Recital poético de Celso Emilio Ferreiro:
os alumnos do colexio participaron na
homenaxe pública, promovida pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización
e Dinamización Lingüística, que o día 12 de decembro de 2012 celebrou o
centenario de Celso Emilio Ferreiro cun recital poético. O poema elexido foi "Deitado fronte ao mar"
(1962).
OBXECTIVOS XERAIS DA LINGUA GALEGA
Tendo en conta a realidade do centro así como a lexislación actual, o ENDL sinala como obxectivo básico que o alumnado consiga as competencias lingüísticas por igual nas dúas linguas oficiais, favorecendo especialmente a expresión oral. Compre crear un ambiente sensibilizado coa utilización do galego, libre de prexuízos lingüísticos, valorando e favorecendo as actitudes normalizadoras. Tendo como cometido entre outros:
a) Elaboración e posta en práctica da Planificación Sociolingüística do Centro (PSC).
b) Potenciar o emprego da nosa lingua en toda a vida da comunidade escolar.
c) Informar aos pais/nais do alumnado da situación sociolingüística do centro e da situación legal vixente que regula o ensino da lingua galega.
d) Fomentar o coñecemento e recuperación dos costumes, tradicións e cultura galegos en xeral.
e) Mellorar a competencia lingüística e a valoración positiva do uso da nosa lingua na comunidade educativa.
1- OBXECTIVOS ENCAMIÑADOS A ENRIQUECER O CONTORNO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO
· Potenciar o uso do galego en todas as actividades do centro
· Participar nas campañas de normalización lingüísticas propostas por outros organismos oficiais.
· Informar aos pais/nais do alumnado da situación sociolingüística do centro e da situación legal vixente que regula o ensino da lingua galega.
2- OBXECTIVOS PARA POTENCIAR NO PROFESORADO A NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA ACTIVIDADE DOCENTE.
· Fomentar o compromiso do profesorado pola normalización da lingua galega.
· Procurar na medida do posible a adquisición de materiais didácticos nos que o galego sexa lingua vehicular.
· Mudar actitudes, se as houbera, negativas cara o galego, favorecendo a eliminación e prexuízos lingüísticos.
· Incrementar a presenza da lingua galega nos itinerarios lectores que se contemplan dentro do Plan lector.
· Priorizar na adquisición de fondos (bibliográficos, audiobiográficos, multimedia…) para a Biblioteca Escolar, aqueles que se editen en lingua galega.
· Dinamizar o claustro de mestres para a súa participación en actividades formativas relacionadas coa lingua galega.
3- OBXECTIVOS ENCAMIÑADOS A NORMALIZAR A SITUACIÓN DO ALUMNADO.
- Aproveitar as interferencias lingüísticas para reflexionar sobre as diferencias entre outros códigos.
- Informar as familias do alumnado dos obxectivos que se perseguen e buscar a súa colaboración.
- Coidar que o alumnado galegofalante manteña o seu idioma e non se instale na lingua castelá.
- Usar a lingua galega en actividades atractivas para crear contextos que inviten a súa utilización.
- Valorar publicamente os avances que se vaian facendo no emprego do galego.
- Cumprir o decreto 79/2010 do 20 de maio para o plurilingüismo, que garante a igualdade do galego e o castelán como linguas oficiais de Galicia. Potenciaremos o emprego do galego en todos os planos da vida educativa.
- Aproveitar a presenza de alumnado inmigrante para abordar o tema de diversidade cultural e plurilingüismo e constatar as vantaxes que ten o dominio de máis dunha lingua.
4- OBXECTIVOS PARA MELLORAR AS CONDICIÓNS LINGÜÍSTICAS DO CENTRO.
- Seguirase empregando a lingua galega en todas as accións relacionadas coa organización, xestión e administración do centro.
- A lingua vehicular de comunicación con calquera entidade será o galego.
- Animar a que o persoal non docente siga empregando o galego nas diferentes situacións comunicativas.
- Fomentar o emprego do galego tanto nas actividades escolares, así como no caso do comedor.
Para acadar estas metas, temos previstas diversas actividades. Organizadas consonte ao punto 3.
DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES
Para a consecución dos obxectivos anteriores propoñemos dende o E.N.D.L unha serie de actividades que tentaremos que impregnen a totalidade da vida do centro e da comunidade educativa. Para que sexa posible pensamos que é fundamental a implicación e concienciación de todo o profesorado.
Lingua en Infantil de 3 anos curso 2012-2013: En aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio para o plurilingüismo, as familias do alumnado que obtivo praza no primeiro curso do segundo ciclo de Educación Infantil (3 anos) fixeron constar a lingua materna do seu fillo ou filla. Para estes efectos contestaron e posteriormente entregaron na secretaría do colexio un documento que se lles achegou coa matrícula. Debe terse en conta que se considerará lingua materna predominante, para os efectos do establecido no artigo 5º do Decreto 79/2010, aquela que obteña un resultado maioritario entre as familias, sen prexuízo da consideración da lingua do contorno e da necesaria atención individualizada a cada alumno na súa lingua materna. A lingua materna predominante será vinculante para todo o alumnado durante todos os anos do segundo ciclo da educación infantil. O resultado das enquisas ás familias foi o seguinte: alumnos matriculados en 3 anos para o curso 2012-13: 48. Familias con lingua materna en castelán: 23. Familias con lingua materna en galego: 25. Polo tanto a lingua materna predominante será a lingua galega.
______________________________________________________