1. PLAN DIXITAL
O Plan Dixital inscríbese dentro do Proxecto
Educativo deste colexio e ten como obxectivo a competencia dixital, o
tratamento da información e a integración das TIC nos procesos de
ensino-aprendizaxe. Dito plan
correspóndese cos principios de identidade do colexio e tamén cós seus
obxectivos básicos. Así, nos princicipios de indentidade recóllese que o
colexio promoverá a innovación
educativa. Este plan ten como referencia o Marco Europeo
para Organizacións Educativas Dixitalmente competentes (DigComOrg) que foi desenvolvido
polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre).
As propostas de mellora para este curso foron dotar unha alta
porcentaxe de aulas con pantallas dixitais e/ou interactivas a través das cales
se poda traballar non so de maneira visual senón tamén manipulativa as
aprendizaxes. Tamén se fixo a proposta
de crear un espazo creativo (maker) a través do cal traballar os contidos do
currículo dunha maneira totalmente dinámica, motivadora, manipulativa e
innovadora. Por último está iniciativa de crear dunha Radio Escolar así como a
creación dun estudo de grabación co que desenvolver moitas actividades
interdisciplinares para ambas etapas educativas (infantil e primaria). Pódese acceder a este plan no seguinte enlace.
Obxectivos do Plan Dixital 2023-2024
2. POLOS CREATIVOS
Para o presente curso cómpre seguir avanzando na utilización
do Polo Creativo que se instalou no espazo que antes ocupaba a aula de
informática. Este equipamento circunscríbese dentro da Estratexia
de Galicia Dixital 2030
e a Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia. Dende o curso pasado o
colexio dispón dun espazo propio no que poder traballar a intelixencia
artificial, o procesado audiovisual e
artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control
computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a
electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Os Polos Creativos son unhas
tecnoloxías innovadoras que favorecen novos estilos de aprendizaxe do alumnado.
Coa implementación deste proxecto, baseado nos principios da robótica, modelado
en 3D, impresión 3D e gravacións audiovisuais, entre outros, pretendemos darlle
un novo enfoque á práctica educativa dende o punto de vista didáctico,
metodolóxico, curricular e organizativo; é dicir, con este proxecto pretendemos
promover a adquisición de competencias dixitais enfocadas ás áreas STEM.
O noso obxectivo principal con
este proxecto é fomentar os coñecementos tecnolóxicos en toda a comunidade
educativa, posto que é clave nun mundo cada vez máis dixitalizado. Polo tanto,
consideramos que os polos creativos serán un elemento esencial para o proceso
de ensinanza e aprendizaxe, convertendo así o noso centro educativo nun centro
competente no tocante á competencia dixital.
Co uso de robots e materiais en
3D, así como de todo tipo de material audiovisual, crearemos novos escenarios onde se afrontarán diversos contidos e competencias clave dun xeito
innovador. Sabemos que para logralo precisamos potenciar a creatividade
artística e visual, o traballo manipulativo, a aprendizaxe enfocada nas
competencias clave e a aprendizaxe cooperativa, cuestións establecidas no
currículo. Nas etapas de Educación Infantil e Primaria, a robótica e o material
audiovisual resultan moi motivadores polo que a curiosidade do alumnado
levaraos a descubrir novas realidades mediante a experimentación.
Por outra banda, a impresión 3D
permitirá un maior aproveitamento do proceso de ensinanzaaprendizaxe,
interacción directa entre alumnado e mestres/as e unha visualización máis real
dos elementos. Tendo en conta isto, esta técnica pode ser moi útil en todas as
áreas, véxase nos seguintes exemplos:
-
Áreas
científicas: crear partes da anatomía humana e animal, mapas, capas da Terra.
-
Área de
Educación Física: elaborar trofeos e medallas para as diversas competicións.
-
Área de
Música: creación de instrumentos e impresión de notas musicais.
-
Área de
Matemáticas: escalas (para aprender as proporcións), corpos xeométricos e
figuras planas,medidas de capacidade, masa e volume.
-
Área de Plástica: diversos elementos como árbores, copos
de neve, maquetas...
-
Área
lingüística: letras para creación de xogos, obxectos para creación de
historias.
Polo tanto, levando a cabo este
proxecto, consideramos que potenciaremos as
competencias dixitais, utilizando un enfoque colaborativo, inclusivo e
interdisciplinario e partindo sempre dos intereses e experiencias próximas do
noso alumnado. A maiores, un aspecto no que debemos facer fincapé e que
reforzará aínda máis a importancia dunha transformación educativa, é o Deseño
Universal
O colexio dispón dun blog específico para as tics no seguinte enderezo:
http://faiclicnastics.blogspot.com/
O blog consta dunha serie de páxinas onde recoller:
- Recursos para infantil a enlaces con actividades online para esta etapa, de maneira que os nenos podan clicar na imaxe e acceder ó xogo.
- Recursos para primaria: con enlaces para Primaria
- Recursos para profes
- Recursos para días sinalados
- Documentos sobre as tics
- Utilidades: informacións sobre o manexo do ordenador....
- Imaxe: para a edición e creación de transacións de imaxes, vídeos...
OBXECTIVOS DAS TICS