BIBLIOTECA



 


 

PROXECTO LECTOR DO CENTRO


1.- INTRODUCCIÓN
     Desde a nosa biblioteca deseñamos unha serie de actuacións encamiñadas ao fomento da lectura e que están recollidas no proxecto lector do centro. Este está integrado no proxecto educativo do centro e serviranos de guía para a elaboración deste plan anual de lectura.
     Partiremos das reflexións reflectidas no curso anterior na memoria final do centro.
     En E.Infantil os contos tradicionais e as historias dos Bolechas foron os máis solicitados.
     No 1º ciclo de E. Primaria, os preferidos polo alumnado foron os libros relacionados cos animais, onde viven, o seu alimento, a camuflaxe,…
     No 2º e 3º ciclos os libros máis lidos eran aqueles relativos á literatura de ficción, natureza, clima, zonas do planeta,…
     En xeral, os libros de ficción que máis se leron foron, en 1º lugar, os de aventuras en xeral, e en 2º lugar, os de Kika superbruja/superbruxa. De non ficción os máis lidos foron as biografías de persoeiros famosos en distintos campos: Marie Curie, Charles Chaplin, Shapkespeare,…
2.- OBXECTIVOS.
OBXECTIVO XERAL: Facer da biblioteca o centro de recursos do centro para a información e a lectura, valorando esta como fonte inesgotable de pracer, facendo partícipe a toda a comunidade educativa.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Organización e xestión:
- Mellorar o espazo físico da biblioteca.
- Manter ordeado e actualizado o material.
- Seguir usando o programa Meiga e adaptar todos os fondos á CDU.
- Facer os carnets de lectores.
- Elaboración dunha guía da biblioteca: fondos, normas de uso,…
- Aumentar os fondos con materiais solicitados por mestres/as e alumnos/as.
Dinamización:
- Fomentar a participación da comunidade educativa.
- Elaborar un programa de formación de usuarios e educación documental.
- para o alumnado do centro e para o profesorado.
- Programar actividades de fomento da lectura.
- Expoñer as novidades documentais.
- Continuar coa Mochila Viaxeira en E.P. (2º e 3º ciclo).
3.- ACTUACIÓNS POR TRIMESTRES.
a.- XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN:
1º Trimestre:
-  Difundir entre a comunidade educativa os horarios, servizos, normas e persoas que forman o equipo da biblioteca.
- Rexistrar, catalogar e correxir os erros do catálogo dos documentos, tanto impresos como audiovisuais e reubicalos.
- Rematar coa elaboración dos carnets de lectores do alumnado.
- Creación dun Grupo de Traballo do profesorado de dinamización da Biblioteca, coa integración dun pequeño Proxecto Integrado, no que participe todo o colexio.
- Suscricións á revistas novas para o alumnado de distintos ciclos e para as súas familias. As revistas serán: “Muy Interesante” (adultos), “Muy Interesante junior” (3º ciclo), e “Caracola” (2º ciclo).
- Dinamización da Biblioteca das distintas festividades.
2º e 3º Trimestres:
- Continuar coas actividades pendentes do 1º trimestre.
- Facer un expurgo dos fondos para levar adiante unha boa actualización dos mesmos.
- No 3º trimestre elaborar a memoria final da biblioteca para a súa inclusión na Memoria Anual do Centro.
b.- DINAMIZACIÓN:
·         b.1  FORMACIÓN DE USUARIOS.
Profesorado
1º Trimestre:
- Reunión xeral do Equipo de biblioteca co resto do profesorado para que inclúan na súa programación xeral a formación no uso dos recursos da biblioteca.
- Coordinación de actividades, tendo en conta que hai un membro de cada ciclo no Equipo de biblioteca.
- Presentación do proxecto de nova distribución de espazos.
- Desenvolvemento de actividades  de formación e animación á lectura.
2º e 3º Trimestres:
- Desenvolvemento de actividades programadas e no 3º trimestre avaliación dos obxectivos e actividades propostas, así como a inclusión na Memoria Final.
Alumnado
Ao longo de todo o curso:
- Favorecer o coñecemento da biblioteca despois dos cambios de distribución efectuados nela.
- Fomentar a eficacia e estratexias lectoras e favorecer as técnicas de estudo elementais.
·         b.2  EDUCACIÓN PARA O ACCESO Á INFORMACIÓN. EDUCACIÓN DOCUMENTAL.
   Dentro das actividades programadas por trimestre desde a biblioteca, haberá moitas relacionadas coa educación documental, utilizando todos os medios necesarios: diccionarios, enciclopedias, gráficos, como atopar un libro pola CDU, polo título, temática, etc, sendo quen de usar a información obtida en calquera dos soportes dos documentos.
   Exemplo dalgunhas das actividades serían:
EDUCACIÓN INFANTIL
1º TRIMESTRE
OBXECTIVOS.COMPETENCIAS  BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Distinguir a biblioteca escolar da de aula.
- Localizar a biblioteca no espazo escolar e familiarizarse con ela.
- Visita á biblioteca escolar e coñecer os seus recunchos.
- Coñecer as normas de comportamento na biblioteca.
- Dialogar sobre as normas de conducta.
- Recoñecer os documentos que podemos atopar: libros, revistas, audiovisuais,…
- Clasificar os documentos en función dos soportes.
2ºe 3º TRIMESTRES
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Recoñecer e manter a orden a biblioteca.
- Realizar xogos clasificatorios e colocar os libros nos seus andeis correspondentes.
- Expresar oralmente as necesidades de información ou lectura e o obxectivo das mesmas.
- Dialogar cos alumnos/as en torno a contos e a información.
- Iniciarse no hábito de consultar libros.
- Buscar información gráfica nos libros seleccionados.
EDUCACIÓN PRIMARIA. 1º CICLO
1º TRIMESTRE
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Coñecer a función da biblioteca e os seus servizos
- Visitar a biblioteca escolar.
- Introducir as distintas función de información e lectura que poden ter os documentos.
- Seleccionar contos, narracións e libros de consulta e comparar as informacións.
- Recoñecer os elementos que identifican os documentos: título, autor, ilustrador.
- Cumplimentar unha ficha.
- Coidar e respectar os materiais e recursos.
- Elaborar un listado de accións para coidar os materiais da biblioteca.
2º e 3º TRIMESTRES
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Identificar as partes físicas dos impresos: portada, cuberta, contracuberta,…
- Cumplimentar ficha.
- Adquirir o concepto de colección.
- Xogos por grupos.
- Relacionar imaxes e texto nos libros de coñecemento.
- Relacionar ilustracións con pés de texto.
EDUCACIÓN PRIMARIA. 2º CICLO
1º TRIMESTRE
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Dominar o espazo da biblioteca e as súas seccións.
- Debuxar un plano da biblioteca.
-Coñecer a CDU e as signaturas dos libros.
- Relacionar libros con signaturas.
-Clasificar os libros polos dous grandes apartados:
De ficción ( N,T,P ) e non ficción ( biografías, deportes,…)
- Localizar os distintos tipos de libros nos andeis e deducir a temática.
2º e 3º TRIMESTRES
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Diferenciar entre os distintos diccionarios: de sinónimos, visuais, temáticos,…
- Cumplimentar ficha.
- Asimilar conceptos relacionados co diccionario: entrada, definición, abreviatura,…
- Fichas e xogos alusivos.
- Saber usar indicadores de contido de documentos: sumarios, menús de documentos electrónicos,…
- Analizar os materiais.
- Manexar as obras propias do seu nivel.
- Comparar as información obtidas na busca das obras de referencia.
EDUCACIÓN PRIMARIA. 3º CICLO.
1º TRIMESTRE
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Comprender o sistema de clasificación da CDU.
- Clasificar en función da CDU.
- Identificar os elementos dunha ficha.
- Cumplimentar a ficha correspondente.
2º e 3º TRIMESTRES
OBXECTIVOS. COMPETENCIAS BÁSICAS
ACTIVIDADES
- Coñecer os sistemas de busca nos buscadores de internet, o seu uso e os seus elementos de conexión.
- Realizar búsquedas en internet.
- Coñecer a estructura dos libros informativos e a función dos seus elementos: bibliografías, glosarios, cronoloxía,…
- Identificar nun libro: glosario, gráficos, pés de páxina,…
- Citar as fontes na búsqueda documental.
- Cumplimentar unha ficha.
4.- CATÁLOGO DE ACTIVIDADES
     Desde a biblioteca levaranse a cabo actividades:
     -  Relacionadas coas festas e conmemoracións que se celebren no centro: Día da biblioteca, Samaín, día da poesía, día do libro infantil e xuvenil, semana da prensa, día do libro, semana das letras galegas, Nadal,… sempre tendo ao libro como protagonista e empregando todo tipo de linguaxes: oral, escrita, plástica, musical e tamén a través dos medios informáticos.
     -  Neste curso continuaremos  coas Mochilas Viaxeiras. Cada alumno/a terá a mochila unha semana na casa, de venres a venres. Incluiremos nela un libro en galego, outro en castelá, un libro para as familias (coa colaboración do departamento de orientación), un cómic, DVD, unha carta informativa aos pais e unha enquisa para que valoren a actividade.
     -  Sesións de contacontos para todos os niveis.
     -  Exposicións temáticas e de novidades.
     -  Elaboración de libros polos alumnos.
     -  As actividades  de formación de usuarios e educación documental como fomento de lectura, serán regulares e continuadas ao longo de todo o curso.
5.- APOIO AO ESTUDO OU OUTRAS ACTIVIDADES DESDE A BIBLIOTECA PARA A COMPENSACIÓN DAS DESIGUALDADES SOCIAIS.
     Segundo o medio sociocultural de procedencia do alumnado, a desigualdade entre eles incide marcadamente no fracaso escolar. Desde a biblioteca contribuiremos como un medio máis a paliar esa descompensación, poñendo a disposición dos nenos/as todos os recursos necesarios que posibiliten a resolución de dúbidas, fomentar hábitos de estudos, axudalos a buscar a información que necesiten,…
     Traballaremos a emigración, a discapacidade, a convivencia, o respeto a outras culturas, razas, relixión,…, partindo de libros que poden dar lugar a distintas actividades.
     O punto de partida será a elaboración dun libro viaxeiro por parte deste colectivo que nos permitirá ver cara a onde se encamiñan as súas inquedanzas.
6.- PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO.
     Será unha acción de dinamización lectora e como estimulación de novas formas de aprender e de transformar a información en coñecemento, como queda reflectido no apartado adicado á dinamización: educación para o acceso á educación documental.
     Aprendendo a quedarnos co que realmente é importante e eliminar a información superflua, sendo críticos coa antedita información, ademais de favorecer o traballo colectivo.
     Aprenderemos a localizar información, manexar distintos tipos de fontes informativas, comunicar a información a través de distintos soportes e materiais, desenvolvendo as competencias lectoras en todas as áreas do coñecemento de libros de ficción, de información e outros documentos.

   
7.-TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO.
     O equipo da biblioteca está formado na actualidade pola persoa responsable da mesma e 5 persoas máis.
     Ademais do seu entusiasmo, algún membros xa participaron en xornadas e cursos sobre bibliotecas en anos anteriores e comprométense a seguir facéndoo nos vindeiros cursos, tendo previsto a formación dun grupo de traballo no centro.
     O responsable da biblioteca asumirá as función propias publicadas no DOG do 5 de abril de 2011.
     O resto do equipo realizará as tarefas encomendadas polo profesor responsable, aínda que as funcións e actividades distribuiranse entre todos os membros do equipo para aproveitar ao máximo o pouco tempo de que se dispón, nunca é suficiente na biblioteca.
     As horas de adicación á biblioteca serán:
     - Responsable da biblioteca: Dúas horas semanais.
     - Membros do equipo: Dúas  horas para un dos membros e unha hora para os demais.
     - Unha reunión mensual. Tendo en conta que o noso é un centro pequeño, as comunicacións entre nós son constantes, pero pensamos que é axeitado ter unha de xeito formal.
     - O resto do profesorado nas súas horas de garda
     Pretendemos facer os carnets de lectores co programa Meiga e continuar cos préstamos a través do mesmo.
Horario:
     Todos os cursos teñen asignada unha hora semanal para ser utilizada polo profesor cos seus alumnos/as.
Servizos:
·         Lectura e consulta en sala para profesorado e alumnado.
·         Traballos individuais ou en grupo.
·         Actividades: - Formación de usuarios.
                       - Educación documental.
                       - Fomento da lectura.
·         Préstamo.
     Pretendemos que a nosa biblioteca se relacione co exterior, así colaboraremos co concello, biblioteca municipal, contacontos de editoriais, grupos de teatro e outras entidades.