EDUCACIÓN PRIMARIA 3º e 4º



EducaciónPrimaria
Hora de atención a nais e pais
3º A
Martes, das 15h30 ás 16h30
3º B
Martes, das 15h30 ás 16h30
4º A
Martes, das 15h30 ás 16h30
4º B
Martes, das 15h30 ás 16h30




ACTIVIDADE CON ECOPILAS
 
A Fundación Ecopilas, formada polos principais fabricantes e importadores de pilas, ten como tarefa a xestión dos residuos de pilas e baterías. Entre as actividades que realizan destácase a de concienciar aos cidadáns sobre a importancia da súa colaboración na recollida selectiva e reciclaxe destes residuos co fin de reducir o seu impacto ambiental. Por este motivo, o día 17 de decembro, celebraron unha interesante actividade co alumnado de 3º A e 3ºB de Educación Primaria.
 








Taller de Primeiros Auxilios




Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria, en colaboración co SERGAS, terán os días 21 e 22 de novembro un taller de primeiros auxilios que lles permitirá coñecer mellor as situacións de emerxencia máis habituais e como actuar. Preséntase en dous módulos: o primeiro refírese á febre, diarreas, vómitos, golpes, feridas, queimaduras, etc. O segundo permite coñecer diferentes situacións de riscos e como alertar aos servizos sanitarios.








Excursión de 4º a San Cibrao de Las


Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria tiveron o seu primeiro contacto coa cultura castrexa e as súas formas de vida durante unha interesante visita ao castro de San Cibrao de Las. Esta excursión tivo lugar o día 23 de outubro de 2018.