MENÚ DO MES DE NOVEMBRO
COMEDOR ESCOLAR 2024-2025
A
Consellería informa de erros nas instrucións que publicou sobre os
comedores escolares. En aplicación das novas instrucións, para o cálculo
do custe do comedor deberán COMPUTAR OS DOUS no caso de custodia compartida e parellas de feito.
As persoas que xa entregaron este Anexo II co cálculo do comedor
escolar e se atopen neste caso deberán cubrilo novamente e achegalo ao
colexio.
ANEXO II - CÁLCULO CUSTE COMEDOR ESCOLAR
COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024-2025
O comedor é un servizo moi importante pero atopa moitas dificultades para cubrir os 15 postos de colaboración necesarios. En consecuencia, faise un chamamento ás familias para a súa implicación polo que se abre o prazo para ser colaboradoras/es ata o 3 de setembro. Poden presentar esta solicitude as persoas que teñan fillos/as no colexio e non colaboraran no comedor o curso pasado máis de 36 días. De no cubrirse as prazas poderán acceder a esta colaboración outros familiares do alumnado, ex-colaboradoras, persoas relacionadas coa comunidade educativa, así como persoal que participe en programas de voluntariado social, concello, ONGs, etc. Percibirán 12,50€ por día de colaboración e terán dereito a comer gratuitamente. Deberán recoller a solicitude no colexio onde recibirán máis información ata o 12 de xullo, das 9h00 ás 14h00 e do 15 ao 31 de xullo das 10h00 ás 12h00.
RECIBOS DO COMEDOR DO MES DE XUÑO 2024
As familias que pagan o comedor mediante as follas de taxas poderán recoller as do MES DE XUÑO no colexio ata o 12 de xullo, en horario das 9h00 ás 14h00, dado que as taxas deste mes non poden ser enviadas polo alumnado.
Comedor de Infantil
O alumnado de Educación Infantil xanta nunha quenda en
espazos diferenciados no comedor, según os grupos de aula.
Comedor de Primaria
|
Quenda
única
|
1ºA, 1ºB
|
Xantan nas súas aulas
|
2ºA, 2ºB, 2ºC
| Xantan nas súas aulas |
1ºC
|
Xantan nunha aula próxima á cociña
|
3º, 4º, 5º e 6º
|
Xantan no comedor por grupos de aula.
|
|
|
Alimentos ecolóxicos no comedor:
o colexio busca sempre poder ofrecer o mellor en todos os ámbitos para
os seus alumnos, dentro das súas posibilidades. Por este motivo, e
desde hai xa tempo, ven ofrecendo os mellores alimentos no comedor
escolar, conscientes da importancia que ten unha alimentación saudable
no crecemento e desenvolvemento dos nenos e nenas. Así, por exemplo, só
se cociña con aceite de oliva e están descartados produtos elaborados
tales como salchichas, hamburguesas, san xacobos, barriñas de pescado,
etc.
No comedor escolar son ofrecidos numerosos productos procedentes da agricultura ecolóxica, entre os que se salientan os iogures da Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña), o queixo de Avega (Agolada, Pontevedra) ou o leite de Ecoleia (Allariz), para o arroz con leite e a bica con cacao. Todos estes produtos levan o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Tamén se ofrece o igour de Loureiro.
A
maiores todas as pastas, spaghettis, macarróns e cererais así como as legumes tales como lentellas, fabas e garavanzos proceden de Ecolecera e están certificados polo Comité Aragonés de la Agricultura Ecológica.
Entre
outras vantaxes, como o seu mellor sabor ou textura, todos estes
alimentos teñen como denominador común non ser tratados con sustancias
químicas de síntese nin ser procedentes de organismos modificados
xenéticamente.
INFORMACIÓN SOBRE O COMEDOR ESCOLAR
O comedor
escolar atende a unha necesidade importante para moitas familias prestando un
servizo moi estimable e fai un especial esforzo en ofrecer aos alumnos
alimentos naturais polo que ten eliminado a dos menús escolares alimentos pouco
saudables como bolería, conservas, San Xacobos, salchichas, hamburguesas, etc,
en favor de legumes, cereais, verduras, pescados, carnes e froitas, moitos procedentes da agricultura ecolóxica con certificación. Así por
exemplo só se cociña con aceite de oliva.
Unha das tarefas básicas das familias é acostumar
a que o alumno coma de todo, tarefa na que o colexio non pode ir en solitario.
Unha vez máis pídese a implicación das nais e pais para que desde as súas casas
se lles acostume a probar de todo tipo de alimentos xa que o comedor ten
atopado dificultades para que certos alumnos coman de toda a variedade que se
lles ofrece. Con máis razón cando son pratos tradicionais que aportan un valor
nutritivo esencial para o seu crecemento.
O uso do
comedor por parte dos alumnos debe ter en conta o cumprimento de certas normas.
Normas que foron aprobadas polo Consello
Escolar, o que motiva o seu obrigado cumprimento por parte daqueles alumnos e
familias que desexen beneficiarse deste servizo. É responsabilidade do persoal
colaborador do comedor cumprir co labor de coidado, atención educativa e apoio
ás actividades propias do mesmo pero tamén é das familias educar aos nenos e
nenas para que fagan un uso correcto respectando aos seus compañeiros e persoal
colaborador. O incumprimento reiterado das normas será comunicado ás familias e
pode dar lugar a algún tipo de actuación.
O
funcionamento e atención ao comedor escolar sería impensable sen o traballo
diario das nais/pais colaboradores que poñen o mellor da súa parte para que os
alumnos podan facer uso deste importante servizo, motivo polo que merecen o
máximo respecto dentro e tamén fóra do colexio.
Normas do
comedor para o alumnado
§ Facer os desprazamentos entre a aula ou patio ata o
comedor e viceversa, en orde e respectando aos compañeiros.
§ Non levantar a voz no comedor.
§ Respectar o lugar que se ocupa na mesa sen molestar aos
compañeiros/as.
§ Respectar as ordes dadas pola encargada do comedor e as
colaboradoras.
§ Dirixirse á encargada e ao persoal colaborador co debido
respecto.
§ Respectar o mobiliario, aparellos e útiles do comedor
(garfos, culler, coitelos, etc).
§ Respectar aos compañeiros no patio e nas actividades
levadas a cabo antes e despois de comer.
§ Non levantarse da mesa sen motivo xustificado.
§ Solicitar a presenza da colaboradora ou encargada
erguendo a man e sen berrar.
§ Axudar nas tarefas de servidores con responsabilidade.
§ Non levar xoguetes e menos xogar con eles ao hora de
comer.
Normas do
comedor para as familias
v
Inculcarlle
aos seus fillos actitudes de respecto ao servizo do comedor, persoal
colaborador, encargada e alumnado.
v
Abonar os
danos que se produzan polo indebido uso dos aparellos do comedor (rotura
intencionada de vasos, culleres, garfos, etc).
v
Axudar a
respectar as normas do comedor, horarios e organización.
v
Os pais e
nais e o persoal debidamente autorizado deberán asinar o impreso para a saída
dos alumnos no tempo do comedor.
v
Informarse
coa encargada e colaboradoras das posibles incidencias que teñan lugar.
v
Os pais e
nais deberán estar sempre localizables na hora do comedor escolar.
v
Os pais e
nais recollerán ao seu fillo/a á hora do comedor previa identificación e
xustificación por escrito.
v
Consultar
problemas e dúbidas directamente co colexio para obter as posibles solucións.
v
Respectar
as persoas colaboradoras do comedor escolar, tanto no tempo escolar coma fóra
do colexio.
Estas normas foron aprobadas polo Consello Escolar.