Redistribución do alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria
Partimos de que a distribución do alumnado nas aulas corresponde principalmente a un criterio alfabético aplicado no momento da súa escolarización en tres anos. Lóxicamente, co paso dos cursos donde se vai coñecendo moito mellor aos nenos e nenas, sumado a interacción entre eles, proporciona unha experiencia que mostra que ese reparto debe ser reaxustado para unha mellor optimización do aproveitamento educativo. A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que tratan de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. En consecuencia, trátase de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución do alumnado será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil, 2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.
CRITERIOS
1. Favorecer a interacción social.- Permitir que o alumnado inicie novas relacións de amistades sen por iso perder as anteriores xa que van a seguir compartindo moitos espazos e actividades en común; patio de recreo, comedor, actividades complementaria e extraescolares, etc. Proporcionar novas oportunidades a aquel alumnado que foi quedando máis illado.
2. Compensar as necesidades do alumnado.- A distribución inicial que se fai do alumnado por orde alfabética cando teñen tres anos non se corresponde en moitos casos cun equilibrio entre os grupos dun mesmo nivel respecto a alumnos/as con necesidades de reforzo educativo ou de atención á diversidade. Cómpre polo tanto compensar este alumnado realizando un reparto equilibrado entre os grupos.
3. Evitar rivalidades.- Cando os grupos conviven sen cambios durante largos espazos de tempo a aparición de rivalidades pode resultar inevitable. Estas afectan tanto as familias como ao alumnado. Certos conflitos que se poden orixinar no colexio teñen que ver con estas actitudes.
4. Romper liderazgos.- Outra consecuencia da convivencia durante largos períodos de tempo é a aparición de líderes e/ou grupos dominantes que poden monopolizar a outros nenos e nenas en función dos seus intereses. Os cambios de grupo permiten rachar con estas malas inercias.
5. Preparar para os cambios.- Trátase de ir aprendendo a adaptarnos aos cambios que a vida nos vai a ir presentando.
REDISTRIBUCIÓN DE 1º DE PRIMARIA 2026-27
REDISTRIBUCIÓN DE 3º DE PRIMARIA 2026-27
REDISTRIBUCIÓN DE 5º DE PRIMARIA 2026-27
CURSO 2026-2027
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA INFANTIL
Esta xuntanza terá lugar o próximo día 24 de febreiro, ás 16h00, na sala de usos múltiples do colexio de Infantil. Para esta visita aconsellamos, de ser posible, non vir acompañados dos nenos e das nenas. Eles terán a súa propia visita na primavera.
Procedemento de reserva, admisión e matrícula para o curso 2026-2027
O período para solicitar praza nos centros educativos para o vindeiro curso 2026-2027 será do 1 ao 20 de marzo.
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado de Infantil e Primaria. O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
A Consellería de Educación pon á disposición das familias a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Para presentar unha solicitude teñen varias opcións:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, os anexos II e II-bis dixitalizados. -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públcios que imparten ensinanzas de educación infantil e primaria.
Calendario e horario: Iníciase co curso escolar en setembro e permanece en funcionamento durante todo o ano lectivo. O seu horario de apertura é das 7h30 ás 9h15.
Localización: Atópase nas antigas vivendas dos mestres, na 1ª planta (edificio contiguo ao de Educación Primaria).
Información e matrícula: SERVIZOS SOCIAIS COMPLEMENTARIOS. FOGAR DOS MAIORES, A Barreira, 3. Allariz. Telf.: 988 55 40 59

