LIBROS DE TEXTO




                           2023-2024

 

 BANCO DE LIBROS PROVISIONAL

Mañá, 4 de xullo,  estarán expostas no taboleiro INTERIOR do colexio as listas do banco de préstamo co número de libros asignados. Por instrucións da Consellería non haberá outra forma de publicación, agás os solicitantes por vía electrónica que poderán acceder ao seu expediente na aplicación fondolibros coa Chave 365 ou certificado dixital. As reclamacións poderán ser formuladas os días 5 e 6 de xullo. A lista definitiva coa relación dos libros por materia será publicada o venres 7. O horario para a consulta dos listados será das 9h00 ás 14h00, ata o 15 de xullo. Os libros asignados serán entregados ao alumnado en setembro.

 


AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL


AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DE 1º e 2º PRIMARIA

As familias poderán recoller no colexio, dende o xoves 29 de xuño e ata o 14 de xullo, os vales dos libros de texto e de axudas para material de 1º e 2º de Educación Primaria, das 9h00 ás 14h00.


AXUDAS PARA MATERIAL DE 3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA

As familias poderán recoller no colexio, dende o xoves 29 de xuño e ata o 14 de xullo, os vales de axudas para material, das 9h00 ás 14h00.


BANCO DE LIBROS DE 3º, 4º, 5º e 6º

As familias terán información sobre o banco de libros de 3º, 4º , 5º e  6º o 4 de xullo.



LIBROS DE TEXTO 2023-2024


Enlaces aos listados dos libros de texto do curso 2023-24:











 
 















Fondo libros e axudas de material 2023-2024


No DOG do 19 de maio de 2023 foi publicada a Orde do 10 de maio de 2022 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para material para o curso 2023-2024.


INFORMACIÓN SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA, AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE 1º E 2º DE PRIMARIA E AXUDAS PARA MATERIAL
 
Informamos que a Consellería ven de establecer a participación no fondo solidario de libros de texto (banco de libros) para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, as axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de Primaria (ambos cursos non teñen banco de libros), así como as axudas para adquirir material. A solicitude será única para todos os fillos/as que estean escolarizados neste colexio para o curso 2023-2023. O prazo de presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2021.  


Formas de presentación

1. FORMA PREFERENTE: na aplicación Fondolibros (www.edu.xunta.es/fondolibros). Posteriormente poderán presentala no colexio (anexos I e II), xunto coa documentación que corresponda, ou ben presentala xa na Sede Electrónica (http://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poden empregarse os mecanismos de identificación e sinatura da sede electrónica incluíndo a Chave 365.

2. Cubrindo a solicitude impresa que se achegará polo alumnado ou que tamén se pode recoller na Seceretaría do colexio. Unha vez cuberta deberá entregarse, xunto coa documentación que necesite cada caso,  directamente no colexio.

IMPORTANTE: O COLEXIO NON FARÁ FOTOCOPIAS DOS SEUS DOCUMENTOS. DEBERÁ TRAER A DOCUMENTACIÓN NECESARIA XA FOTOCOPIADA.


Asignación de libros de 3º, 4º, 5º e 6º

a)  Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

- Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o colexio adquirirá os libros de texto complementarios necesarios para garantir.-: 

1) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) li­bros de texto.
2) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.
3) Ao alumnado cunha discapaci­dade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros ou unha axuda de 300€, con independencia da renda, cando non poida usar os libros de texto do curso e non existan os adecuados no banco.
4) Para o alumnado de NEE que non poida usar libros de texto e non existan os adecuados no banco, a axuda será de 240€ ou 160€, segundo a renda per cápita da unidade familiar e coa que poderá adquirir os libros ou o materail didáctico que se lle indique no colexio. 

Os libros serán entregados aos alumnos ao inicio do curso 2023-2024, no mes de setembro.  

Prazos estimados para o fondo de libros

·  A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro o 4 de xullo de 2023.

·  Poderase formular reclamación no centro os días 5 e 6 de xullo de 2023.

·  A relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas publica­rase no taboleiro o 7 de xullo de 2023.

 
Contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º
a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 240 €.
b) Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou infe­rior a 10.000€: 160€.
c) Para o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % a axuda será de 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar. 
 
A recollida dos vales dos libros de 1º e 2º anunciarase no taboleiro exterior, na web do colexio e por Abalar móbil.
 

Contía da axuda para adquirir material escolar

Para o alumnado matriculado en Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€ será de 75 €. Con renda superior a 6.000e e inferior a 10.000e será de 60€. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

A recollida dos vales de axuda de material anunciarase no taboleiro exterior, na web do colexio e por Abalar móbil.



Como calcular a renda per cápita da unidade familiar

Sempre se terá en conta a situación familiar a 31 de decembro de 2021. Será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do ano 2021 (suma das rendas dos membros computables) entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exerci­cio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do afo­rro (recadro 460);. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita da unidade familiar.

Cando non se presentase declaración da renda, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Membros computables da unidade familiar 


a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración os tutelados ou en acollida familiar.
c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxei­tos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. d) Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.  


 Nos casos en que a composición familiar non se axuste aos puntos anteriores e non dispoñan de libro de familia, achegarán un certificado de convivencia no que figure o alumno/a e todos os familiares cos que conviva. Tamén pode achegar un certificado dos servicios sociais no que acredite a situación familiar. En todo caso terase en conta a situación personal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2021, agás nos casos de violencia de xénero.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior. Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. Tampouco terá esta consideración o agresor nos casos de violencia de xénero.


Documentación acreditativa

a) Cando se opoñan á consulta telemática deberán indicalo no recadro correspondente e ademais achegar os seguintes documentos: DNI/NIE, declaración da renda de 2021, certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, percepción de pensións por incapacidade total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente.


b) Achegarase copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, a sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia. Tamén mediante certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais.
c) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por órgano que non perteneza á Xunta de Galicia.

d) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.


e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.
 
Máis información  ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG 19 de maio de 2023)