 16 de maio, no XII Encontro de Teatro Escolar que se celebrou en Bande. Representaron unha obra propia e conviviron con outros colexios que tamén mostraron as súas creacións escénicas. Posteriormente visitaron o campamento militar romano.









XORNADA  DE  CONVIVENCIA  CO   CEIP DE LUINTRA




O centros escolares son importantes espazos de convivencia e por iso, o 15 de maio, alumnos do CEIP  de Luintra e alumnos do noso colexio pasaron xuntos un fermoso día no que intercambiar amizades. Tras unha presentación na Sala de Usos Múltiples e un intercambio de recordos entre os centros, iniciouse un roteiro pola vila de Allariz no que visitaron o Museo do Xoguete e o Museo da Moda. Posteriormente foron ata a hípica a cabalgar nos cabalos e ponis. Finalmente comeron todos xuntos no comedor do noso colexio.















TORNEO DE VOLEIBOL


Dende o mércores 10  ata o venres 12 celebrouse, en horario do recreo, o I Torneo de Voleibol  Mixto. Participaron 140 alumnos e alumnas de 3º a 6º con dous equipos por aula. Na categoría benxamín (3º e 4º) gañou o equipo "Dinaminta" de 4ºA. En alevín (5º e 6º) o gañador foi o equipo "Arrasadores" de 6ºB. O próximo luns 29 de maio o noso colexio celebrará a Final Comarcal de Voleibol cos centros de Pereiro de Aguiar, Baños de Molgas, Miraflores e Xunqueira de Ambía.







OS  MAIOS  2017



 O venres 28 de abril tivo lugar no campo da Barreira a tradicional celebración da Festa dos Maios. Este curso presentaron catro maios, dous artísticos e dous tradicionais. Os alumnos xuntáronse cos do Instituto e fixeron unha exposición no paseo central de San Bieito. Posteriormente procederon ao canto das coplas. O acto acompañouse coa actuación da Escola de Danza de Allariz e o grupo de gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia.















Canto das Coplas











ACTIVIDADE  DO  MEDIO AMBIENTE

Dende o colexio dáselle unha gran importancia a aprendizaxe por proxectos polo que durante os cursos 2015-2016 e 2016-2017 estase a desenvolver o proxecto "A Integración da Conservación do Medio Ambiente no Ensino". Dentro do mesmo lévanse a cabo actividades tales como ecoauditorías, Xogo da Serpe (desprazamentos sostibles ao centro), etc, e outras que se van a poñer en marcha proximamente como as "Patrullas Verdes".
Unha actividade destacable deste proxecto foi a elaboración de composteiros que, instalados no patio, foron enchéndose con material orgánico procedente dos alimentos que os alumnos consumen tanto nos recreos como no comedor escolar. Este traballo foi desenvolvido polos alumnos de Primaria. Como resultado elaborouse un compost que foi retirado dos composteiros o 24 de abril. Durante ese día, e co asesoramento de ADEGA, estiveron buscando e analizando os diferentes tipos de insectos descompoñedores. Co compost retirado os alumnos procederon a axardinar diferentes zonas do patio así como a renovar todas as plantas de interior do colexio. Tras facer a mistura do compost coa terra vexetal plantaron rododendros, hortensias, azaleas, romeiro, lavanda, menta, rosais e moitas plantas máis.



Os alumnos abonado e renovando as plantas de interior

 
Apertura dos composteiros



Recibindo asesoramento de ADEGA



Analizando e clasificando os insectos descompoñedores



Misturando o compost coa terra vexetal e plantando as plantas









TORNEO  DE  BÁDMINTON


O mércores, 5  de abril, deu comezo o Torneo de Bádminton no colexio. Este torneo terá lugar durante o horario dos recreos. Participan un total de 64 alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria. Os partidos son arbitrados polos alumnos de 5º e 6º. Deste torneo sairán os representantes do centro nas próximas competicións escolares. 







I  COMPETICIÓN DE MULTIXOGOS COLABORATIVOS

O mércores, 29 de marzo, celebrouse no colexio a I Competición de Multixogos Cooperativos para os alumnos de 1º e 2º de Primaria. Esta actividade forma parte do Deporte Escolar que estivo representado polo seu coordinador Manuel Pérez. Os colexios participantes foron "Ben-Cho-Shey" do Pereiro de Aguiar, o CEIP de Baños de Molgas e o "Padre Crespo" de Xunqueira de Ambía, aos que se lles agradece a súa presenza no noso centro. Actuaron como xuíces da competición os alumnos de 6º de Primaria baixo a coordinación dos mestres de Educación Física. Os resultados están expostos no taboleiro de Educación Física.














CAMPIONATO DE BALONMÁN E BÁDMINTON


Durante a segunda quincena do mes de marzo, levouse a cabo no pavillón un campionato interno de balonmán entre as clases de 3º, 4º, 5º e 6º. En cada clase había dous equipos. Para esta actividade foron aproveitados os recreos. 



Próximamente celebrarase no mes de abril un campionato interno de bádminton. está destinado aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. Os árbitros serán os alumnos dos cursos superiores.


THE SNAKE GAME  2017





O XOGO DA SERPE regresará este curso na versión De Luxe como segundo ano consecutivo no que se anima aos alumnos e alumnas a desprazarse ao colexio de forma sostible e polo tanto respectuosa co medio ambiente. Este actividade terá lugar do 20 ao 31 de marzo de 2017.

Trátase dunha campaña desenvolvida a nivel europeo e dirixida tanto ás familias como aos alumnos co fin de animalos a desprazarse ao colexio por medio sostibles tales como camiñar, empregar a bicicleta, o transporte público ou coche compartido.

Consiste nun xogo sinxelo que nos vai a permitir organizar outras actividades en paralelo para mellorar a educación de todos en materia de mobilidade, medio ambiente e saúde. No Xogo da Serpe poden participar todos os alumnos de Primaria e 5 anos de Educación Infantil. Os alumnos de 3 e 4 anos non participan pero pare eles haberá diferentes materiais, xogos, así como a participación nun circuíto de educación vial.                         






24 de febreiro, día de ROSALÍA




Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837. A gran Rosalía sabía que na creación literaria a idea é sempre superior á palabra. PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS...!!





Mostramos agora como viron a Rosalía os nenos e nenos do noso colexio:






Clica no seguinte enlace para escoitar como os nosos alumnos recitan a Rosalía.


AUDIO DOS ALUMNOS SOBRE ROSALÍA







 





  OS  XOGOS  OLÍMPICOS  DE  ALLARIZ  2016




 Por quinto ano consecutivo foi concedida polo Comité Olímpico Internacional unha autorización especial para poder celebrar unha edición dos Xogos Olímpicos no noso colexio. Para tan importante ocasión foron admitidos todos os alumnos de Educación Primaria que cursan a área de Educación Física.  O premio outorgado a cada participante foi a satisfacción da propia superación persoal.



TÁBOA COS RESULTADOS OFICIAIS



























O  SAMAÍN  2016



































































  O SABOR  DA  AVENTURA  ESTÁ  NO  MAR


  DA  SERPE  2017