MATRÍCULA



CURSO 2026-2027

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA INFANTIL

 

Esta xuntanza terá lugar o próximo día 24 de febreiro, ás 16h00, na sala de usos múltiples do colexio de Infantil. Para esta visita aconsellamos, de ser posible, non vir acompañados dos nenos e das nenas. Eles terán a súa propia visita na primavera.


 

Procedemento de reserva, admisión e matrícula para o curso 2026-2027

O período para solicitar praza nos centros educativos para o vindeiro curso 2026-2027 será do 1 ao 20 de marzo.

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado de Infantil e Primaria. O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

A Consellería de Educación pon á disposición das familias a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Para presentar unha solicitude teñen varias opcións:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “
    Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.
    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, os anexos II e II-bis dixitalizados.

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro. 

 

Solicitude galego

 

Solicitud castellano





PRESENTARÁN A SOLICITUDE


A) Aqueles nenos/as que cumpran os 3 anos antes do día 31 de decembro de 2025 (os nacidos en 2022).

B) Os nenos/as de 4 ou máis anos que procedan doutros centros.


DOCUMENTACIÓN  NECESARIA


Documentos que proporciona o colexio


1. Solicitude de admisión.
2. Impreso para o certificado médico.
3. Solicitude do transporte escolar.
4. Anexo da lingua materna (só alumnado de 3 anos).


Resto dos documentos que deben aportar as familias


5. Fotocopia da Tarxeta da Seguridade Social ou doutra entidade de atención sanitaria.
6. Fotocopia do libro de familia.
7. Certificado do padrón municipal.
8. 2 fotografías, no caso de ser alumnos de 3 anos.


  

PROCESO  PARA  A   ADMISIÓN  DO  ALUMNADO   -   CURSO  2026-2027

  
A)    Normativa reguladora do procedemento de admisión.


DECRETO 254/2012, de 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públcios que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria.

 
 A)    Postos escolares ofertados:  sen límite de prazas

B)    Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo de 2026

C)    Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2026

D)    Os alumnos que este curso rematen 6º de Primaria teñen como centro adscrito o IES de Allariz.  A reserva de praza para o IES será do 15 de xaneiro aos 4 de febreiro. Esta reserva realízase neste colexio.

---------------------------------------------------------------------------------------------------
1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindose que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
 
O alumnado que está actualmente matriculado neste colexio non ten que facer nada. Só é para os novos alumnos.



AULA DE ESPERA

      É unha iniciativa de atención á infancia que ofrece ás familias do alumnado escolarizado a posibilidade de deixalos no centro con anterioridade ao inicio das clases e que permite ademais que poidan almorzar. Este proxecto nace da necesidade  que algunhas familias precisan para atender ós seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ao seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ao colexio.

Calendario e horario: Iníciase co curso escolar en setembro e permanece en funcionamento durante todo o ano lectivo. O seu horario de apertura é das 7h30 ás 9h15. 
Localización: Atópase nas antigas vivendas dos mestres, na 1ª planta (edificio contiguo ao de Educación Primaria).
Información e matrícula: SERVIZOS SOCIAIS COMPLEMENTARIOS. FOGAR DOS MAIORES, A Barreira, 3. Allariz. Telf.: 988 55 40 59