MAGOSTO EN INFANTIL
Seguindo a tradición dos cursos anteriores, o martes, 12 de novembro, o colexio celebrou o Magosto.
O Magosto de Infantil: os alumnos e alumnas de Educación Infantil celebraron o magosto, no seu colexio. Este día comeron empanadas, bolos preñados e rosquillas. Durante esta actividade participaron no patio en diferentes e divertidos xogos relacionados coa castaña.
UXÍA MORÁN, contando historias polo Samaín
En relación a celebración do día do Samaín e da Biblioteca, un curso máis, estivo no colexio a escritora Uxía Morán que deleitou ao alumnado con súas fermosas historias.
Convivencia de 5º cos maiores do Centro de Día polo Samaín
Seguindo actividades anteriores que buscan a participación dos maiores na vida colexio, o 27 de outubro, o alumnado de 5º de Primaria tivo unha entrañable xornada de convivencia cos maiores do Centro de Dia preparando a decoración do Samaín. Unha magnífica experiencia de intercambio interxeracional tanto para as nenas e nenos como para as avoas e avós.
Carlos Da Aira no colexio
ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO
O alumnado de 6º de Primaria tivo unha actividade de iniciación ao piragüismo, o día 3 de maio, no Club Naútico de Castrelo de Miño.
Día do Libro e Biblio-patio
Durante a semana do 22 ao 26 de abril celebrouse no colexio o Día do Libro con diferentes actividades entre as que cabe citar a presenza de Estefanía Padullés e a Biblio-Patio. Esta actividade no patio busca sacar aos libros do seu contexto habitual, como pode ser a aula e a biblioteca escolar, para trasladalos a outro espazo de lecer como é o patio escolar.
ACTIVIDADE CON ECOPERCUSIÓN
DANZA COA CASA VELLA DE AMIADOSO
O alumnado de 4º a 6º de Primaria tivo un primeiro contacto co mundo da danza, o 22 de abril, no pavillón de deportes, da man da compañía de Elvi Balboa da Casa Vella de Amiadoso que representou o espectáculo Anöa dentro do Ciclo de Artes Vivas. Rematada a actividade, fixeron un coloquio co alumnado sobre o espectáculo presenciado. Este espazo trata de establecer un novo compromiso entre a creatividade artística e o medio rural.
TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ
Con motivo do inicio da Primavera, e coa colaboración do Club de Xadrez As Burgas, responsable desta actividade extraescolar no noso centro, celebrouse o 20 de marzo o torneo de xadrez na biblioteca. Torneo no que participou alumnado do colexio que obtivo importantes premios nas categorias sub 8, sub 10 e sub 12.
TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS
Coa colaboración do SERGAS e o Centro de Saúde de Allariz o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivo, durante o mes de marzo, un obradoiro de primeiros auxilios que lles permitiu adquirir nocións básicas para saber actuar ante pequenos problemas como feridas, queimaduras, etc. E incluso ante situacións máis complicadas. Esta actividade foi impartida por profesionais da enfermaría seguindo as recomendacións da OMS na campaña “Kids Save Lifes”.
O colexio realizou durante os meses de novembro e
decembro o casting do V Concurso
"Ti si que vales". Este festival está organizado polas áreas
de Música e Educación Física. O profesorado realiza actividades ao longo do
curso encamiñadas a mellorar a convivencia no centro entre os alumnos e as
alumnas razón pola que este concurso forma parte dunha desas iniciativas.
Coa
actividade “Tí si que vales” trátase
de facer comprender ao alumnado que todos son moi valiosos e que teñen unhas
boas cualidades. Unha sana autoestima está na base dunha boa asertividade
esixindo que se valore a nosa persoa, á vez que valoramos aos demais. Esta iniciativa articúlase arredor de varios eixes transversais que gardan
relación coa prevención de todo tipo de acoso e violencia escolar.
25n día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.
Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero. Entre estas actividades destacar a canción “Ja sei namorar” que o alumnado de 6º de primaria adicou ao alumnado de Infantil e Primaria.
Non conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco.
O DEPORTE ESCOLAR
Os alumnos e alumnas do colexio participaron, o día 17 de novembro de 2023, nas probas de cros celebradas nas pistas de Monterrei. Os resultados obtidos cos equipos clasificados para a proba provincial, así como os premios obtidos a nivel individual foron moi satisfactorios. Non obstante, este día será tamén lembrado como unha gran xornada de convivencia con outros rapaces e rapazas dos colexios da zona.
Colaboración coa Federación Galega de Hókey
Co fin de ter un mellor coñecemento da actividade de hocekei, durante a semana do 8 ao 12 de maio, o alumnado de 1º a 5º de Primaria contou na área de Educación Física coa presenza de monitores da Federación Galega de Hockei.
Carreira Solidaria co IES de Allariz
Torneo de Volei intercentros
ACTIVIDADE NA RESERVA DA
BIOSFERA – ÁREA DE ALLARIZ PARA 4º
Conta-contos en infantil e Primaria
O 13 de marzo estivo co alumnado de Infantil e
primeiro ciclo de Primaria o conta-contos e ilustrador Benxamín Míguez Nóvoa. Nas súas narracións suceden feitos
fantásticos nos que un osiño asusta a un monstro ou se contan as incribles
historias que lle aconteceron a un neno presumido. Todas estas historias
fixeron desenvolver a imaxinación das nosas nenas e nenos. Unha actividade esta
na que se valora especialmente a construción que o alumnado debe facer co seu
pensamento dos feitos que se lle están a contar. Narracións que veñen a potenciar
a súa creatividade, o seu vocabulario,
etc. Algo ben diferente á actitude totalmente pasiva diante das pantallas nas
que tanto tempo de lecer ocupa hoxe a cativada.
8 DE MARZO – DÍA DA MULLER
Os alumnos e alumnas do colexio participaron, o día 24 de
xaneiro de 2023, nas probas de atletismo celebradas nas pistas de Monterrei.
Os resultados obtidos
cos equipos clasificados para a proba provincial, así como os premios obtidos a
nivel individual foron moi satisfactorios. Non obstante, este día será tamén
lembrado como unha gran xornada de convivencia con outros rapaces e rapazas dos colexios da zona.
COLABORACIÓN SOLIDARIA DE NADAL
O colexio, en cooperación con Protección Civil, recolleu alimentos (perecedoiros ou non) e produtos propios do Nadal na entrada dos patios de Infantil e Prima o xoves 22. Moitas grazas a todas as familias que colaboraron nesta nobre causa.
Coa actividade “Tí si que vales” trátase de facer comprender ao alumnado que todos son moi valiosos e que teñen unhas boas cualidades. Unha sana autoestima está na base dunha boa asertividade esixindo que se valore a nosa persoa, á vez que valoramos aos demais.
A VISITA DO APALPADOR
OS MAIORES EN
INFANTIL
25N día internacional para a
eliminación da violencia contra as mulleres
O
colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as
mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso
alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.
Este
centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade
entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e
estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas
e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero.
TALLER DE PRIMEIROS
AUXILIOS 3º e 4º
Os alumnos e
alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria en colaboración co SERGAS, tiveron
os días 22 e 23 de novembro un taller de primeiros auxilios que lles
permitiu coñecer mellor as situacións de emerxencia máis habituais e como
actuar. Preséntouse en dous módulos: o primeiro refírese á febre, diarreas,
vómitos, golpes, feridas, queimaduras, etc. O segundo permitiu coñecer
diferentes situacións de riscos e como alertar aos servizos sanitarios.
Samaín con-sumo
coidadín
Ciberseguridade para 6º de Primaria
Festa do Boi: Os Monicreques
Un ano máis os alumnos e alumnas deste
colexio viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense nos cativos que
viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa.
Nesta dramatización, e axudados polos monicreques, representan os
diferentes gremios que había en Allariz, tales como os zapateiros, os
muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros. Esta actividade celebrouse o día 15 de xuño.
XII FESTIVAL DE XARDÍNS
Iniciación ao golf para 5º de Primaria
No Real Montealegre Club de Golf, o alumnado de
5º de Primaria tivo programada a participación unha actividade de inciación ao
golf, o día 14 de xuño. Esta actividade estivo organizada polo Deporte Escolar
(Ourense), dependente da Secretaría xeral para o Deporte. Para a realización da mesma contaron con persoal
cualificado.
Excursión á Manzaneda - 4º Primaria
O
día 6 de xuño, o alumnos e alumnas de 4º de Primaria realizaron unha excursión
a Manzaneda. Durante a mesma participaron en diferentes actividades.
DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS – 20 DE MAIO
O día 20 de maio
foi declarado pola Federación Internacional de Asociacións de Apicultura como o
Día Mundial das Abellas. Por este motivo a Asociación Galega de
Apicultura desenvolveu ese día, dentro do Festival de Xardíns, unha
interesante actividade divulgativa sobre a importancia das abellas e os
polinizadores. Os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria coñeceron a
importancia que teñen estes insectos para manter a biodiversidade e tamén
participaron en varios obradoiros nos que vestiron o traxe abelleiro,
elaboraron candeas de cera, casas de polinizadores e probaron diferentes
tipos de meles.
2 de maio - Día Internacional contra o Acoso Escolar
BOOK FACE
OS MINI MAIOS
Por segundo ano consecutivo foron realizados, coa colaboración das familias, os Mini Maios que tan boa aceptación volveron a ter. Trátase de que cada familia, de forma voluntaria, elabore o seu propio maio seguindo unhas sinxelas instrucións que reciben do colexio. A maiores cada curso elaborou a súas propias coplas que foron cantadas ao carón dos Mini Maios expostos na Alameda durante a mañá do 29 de abril. Dende o colexio agradécese ás familias a súa colaboración polo traballo feito.
TEATRO EN INFANTIL
CIRCUITO PUM TRACK
8 DE MARZO – DÍA DA MULLER
OBRADORIOS EMPRENDE
MAKERS
Tiveron lugar varios obradoiros prácticos para o alumnado de 6º de Primaria sobre iniciación á robótica e a Scratch dentro do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores. Esta actividade busca formar ao alumnado nas tecnoloxías makers e ten como obxectivo principal fomentar o emprendimento innovador. O proxecto Emprende Makers está financiado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e ao 25% pola Deputación.
CONCURSO PILABOT
O colexio participa este curso na terceira campaña de recollida selectiva de pilas mediante a súa inscrición no Concurso PILABOT. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desenvolvida en colaboración con Ecopilas, ERP e ECOLEC e mediante a cal busca sensibilizar ao alumnado sobre a importancia que ten a recollida destes residuos. O concurso comezou o 13 de xaneiro de 2022 e rematará o 31 de marzo de 2022. Todos os centros participantes contamos con seis semanas lectivas nas que se tratará de acumular a maior cantidade posible de pilas. A maiores o colexio contará cun taller didáctico.
A VISITA DO APALPADOR
Por iniciativa da Anpa, o
martes, 21 de decembro, chegou un ano máis ao colexio o Apalpador dende as
montañas do Courel para agasallar aos nenos e nenas. Este ano trouxo a caixiñas
máxicas que deben ser colocadas, xunto coa carta, ao carón da árbore de Nadal
para que se cumpran todos os desexos.
RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES
25-N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA EN CONTRA DAS
MULLERES
O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia en contra das mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.
Este
centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade
entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e
estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas
e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero.
Non
conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel
de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e
os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco.
MAGOSTO EN INFANTIL
MAGOSTO EN PRIMARIA
ACTIVIDADES DE CURSOS ANTERIORES
A FESTA DO BOI NO COLEXIO 2021
OS MAIOS
OBRADORIO DE
ESCRITURA MEDIEVAL
MARZO - DÍA DA MULLER
Con motivo da celebración o 8 de marzo como Día da Muller serán realizadas no colexio diferentes actividades entre o alumnado. Trátase de concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia da súa presenza na sociedade e como contribución tamén a erradicación de todo tipo de desigualdades e estereotipos.
Con
motivo da celebración do Día Internacional do Cancro Infantil, o 15 de
febreiro, ANPA e colexio desenvolveron conxuntamente unha interesante
iniciativa que permitou achegar ao noso alumnado a realidade que día a
día viven outros nenos e nenas das súas idades. Esta inciativa consistiu
na realización de cartas e debuxos que por medio da Fundación Juegoterapia
serán achegadas aos diferentes hospitais nos que se encontran
ingresados. Esta fundación ten como obxectivo principal facer todo o
posible para que estos nenos e nenas teñan unha boa estancia. Sinalar de
forma especial o grande interese mostrado polo noso alumnado para que
lles chegue todo o seu cariño. Tamén compre destacar e agradecer a
colaboración das familias.
ESTUDANDO O RELEVO EN 3º
PRIMARIA
Este mes de febreiro o alumnado de 3º de Educación Primaria estivo estudando as características do relevo. Para acadar unha mellor comprensión, as nenas e nenos crearon unha maqueta con cada aspecto da paisaxe, tanto do interior como da costa. Aquí tedes as maquetas que fixeron con moito coidado co fin de que foran o máis realistas posibles.
O colexio participa dende o curso 2018 no Programa Voz Natura.
Voz Natura é o programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia desenrolado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.
Desde entón levamos a cabo diferentes actividades: Creación dun horto escolar, coidado de galiñas, charlas, murais, etc. A maioría delas publicitadas no blog A HORTA DE AURI
Ademais, este ano pedimos a vosa participación voluntaria no uso activo de dito blog. Podedes mandarnos fotografías de actividades que realicedes cos vosos fillos, saídas ó campo, recollida de basura, recomendacións de libros, artigos, obras de arte realizadas con elementos da natureza xa que non só se coida o medioambiente na escola, tamén fóra.
Para facernos chegar as vosas propostas, deixámosvos a seguinte dirección voznaturaallariz@outlook.es
Magosto de 6º de Primaria
Como consecuencia da actual pandemia o colexio non pudo celebrar o tradicional magosto con todo o alumnado de Primaria no campo de Torneiros, ao igual que acontecía nos cursos pasados. Non obstante, dado que para o alumnado de 6º este era o seu último ano no colexio e non volverán ter xa outra oportunidade, foi necesario buscar a forma de que tiveran a ocasión de poder celebralo. Consideramos que o resto do alumando dos outros cursos terán a opción de retomar esta actividade no próximo ano escolar. Finalmente o magosto foi celebrado no campo de Torneiros, o venres 20 de novembro. Para esta actividade respetouse a formación dos grupos de convivencia estable de cada clase polo que se desprazaron ao monte nun autobús por aula. A súa vez tiveron no campo de Torneiros os seus espazos nos que poder ter un lume, xogar e xantar. Sempre co uso obrigartorio da máscara que só foi retirada para atender á comida e a bebida. Esta actividade foi totalmente gratuíta.
Semana da muller na ciencia
Esta actividade levouse a cabo por iniciativa da ANPA. Estivo orientada tanto ao alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil como para todo o alumnado de Educación Primaria. Esta actividade busca promocionar a igualdade entre homes e mulleres con especial atención ao rexeitamento da violencia contra a muller. Coa celebración da Semana da muller na ciencia trátase de que o alumnado descubra o papel da muller na ciencia e na sociedade en xeral.
Na Educación Infantil o alumnado por medio de xogos relacionados coas constelacións fixo unha introdución lúdica ao coñecemento da vida da cosmonauta Valentina Tereshkova. Deste xeito o alumnado máis cativo tivo un primeiro achegamento ao papel da muller no desenvolvemento da ciencia.
O alumnado de 1º a 6º de Primaria tivo diferentes actividades coas que achegarse ao papel da muller na ciencia. Así, o alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da hixiene na nosa saúde por medio da historia de María Tifoidea. Os cursos de 3º e 4º de Primaria tiveron a actividade "A ciencia ten xénero?" por medio da cal se tratou de rachar o prexuízo de que as tarefas a desenvolver entre homes e mulleres son diferenetes dado que estas últimas só atenden ós labores domésticos.
Finalmente os cursos de 5º e 6º de Primaria xogaron ao "Trivial con-ciencia". Este xogo busca que o alumnado coñeza a ciencia por medio do traballo das mulleres e non só dos homes.
A muller na arte: xogando a pequenas
grandes artistas
Esta actividade lévouse a cabo por inciativa da ANPA e está dirixida ó alumnado de primaria. A súa realización será durante 2 semanas consecutivas do mes de outubro, realizando 3 sesións ó día, ocupando un total de 5 días. Os talleres están sendo impartidos no patio cuberto por ser o espazo máis apropiado. Nesta actividade o alumnado coñece ás Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. A continuación preséntanse as artistas que se abordarán para o estudio das súas técnicas. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.
Remedios Varo, foi unha escritora e pintora surrealista española que mesturaba o científico, o místico, o esotérico e o máxico.
Georgia O ̈Keeffe, foi unha pintora modernista estadounidense.
Maruja Mallo, foi unha pintora galega surrealista que foi integrante da xeración do 27.
Menchu Lamas, é unha pintora galega (Vigo 7 de Xullo de 1945), que camiña entre a figuración e abstracción.
ACTIVIDADE:
HEROES CONTRA O CORONAVIRUS
Na actual situación de pandemia que atravesamos resulta fundamental axudar ao noso alumando a tomar conciencia sobre a mesma. Esta actividad é promovida dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras en colaboración co grupo de educación para a sáude “Pupas, Sustos e Outros Desgustos”. Este grupo xa é coñecido no noso colexio pois en cursos pasados realizaron interesantes e prácticos obradoiros de primeiros auxilios co alumnado de 4º de Primaria. Nesta ocasión levan a cabo o programa “Heroes contra o coronavirus” que busca concienciar da importancia da educación sanitaria. Trátase dunha actividade de formación concéntrica que se estende polo colexio a partires dun grupo de alumnos e alumnas que son os que recibirán directamente a primeira formación específica, durante a mañá do día 1 de outubro. En consecuencia hai un obradoiro diferente para cada nivel educativo de Educación Infantil e Educación Primaria.
Na
Educación Infantil desenvólvese un obradoiro nunha das aulas. No noso
caso será na aula de 6º de Infantil B, onde a súa mestra xa forma parte
do Equipo Covid do colexio. Realizado este obradoiro queda material de
apoio ao profesorado que a súa vez permitirá a formación do resto do
alumnado.
Na Educación Primaria realízase unha selección previa de 2 alumnos/as por aula que formarán o “Comité de Expertos: Herores contra o coronavirus” do colexio. Unha vez recibida a formación poderán impartir os talleres aos seus compañeiros. Obxectivo importante será estimular ao alumnado no cumprimento das normas de prevención fronte a Covid 19.
ACTIVIDADES DOS CURSOS PASADOS
ACTIVIDADES DO MEDIO AMBIENTE
TORNEOS DE BÁDMINTON
COMPETICIÓNS DE MULTIXOGOS COLABORATIVOS
THE TRAFFIC SNAKE GAME
O ENTROIDO
Mamma Mia!!
Grease
O Mago de Oz
Cantando baixo a choiva
24 de febreiro, día de ROSALÍA
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos lembrar o nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837. A gran Rosalía sabía que na creación literaria a idea é sempre superior á palabra. PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS...!!
Mostramos agora como viron a Rosalía os nenos e nenos do noso colexio:
Clica no seguinte enlace para escoitar como os nosos alumnos recitan a Rosalía.
AUDIO DOS ALUMNOS SOBRE ROSALÍA
O DÍA DA PAZ
O NADAL NO NOSO COLEXIO
A VISITA DO APALPADOR
A VISITA DO PAXE REAL
CONCURSOS TI SI QUE VALES
A dinámica é similar ao do coñecido programa da TV pero sempre motivando e animando aos alumnos e alumnas á participar e a superarse. Hai diferentes modalidades: maxia, chistes, canto, baile, acrobacias, patinaxe, instrumentos musicais, teatro, etc.
OS XOGOS OLÍMPICOS DE ALLARIZ
Por quinto ano consecutivo foi concedida polo Comité Olímpico Internacional unha autorización especial para poder celebrar unha edición dos Xogos Olímpicos no noso colexio. Para tan importante ocasión foron admitidos todos os alumnos de Educación Primaria que cursan a área de Educación Física. O premio outorgado a cada participante foi a satisfacción da propia superación persoal.
OS MAGOSTOS
O Magosto de Primaria
O SAMAÍN
Festa do Boi - "Os Monicreques": Un ano máis os alumnos e alumnas deste colexio viaxan no tempo ata a Idade Media. Convértense nos cativos que viviron naquela época para deste xeito dar vida a lenda de Xan de Arzúa. Nesta dramatización, e axudados polos monicreques, representan os diferentes gremios que había en Allariz, tales como os zapateiros, os muiñeiros, os ferreiros, os tablaxeiros, os panadeiros ou os carniceiros.
PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS
Os simulacros de evacuación, unha vez avaliados, serán posteriormente realizados todos os cursos durante o primeiro trimestre co fin de que os alumnos se habitúen ás pautas que deben seguir no caso dunha emerxencia.
ECOAUDITORÍAS DO COLEXIO
Os "ecoauditores" recollen todo tipo de datos que lles permitan diagnosticar a calidade ambiental do colexio.
O PADRE FEIJOO
Os alumnos reciben explicacións sobre o Principio de Pascal e mediante unha práctica comprenden o funcionamento da maquinaria moderna que se fundamenta en dito principio (os elevadores hidráulicos, etc).
Varios alumnos reproducen o experimento levado a cabo por Von Guericke en 1654 e no que se demostraba a enorme forza que pode exercer a atmósfera.