PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA 3 ANOS 2024-2025
Infórmase ás familias que para o próximo curso 2024-2025 o alumnado de 3 anos (4º de Educación Infantil) disporá de tres grupos. No seguinte enlace poderá coñecer o periodo de adaptación de ditos grupos A, B e C.
PERIODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS 2024-25
ADMISIÓN DEFINITIVA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
Infórmase que, a 15 de maio de 2024, todo o alumnado que presentou solicitude de admisión neste colexio para o próximo curso 2024-2025 está admitido definitivamente. Este listado definitivo está publicado no taboleiro interior do colexio.
Proceso da matrícula 2024-2025
20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula. Debemos ter en conta que do 1 ao 20 de marzo realízase a solicitude de admisión pero NON a matrícula que será do 20 ao 30 de xuño. As familias do alumnado que está na Escola Infantil recibirán o impreso de matrícula (moi similar ao da solicitude de admisión) coa antelación suficiente. As demais familias van a recibilo por correo ordinario. Unha vez cuberto debe entregarse na Secretaría do colexio. Entregado este impreso remata o proceso da matriculación.
No mes de xuño estará publicado, na pestana de Educación Infantil, o período de adaptación do alumnado de 4º de Infantil (3 anos).
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públcios que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria.
Calendario e horario: Iníciase co curso escolar en setembro e permanece en funcionamento durante todo o ano lectivo. O seu horario de apertura é das 7h30 ás 9h15.
Localización: Atópase nas antigas vivendas dos mestres, na 1ª planta (edificio contiguo ao de Educación Primaria).
Información e matrícula: SERVIZOS SOCIAIS COMPLEMENTARIOS. FOGAR DOS MAIORES, A Barreira, 3. Allariz. Telf.: 988 55 40 59