PERÍODO DE ADAPTACIÓN
No seguinte enlace poderá consultar o período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil para o curso 2025-2026.
HORARIOS DO CURSO 2025-2026
Entrada ás 9h10 para Infantil e ás 9h15 para Primaria.
SAÍDA ALUMNADO NON COMENSAL |
|
|
4º de INFANTIL |
13h55 |
Todo o alumnado non comensal. |
5º de INFANTIL |
14h00 |
Todo o alumnado non comensal. |
6º de INFANTIL |
14h05 |
Todo o alumnado non comensal . |
1º, 2º |
14h10 |
Todo o alumnado non comensal . |
3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA |
14h15 |
Todo o alumnado non comensal. |
SAÍDA ALUMNADO COMENSAL |
|
|
INFANTIL |
14h50 |
Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
PRIMARIA |
15h00 |
Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
Alumnado de Infantil e Primaria usuario do bus da Consellería. |
15h25 |
Todo o alumnado comensal de Infantil e Primaria usuario do transporte escolar da Consellería. |
Actividades Extraescolares: Durante o
mes de setembro achegarase un impreso para solicitar as actividades
extraescolares. O alumnado comensal que participe en ditas actividades será
incorporado polo colexio ás mesmas sen necesidade de que acudan as familias.
Estas actividades serán de outubro a maio.
3 anos
Sobre o cálculo do custe do comedor
En ausencia de matrimonio ou nos casos de
separación legal:
A unidade familiar estará integrada pola nai ou polo pai e a totalidade dos fillos/as que convivan coa nai ou co pai e reúnan os requisitos do anterior apartado a). Neste concepto están incluidas as parellas de feito.
Nos casos de separación legal ou ausencia de matrimonio nos que a garda custodia sexa compartida, se non se xustifica a existencia de mutuo acordo entre os proxenitores para que á “tributación conxunta” se acolla un ou outro, os dous proxenitores deberán tributar en réxime de “tributación individual”.
Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, non constitúe unidade familiar a efectos do IRPF. Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo. O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de 2024.
AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR 2025-2026
Redistribución do alumnado de 1º e 3º de Primaria
Partimos de que a distribución do alumnado nas aulas corresponde principalmente a un criterio alfabético aplicado no momento da súa escolarización en tres anos. Lóxicamente, co paso dos cursos donde se vai coñecendo moito mellor aos nenos e nenas, sumado a interacción entre eles, proporciona unha experiencia que mostra que ese reparto debe ser reaxustado para unha mellor optimización do aproveitamento educativo. A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que tratan de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. En consecuencia, trátase de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución do alumnado será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil, 2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.
CRITERIOS
1. Favorecer a interacción social.- Permitir que o alumnado inicie novas relacións de amistades sen por iso perder as anteriores xa que van a seguir compartindo moitos espazos e actividades en común; patio de recreo, comedor, actividades complementaria e extraescolares, etc. Proporcionar novas oportunidades a aquel alumnado que foi quedando máis illado.
2. Compensar as necesidades do alumnado.- A distribución inicial que se fai do alumnado por orde alfabética cando teñen tres anos non se corresponde en moitos casos cun equilibrio entre os grupos dun mesmo nivel respecto a alumnos/as con necesidades de reforzo educativo ou de atención á diversidade. Cómpre polo tanto compensar este alumnado realizando un reparto equilibrado entre os grupos.
3. Evitar rivalidades.- Cando os grupos conviven sen cambios durante largos espazos de tempo a aparición de rivalidades pode resultar inevitable. Estas afectan tanto as familias como ao alumnado. Certos conflitos que se poden orixinar no colexio teñen que ver con estas actitudes.
4. Romper liderazgos.- Outra consecuencia da convivencia durante largos períodos de tempo é a aparición de líderes e/ou grupos dominantes que poden monopolizar a outros nenos e nenas en función dos seus intereses. Os cambios de grupo permiten rachar con estas malas inercias.
5. Preparar para os cambios.- Trátase de ir aprendendo a adaptarnos aos cambios que a vida nos vai a ir presentando.
Nos seguintes enlaces poderá acceder aos listados das redistribucións de 1º e 3º para o curso 2025-2026. Para este curso o alumnado de 5º non será redistribuido dado que coa formación dos 3 grupos en 4º xa tivo tres.