ATENCIÓN
Á DIVERSIDADE E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
O proceso de orientación, intervención e
asesoramento educativo diríxese a permitir a identificación das necesidades
educativas dos alumnos nas diferentes áreas e espacios de desenvolvemento: a
escola, a familia e o propio alumno, así como incidir positivamente no seu
desenvolvemento persoal, social e cognitivo. Deste xeito, a valoración psicopedagóxica
enténdese intimamente relacionada coa propia avaliación académica e educativa,
constituíndo unha parte complementaria máis cara unha abordaxe, tamén, de tipo
preventivo.
O estudio das necesidades educativas dos alumnos do
centro é un dos obxectivos importantes do departamento, especialmente dos que
mostran n.e.a.e, sexan estas temporais ou máis permanentes, así como erixirse
en punto de partida que, estreitamente ligado ao proceso de ensino e
aprendizaxe, sexa a base dun proceso para levar a cabo determinadas medidas de
atención á diversidade. Esta tarefa do departamento de orientación será
complementario ao realizado polo profesorado, compartindo con eles o axuste das
medidas psicopedagóxicas e didácticas ás características e necesidades de cada
alumno. Así, os campos de traballo do departamento farán referencia tanto ás
características propias do suxeito (desenvolvemento biolóxico, intelectual,
motriz, sensorial, perceptivo, nivel de competencia curricular,
personalidade…), como ás propias do entorno familiar e escolar no que se
desenvolve. As tarefas de orientación educativa terán tamén como referencia os
proxectos educativo e curricular do centro, xa que serán quen lle confiran
coherencia e sentido práctico e basearanse nun modelo integral de avaliación,
intervención e asesoramento psicopedagóxico. Hai que ter en conta que na
orientación actúan de pleno dereito os profesionais docentes, sendo aquí onde
as titorías desenvolven
plenamente as súas funcións e competencias, xa que a labor titorial tamén é de
orientación educativa e profesional. Tal e como prescribe a normativa marco no
referente á acción titorial, as funcións do titor están enmarcadas
dentro da función orientadora, sendo un elemento intrínseco á tarefa docente e
do currículo, ao tempo que posibilita a atención personalizada dos alumnos e a
activación dos pais/nais como educadores. As intervencións do
departamento en materia psicopedagóxica tenta sempre contar coa implicación dos
mestres, dos alumnos e das correspondentes familias, debendo ser contempladas
como un proceso global que teña como obxectivos non só a corrección de
“casos-problema”, senón tamén a prevención de dificultades de carácter
educativo. En consecuencia, o proceso orientador enténdese como algo continuo,
que empeza coa escolarización do neno e fai un seguimento continuado da súa
evolución en Educación Infantil, en Educación Primaria e, no seu momento,
facilita a transición á Educación Secundaria aos alumnos deste establecemento
escolar.
Tendo isto en
conta, mantense a necesidade dunha fluída relación co departamento de
orientación do IES ao cal está adscrito este centro e tamén se realizan
variadas actividades respecto ao alumnado de nova incorporación e as súas
respectivas familias. En especial, o alumnado de E. Inantil (3 anos). Neste
último aspecto, a labor de prevención é fundamental. En xeral, as actividades a
levar a cabo polo departamento xirarán en torno ás seguintes áreas de
actuación: recollida e estudio de información/documentación, orientación
escolar e académica, intervención e asesoramento (orientación
persoal).
·
Recollida e
estudio de información e documentación: entrevista cos
titores, familias e posibles especialistas externos (equipo específico
provincial, traballadores/educadores sociais, atención temperá, saúde mental…),
expediente académico, recursos de tipo técnico axeitados á idade do alumnado,
clasificación deste material, estudio e valoración do mesmo, así como toma de
decisións.
·
Orientación
escolar e académica: estará dirixida, especialmente, ao alumnado e ao seu
proceso de aprendizaxe, pero tamén pode englobar ao profesorado e ás familias.
Para que resulte verdadeiramente efectiva tentarase que cumpra os seguintes
requisitos:
-
Abarcar a globalidade do alumno e ser continua ao longo
de toda a súa escolarización.
-
Proporcionar pautas para a intervención nos diversos
graos de diversidade que se presenten.
-
Tratamento global das distintas problemáticas a nivel
educativo. Terase en conta que, nestas idades, a maioría das dificultades
orixínanse no entorno escolar, na familia, no barrio/pobo ou nas relacións
interpersoais máis próximas.
·
Orientación
persoal: este campo da orientación engloba variados aspectos,
tanto a orientación vocacional e profesional (que non se tería tanto en conta
nestes niveis educativos) como a escolar e propiamente académica.
En definitiva, o campo de traballo do departamento
sitúase contextualizado no ámbito da filosofía educativa e de
ensino-aprendizaxe do propio establecemento escolar, tendo en conta que a
finalidade máis importante do proceso educativo será aprender a ser e estar, aprender a coñecer, a facer e a vivir en
comunidade (saberes, habilidades e actitudes). Isto debería dar como
resultado a formación integral da persoa. A estructuración do proxecto de
orientación desenvólvese en tres bloques: xustificación,
desenvolvemento/actuación e seguimento/avaliación.
§ Xustificación: fundaméntase na lexislación
vixente e no contexto onde se desenvolve a actividade educativa.
§ Desenvolvemento/actuación: prantexamento de
obxectivos segundo os sectores onde se vai actuar e planificación xeral de
estratexias e accións a levar a cabo para conseguir os fins propostos.
§ Seguimento/avaliación: A planificación
anual do departamento considérase un documento flexible e aberto que ten
a finalidade de servir de guía de actuación e que pode ser relativamente
modificado, sempre e cando esas modificacións estean amplamente fundamentadas,
sexan acordadas por consenso entre os membros do departamento e se encadren
dentro da filosofía educativa do centro, así como da lexislación vixente.
PROGRAMACIÓN XERAL DAS
UNIDADES DE PT E AL
Construiremos unha aprendizaje significativa que parta dos coñecementos previos. Unha aprendizaxe mais funcional e globalizada que favoreza a consecución dos obxectivos xerais.
O proceso educativo partirá da interacción, participación e colaboración dos/as titores/as e os pais e as nais.
A metodoloxía partirá das situacións de xogo comunicativo que abrangue tódolos procesos.
1. OBXECTIVOS XERAIS
1.1. Definir-la no campo de actuación de unidade
1.1.1. Identificación das n.e.a.e. que se dan entre os alumnos/as do centro (alumno/a, contexto escolar, familiar)
1.1.2. Revisión da documentación existente nos expedientes académicos
1.2. Establece-los distintos niveis de competencia curricular é as necesidades educativas de cada un dos nenos/as así como os niveis de autonomía no traballo que posúen.
1.2.1. Realiza-las valoracións pedagóxicas iniciais.
1.3. Definir (en colaboración cos/cas titores/as) os programas de traballo individuais.
1.3.1. Establece-lo traballo a realizar con cada neno/a
1.3.2. Proposta, se é o caso, para a realización das A.C.S. e revisión dos feitos para o alumnado que o precise
1.3.3. Avalia-la adecuación das intervencións
1.4. Establecer (en colaboración cos/cas titores/as) a organización funcional do traballo cos alumnos.
1.4.1. Selecciona-las bandas horarias máis adecuadas para cada neno/a en función dos horarios das aulas ordinarias e das posibilidades da aula de apoio
1.4.1.1.O/a alumno/a acudirá a aula de A.L. en apoio logopédico e estratexias de aprendizaxe concretas
1.4.1.2.Terase en conta que os/as nenos/as non sairán da clase ordinaria nas sesións de educación física, plástica, inglés e música na medida do posible
1.4.1.3.Os nenos/as permanecerán co grupo-clase sempre que haxa unha actividade colectiva de carácter especial (saídas, visitas, etc)
1.4.1.4.O horario da unidade de apoio será o suficientemente flexible para adaptarse ás modificacións que van surxindo.
1.5. Definir aspectos metodolóxicos
1.5.1. Concreta-los métodos e estratexias de intervención a empregar
1.5.2. Seleccionar, preparar e confeccionar materiais didácticos individuais e colectivos
1.6. Colaborar cos titores nas tarefas de:
1.6.1. Información e orientación ás familias
1.6.2. Avaliación e decisión sobre promoción
1.6.3. Coordinarse no traballo co alumnado con n.e.a.e.
1.6.4. Colaborar para levar a cabo tarefas de reforzo educativo, modificación de conducta, etc
1.7. Fomenta-lo establecemento dunha línea de cooperación co equipo de orientación que faga máis eficaz e rápido o proceso de valoración e información/orientación ó titor correspondente.
1.8. Avalia-la adecuación dás intervencións.
2. OBXECTIVOS XERAIS E ESPECÍFICOS DE TRABALLO.
2.1. Pretendemos en base a todo o anterior e encamiñado os alumnos que con n.e.a.e. se integran neste centro:
2.1.1. Promover e favorecer o seu desenrolo persoal, linguístico e social
2.1.2. Potenciar as aprendizaxes básicas e renunciables en relación á comunicación:
2.1.2.1.Aprendizaxe e dominio da lectoescritura
2.1.2.2.Adquirir unha actitude cooperativa
2.1.3. Priorizar a adquisición das técnicas e habilidades instrumentais básicas, dando especial relevancia:
2.1.3.1. Á adquisición de conceptos básicos.
2.1.3.2.Ó desenvolvemento de habilidades metalingüísticas.
2.1.3.3.Á comprensión lectora.
2.1.3.4.Adquisición de estratexias para a resolución de problemas.
2.1.3.5.Adquisición de estratexias para aprender a pensar.
2.1.4. Desenvolver ó máximo as súas capacidades cognitivas tanto lingüísticas como atencionais, de memoria e razoamento lóxico, como elementos básicos de integración e comunicación.
2.1.5. Aumentar os niveis de autoestima e autosuficiencia para o desenvolvemento integral da súa personalidade.
3. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
3.1. Traballar a relaxación: segmentaria e total
3.2. Realizar unha correcta respiración costoabdominal, Aumentar a capacidade torácica. Conseguir un sopro controlado.
3.3. Realización de exercicios: bucolinguofaciais, mandibulares e velares
3.4. Traballar a discriminación auditiva en sons, fonemas e palabras.
3.5. Traballar a memoria auditiva partindo dos ritmos
3.6. Traballa-la percepción e memoria visual
3.7. Traballa-la atención
3.8. Traballa-la orientación espacio-temporal: cores, formas, tamaño, direccionalidade, lateralidade, …
3.9. Potencia-la comprensión e expresión oral
3.10. Traballa-la coordinación fina, grosa, óculo-manual
3.11. Traballa-la lectoescritura
3.12. Traballar hábitos de autonomía e conducta
3.13. Traballar contados do entorno social e natural
3.14. Traballar a área lóxico-matemática: razonamento, seriación, clasificacións, cálculo, numeración, …
4. CONTIDOS
4.1. Os contidos básicos para tratar neste curso son:
4.1.1. Relaxación
4.1.2. Respiración
4.1.3. Articulación
4.1.4. Precepción auditiva:
4.1.4.1.Discrininación auditiva
4.1.4.2.Memoria auditiva
4.1.5. Percepción visual
4.1.5.1.Discriminación visual
4.1.5.2.Memoria visual
4.1.6. Atención
4.1.7. Orientación espacio-temporal
4.1.8. Comprensión e expresión oral
4.1.9. Coordinación
4.1.9.1.Motricidade fina
4.1.9.2.Motricidade grosa
4.1.10. Lectoescritura
4.1.11. Hábitos de autonomía e conducta
4.1.12. Lóxica matemática
4.1.13. Estratexias para a resolución de problemas.
4.1.14. Técnicas de estúdio.
4.1.15. Coñecemento do medio social e natural
5. TEMPORALIZACIÓN
Os tempos semanais de atención o alumnado o longo do curso previsto están recollidos no P.A.D.. A referencia temporal e trimestral de maneira que o remate de cada trimestre farase unha revisión dando altas naqueles casos rehabilitados e collendo novos alumnos que precisen atención.
6. AVALIACIÓN
A avaliación vai ser formativa e continuada e sempre tendo en conta posibles avances ou retroceso.
Do mesmo xeito elaboraranse rexistros de vocabulario para facilitar a labor educativa nos casos en que proceda.
6.1. Inicial
Información dos titores
Psicopedagóxica: realizado polo equipo de orientación, garantindo a detección precoz das dificultades
6.2. Contínua:
Analizará a adquisición dos obxectivos o longo do proceso de reaprendizaxe. Unha vez superadas as dificultades os alumnos poderán integrarse normalmente nas actividades da sua aula
6.3. Final
No caso de adaptacións significativas, teranse en conta os obxectivos e criterios de avaliación fixados para eles nas A.C.S. correspondentes. Trátarase dunha valoración cualitativa do progreso do alumno respecto ós obxectivos propostos na adaptación.