LIBROS DE TEXTO



               

 

 Fondo libros e axudas de material 2026-2027



No DOG do 18 de maio de 2026 foi publicada a Orde do 29 de abril de 2026 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para material para o curso 2026-2027.


INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA, AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE 1º E 2º DE PRIMARIA E AXUDAS PARA MATERIAL
 
Informamos que a Consellería ven de establecer a participación no fondo solidario de libros de texto (banco de libros) para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, as axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de Primaria (ambos cursos non teñen banco de libros), así como as axudas para adquirir material. A solicitude será única para todos os fillos/as que estean escolarizados neste colexio para o curso 2026-2027. O prazo de presentación das solicitudes remata o 19 de xuño de 2026.  
 
 
 
 

Formas de presentación

1. FORMA PREFERENTE: na aplicación Fondolibros (www.edu.xunta.es/fondolibros). Posteriormente poderán presentala no colexio (Anexos I e II), xunto coa documentación que corresponda, ou ben presentala xa na Sede Electrónica (http://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poden empregarse os mecanismos de identificación e sinatura da sede electrónica incluíndo a Chave 365.

2. Cubrindo a solicitude impresa que se achegará polo alumnado ou que tamén se pode recoller na Seceretaría do colexio. Unha vez cuberta deberá entregarse, xunto coa documentación que necesite cada caso,  directamente no colexio
 

IMPORTANTE: O COLEXIO NON FARÁ FOTOCOPIAS DOS SEUS DOCUMENTOS. DEBERÁ TRAER A DOCUMENTACIÓN NECESARIA XA FOTOCOPIADA.


Asignación de libros de 3º, 4º, 5º e 6º

a)  Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado tutelado pola Xunta e a continuación o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, con independencia da renda.

 – Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o colexio adquirirá os libros de texto complementarios necesarios para garantir:

 1) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) li­bros de texto.

2) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

3) Ao alumnado  de NEAE cunha discapaci­dade igual ou superior ao 33 %: seis (6) libros con independencia da renda cando poida usar os libros de texto do banco.

4) Para o alumnado de NEAE que non utilice  libros de texto do banco a axuda será de 240€  para renda familiar igual ou superior a 6.000€ e de 160€ para renda familiar superior a 6.000€ e inferior a 10.000€. Cando teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33% esta axuda será de 300€ con independencia da renda per cápita da unidade familiar coa que poderá adquirir os libros ou o material didáctico que se lle indique no colexio.

 
Os libros serán entregados aos alumnos ao inicio do curso 2026-2027, no mes de setembro.  

Prazos estimados para o fondo de libros

·  A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro o 1 de xullo de 2026.

·  Poderase formular reclamación no centro os días 2, 3 e 6 de xullo de 2026.

·  A relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publica­rase no taboleiro o 7 de xullo de 2026.


 

 

Contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º

 

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou infe­rior a 10.000 €: 160€.

c) Para o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % a axuda será de 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar. 

 

 

A recollida dos vales dos libros de 1º e 2º anunciarase no taboleiro exterior, na web do colexio e por Abalar móbil.
 

Contía da axuda para adquirir material escolar

Para o alumnado matriculado en Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 75 €. Con renda superior a 6.000€ e inferior a 10.000€ será de 60€. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia e o alumnado NEAE cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % será beneficiario de 75€ con independencia da renda.


Como calcular a renda per cápita da unidade familiar

Será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do ano 2024 (suma das rendas dos membros computables) entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exerci­cio fiscal 2024, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do afo­rro (recadro 460);. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar. Cando non se presentase declaración da renda, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. As persoas que non residiran en España en 2024 acreditarán os ingresos no país de orixe con nóminas, xustificantes de pensión ou calquera outro. No caso contrario presentarán un declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.




Membros computables da unidade familiar 

a) As persoas proxenitoras non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as persoas titoras do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración os tutelados, en acollida familiar ou preadoptivo legalmente constituido.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxei­tos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa unida por novo matrimonio ou por unión de feito á persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

 

Cando non exista vínculo matrimonial, entenderase que constitúen unha unidade familiar as persoas proxenitoras e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requistios das letras b), c) e d), agás nos casos de custoria compartida. Excepcionalmente, cando non exista unidade familiar nos termos delimitados anteriormente porque non existan peroas proxenitoras ou titoras do alumnado, entenderase como unidade familiar a composta polo alumnado e a persoa ou personas responsables con que conviva. Non será membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. Tampouco o agresor nos casos de violencia de xénero, sexa pai ou novo cónxuxe.

 

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar referida á data de fin do prazo para presentar as solicitudes (19.06.26), excepto os datos económicos que serán os de 2024.



Documentación acreditativa

a) Cando se opoñan á consulta telemática deberán indicalo no recadro correspondente e ademais achegar os seguintes documentos: DNI/NIE, declaración da renda de 2024, certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, percepción de pensións por incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente. Para a declaración da renda ou, a falta deste, o certificado de imputacións do exercicio 2024 será necesario o consentemento expreso. De non autorizar deberá achegar os documentos.

b) Achegarase copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por órgano que non perteneza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.



Máis información  ORDE do 29 de abril de 2026 (DOG 18 de maio de 2026)