PROGRAMACIÓNS DE 4º DE INFANTIL
PROGRAMACIÓNS DE 5º DE INFANTIL
PROGRAMACIÓNS DE 6º DE INFANTIL
PROGRAMACIÓNS DE 1º DE PRIMARIA
PROGRAMACIÓNS DE 2º DE PRIMARIA
PROGRAMACIÓNS DE 3º DE PRIMARIA
PROGRAMACIÓNS DE 4º DE PRIMARIA
PROGRAMACIÓNS DE 5º DE PRIMARIA
PROGRAMACIÓNS DE 6º DE PRIMARIA
50 ANIVERSARIO DA CREACIÓN DO COLEXIO 1975-2025
Debemos empezar este recoñecemento á escola pública en Allariz falando previamente das persoas e lugares que antecederon á posta en funcionamento do noso colexio en 1975. Asi, debemos ter un recordo para a escola situada no edificio que hoxe se coñece como o “Balcón de Amoeiro”. Esta escola pública estaba formada por dúas aulas na planta baixa sendo os seus mestres Don José e Don Adriano.
O balcón de Amoeiro
Na casa rectoral na praza de San Pedro estaban escolarizadas as mulleres, sendo as súas mestras Dona Pilar e Dona Concha. O alumnado de infantil tiña a súa escola na parte alta deste inmoble sendo a súa mestra Dona Felicidade.
Posteriormente, en 1968, e dentro do que se coñeceu como “Plan Galicia”, foi edificada a Agrupación Escolar de Allariz. Nese lugar estivo escolarizado o alumnado ata 1975, ano en que pasou para o actual edificio de Primaria. Non obstante, debemos observar que ata 1999 o noso colexio aínda tiña o seu alumnado repartido entre ambos edificios.
Agrupación Escolar de Allariz iniciada en 1968
A creación do CEIP PADRE FEIJOO en Allariz veu motivada pola posta en marcha da Ley General de Educación promovida polo ministro Villar Palasí en 1970. Dita lei recollía que a educación ata os catorce anos fora obrigatoria e gratuita, o que orixinou o establecemento da EGB. Coa implantación de dita lei foi necesaria a creación de novos colexios que permitiran acoller a todo o alumnado en idade escolar, razón pola que se estableceron unhas Unidades Técnicas Provinciales que tiñan como obxectivo levar o control destas construcións. Ante a necesidade de realizar todo este proceso nun curto espazo de tempo, implantáronse en España oito “Planes de Urgencia” que a pesar do seu nome non actuaron coa premura necesaria polo que foron abandonados. Para poder construir os colexios necesarios con maior celeridade levouse a cabo dende 1974 unha descentralización en base a asinar convenios entre o Estado e os concellos.
Foi así como o ministro de Educación e Ciencia daquela época, Villar Palasí, anunciou a edificación do noso colexio o 21 de agosto de 1971 nunha visita a Ourense na que tamén se anunciaba a creación doutros colexios en Cualedro, Cea, Leiro ou Carballiño. O colexio CEIP PADRE FEIJOO foi construido durante os anos 1972 e 1973 logrando estar rematado en 1974. Ese ano iniciou a súa andadura no primeiro trimestre do curso 1974-75 cun pequeno grupo de alumnos e alumnas. O seu funcionamento pleno con todo o alumnado quedaría aprazado a 1975, motivo polo cal en 2025 se celebra o 50 aniversario da súa creación. Foi edificado naquela época por unha empresa constructora da Coruña a cal se lle habían adxudicado varios centros por toda Galicia que repiten a mesma fisonomía. O colexio máis próximo a nós que conserva rasgos moi parecidos por esta circunstancia é o colexio de Cualedro.
En 1999 sufriu unha importante ampliación coa que se incoporaron novas aulas, despachos, unha sala de usos múltiples e un patio cuberto. Foi nese tempo cando pasou a escolartizar a todo o alumnado de Infantil e Primaria. O seu alumnado de 7º e 8º foi escolarizado en 1º e 2º da ESO no IES da vila.
Ampliación de 1999
En 2012 foi aprobado un proxecto para construír nas súas proximidades un novo edificio con nove aulas, comedor e patio que acollería a toda a etapa de Educación Infantil. O 26 de setembro de 2013 comezouse a construír o edificio escolar que acollería ao alumnado de Educación Infantil. Dito edificio púxose en marcha no curso 2014-2015.
Durante estes últimos anos o colexio foi vendo incrementar a súa matricula de xeito importante polo que pasou de ter 298 alumnos e alumnas en 2002 a ter 437 en 2024. No verán de 2020 o colexio de Educación Primaria recibiu unha renovación en eficiencia enerxética cun custe próximo ós 600.000€.
PRINCIPIOS DE
IDENTIDADE DO COLEXIO
- Estará presidido por
unha actitude e unha acción
democrática.
- A súa acción
educativa estará vinculada social e culturalmente ao entorno da vila de
Allariz.
- Fomentará a
participación de toda a comunidade educativa.
- Promoverá o respecto
a diversidade.
- Favorecerá a
igualdade de dereitos e oportunidades.
- Será respectuoso
coas diferentes confesións relixiosas e opción ideolóxicas.
- Buscará a equidade
pero compensando as desigualdades.
- Promoverá o uso la
lingua galega.
- Promoverá as
actitudes non sexistas.
- Promoverá o respecto
e coidado ao medio ambiente.
- Fomentará as
actitudes saudables.
- Terá en conta as
necesidades, intereses e aptitudes do alumnado para dotar á actividade
docente da suficiente flexibilidade.
- Favorecerá a
atención individualizada ao alumnado.
- Promoverá o respecto
das normas de convivencia.
- Procurará a
resolución pacífica dos conflitos.
- Promoverá a innovación educativa.
VALORES QUE PROMOVE O COLEXIO
- A democracia
- A solidariedade
- A non discriminación
- A xustiza
- A tolerancia
- A liberdade persoal
- A paz e a
convivencia
- O respecto aos demais e as diferenzas
OBXECTIVOS
BÁSICOS
- Proporcionar
a todos os alumnos/as un ensino de calidade, compensando as desigualdades.
- Proporcionar
aos alumnos/as as competencias, destrezas e actitudes que desenvolvan as
súas capacidades en todos ámbitos da persoa.
- Proporcionar
aprendizaxes motivadoras e funcionais.
- Favorecer
as actitudes de respecto, tolerancia e solidariedade.
- Realizar
unha avaliación sistemática de todos os procesos.
- Potenciar
a formación do profesorado.
- Favorecer
a innovación educativa.
- Colaborar
nas actividades complementarias e extraescolares.
Historia do colexio
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
| |
7h30
– 9h10
|
AULA DE
ESPERA
| ||||
9h10
– 14h10
|
XORNADA ESCOLAR
DE 25 HORAS LECTIVAS
| ||||
14h10
– 15h25
|
COMEDOR ESCOLAR
| ||||
15h30
– 17h30
|
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
|
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
| |
7h30
– 9h15
|
AULA DE
ESPERA
| ||||
9h15
– 14h15
|
XORNADA ESCOLAR
DE 25 HORAS LECTIVAS
| ||||
14h15
– 15h30
|
COMEDOR ESCOLAR
| ||||
15h30
– 17h30
|
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (excepto venres)
|
HORARIOS DE
RECREO
|
|
1º Recreo
|
Das 11h15 ás 11h30
|
2º Recreo
|
Das 13h15 ás 13h30
|
ACTIVIDADE | CURSOS | DÍAS | HORA | CUSTE |
Nenoos 360 |
3, 4 e 5 anos | Mércores | Das 15h30 ás 16h30 | 29€/mes+19€ de matrícula + 19€ de material. Socios da Anpa: 29€/mes +matrícula gratis + 10€ de material |
Teatro |
3, 4 e 5 anos
| Xoves
| Das 15h30 ás 16h30 | 11€/mes Socios da Anpa 10€/mes |
Inglés lúdico (da Fundación Ramón González Ferreiro) |
4 e 5 anos
| Martes
| Das 15h30 ás 16h30 | 18€/mes (Pago trimestral) |
Judo (Judo Club Ourense) | 5 anos (xunto ao alumnado de 1º a 6º de Primaria)
| Luns
| Das 15h30 ás 16h30
Na aula de psicomotricidade de Infantil. | 18€/mes + 22€ por licencia anual. Mínimo de participantes 16. |
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO DE ALLARIZ
QUE ENLAZAN CO COMEDOR ESCOLAR
Música e movemento (Aula de psicomotricidade) | 4 e 5 anos
| Martes ou mércores | Das 15h20 ás 16h20 Na aula de psicomotricidade de Infantil. | 16€/mes |
Predeportivas – Multideporte (Escolas Deportivas Municipais) |
3, 4 e 5 anos | Luns
| Das 15h30 ás 16h30
No Pavillón de Deportes | 15/€ mes Pago trimestral |
ACTIVIDADE | CURSOS | DÍAS | HORA | CUSTE |
Patinaxe
| De 1º a 6º Primaria | Mércores (No patio cuberto e exterior do colexio de Primaria) | Das 15h30 ás 16h30
| 15€/mes Pago trimestral |
Multideporte (No patio cuberto e exterior do colexio de Primaria) | De 1º a 6º de Primaria | Xoves (No patio cuberto e exterior do colexio de Primaria) | Das 15h30 ás 16h30
| 15€/mes Pago trimestral |
Judo (Judo Club Ourense) | De 1º a 6º | Luns (Na aula de psicomotricidade de Infantil) | Das 15h30 ás 16h30
| 18€/mes + 22€ por licencia anual. Mínimo de participantes 16. |
Robótica | 4º, 5º e 6º | Xoves Aula de Informática | Das 15h30 ás 16h30
| 29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes +matrícula gratis |
Lego con robótica | 1º, 2º e 3º | Martes Aula de Informática | Das 15h30 ás 16h30
| 29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes +matrícula gratis |
Escola de Inglés Activo (da Fundación Ramón González Ferreiro) | 1º e 2º | Luns | Das 15h30 ás 16h30
| 18€/mes Pago trimestral |
Escola de Inglés Activo (da Fundación Ramón González Ferreiro) | 3º e 4º | Mércores | Das 15h30 ás 16h30
| 18€/mes Pago trimestral |
Escola de Inglés Activo (da Fundación Ramón González Ferreiro) | 5º e 6º | Xoves | Das 15h30 ás 16h30
| 18€/mes Pago trimestral |
Iniciación ao francés (da Fundación Ramón González Ferreiro) | 4º, 5º e 6º | Luns | Das 15h30 ás 16h30
| 18€/mes Pago trimestral |
Robótica | 4º, 5º e 6º | Martes Aula de Informática | Das 15h30 ás 16h30
| 29€/mes+19€ de matrícula Socios da Anpa: 29€/mes +matrícula gratis |
Xadrez (Club Xadrez As Burgas) | De 1º a 6º | Mércores | Das 15h30 ás 16h30
| 15€/mes Mínimo de participantes 10 |
Teatro | 1º, 2º e 3º | Luns Biblioteca-Sala de usos múltiples | Das 15h30 ás 16h30
| 11€/mes Socios da Anpa 10€/mes
|
ACTIVIDADES DO CONCELLO DE ALLARIZ QUE ENLAZAN CO RECREO DO COMEDOR ÁS 15h30
Pintura | De 1º a 6º | Luns ou mércores | Das 15h30 ás 17h00 | 16€/mes |
A distribución do alumnado nas aulas corresponde principalmente a un criterio alfabético aplicado no momento da súa escolarización en tres anos. O paso dos cursos, onde se vai coñecendo moito mellor aos nenos e nenas, sumado a interacción entre eles, proporciona unha experiencia que ven a mostrar que ese reparto debe ser optimizado para un mellor aproveitamento educativo. A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que tratan de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Trátase en consecuencia de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución do alumnado será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil, 2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.
Os obxectivos básicos que se pretenden son os seguintes.-
1.Favorecer a interacción social.- Permitir que o alumnado inicie novas relacións de amistades sen por iso perder as anteriores xa que van a seguir compartindo moitos espazos e actividades en común; patio de recreo, comedor, actividades complementarias e extraescolares, etc. Proporcionar novas oportunidades a aquel alumnado que foi quedando máis illado.
2.Compensar as necesidades do alumnado.- A distribución inicial que se fai do alumnado por orde alfabética cando teñen tres anos non se corresponde en moitos casos cun equilibrio entre os grupos dun mesmo nivel respecto de alumnos con necesidades de reforzo educativo ou de atención á diversidade. Compre polo tanto compensar este alumnado realizando un reparto equilibrado entre os grupos.
3.Evitar rivalidades.- Cando os grupos conviven sen cambios durante largos espazos de tempo a aparición de rivalidades resulta inevitable.
4.Romper liderazgos.- Outra consecuencia da convivencia durante largos períodos de tempo é a aparición de líderes e/ou grupos dominantes que poden monopolizar a outros nenos e nenas en función dos seus intereses. Os cambios de grupo permiten rachar con estas malas inercias.
5.Preparar para os cambios.- Trátase de ir aprendendo a adaptarnos aos cambios que a vida nos vai a ir presentando.
"A mirada do outro" é un programa de sensibilización e prevención do acoso escolar que se leva a cabo no colexio para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria durante os meses de outubro e novembro. O seus obxectivos son sensibilizar ao alumnado das situcións relacionadas coa violencia de xénero, así como entrenar habilidades persoais de autoregulación emocional e competencias de interacción social. Busca tamén adquirir competencias de xestión de conflitos. Para lograr estos obxectivos trabállase cunha metodoloxía participativa e dinámica na que se parte dos intereses do alumnado.
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN: O centro conta con dous plans de autoprotección, un para o colexio de Primaria e outro para o colexio de Infantil. Corresponde en cada inicio de curso poñer en práctica ditos plans co fin de realizar as melloras necesarias para a súa optimización. Así, o durante o mes de outubro, os alumnos de Infantil simulan unha situación de emerxencia producida por un hipotético incendio incontrolado na cociña. Trátase de medir tempos de saída dos alumnos das aulas ao punto de reunión e avaliar a eficacia das estratexias deseñadas. O obxectivo que se pretende é que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia. Esto vai a permitir contar cuns plans prácticos que chegado o caso podan ser de enorme utilidade.
Coa axuda do taller de emprego da Reserva da Biosfera e dentro do proxecto educativo "Integración da conservación do medio ambiente no ensino", levado a cabo por este colexio durante os tres últimos cursos escolares, tivo lugar a construción dun horto escolar que conta ademais cun invernadoiro.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
AS PEGADAS DOS NOSOS MAIORES
Está exposta no colexio unha interesante exposición fotográfica que recolle instantáneas da vida cotiá dos nosos maiores. Esta exposición foi posible grazas as achegas das familias dos alumnos e alumnas e son testemuña dun pasado que tamén debemos coñecer e conservar na memoria xa que sempre estaremos en débeda cos esforzos levados a cabo polas xeracións anteriores.
A RADIO ESCOLAR