ELECCIÓNS AO
CONSELLO ESCOLAR 2024
Celebradas as eleccións ao Consello Escolar, o 19 de novembro, o resultado do sector de nais e pais foi o seguinte:
Electores: 680
Votantes: 71 (cada votante podía elixir ata un máximo de 2 candidaturas)
Papeletas nulas: 0
Papeletas en branco: 0
Ángela Mª Villar Domínguez: 38 votos
Berta Hernández Suárez: 31
Sandra Silva Cid: 29
Esther Dorribo Dacuña: 16
Rocío Meno Fariñas: 13
En consecuencia cos resultados anteriores entran ao Consello Escolar as seguintes candidaturas en representación das nais e pais:
Ángela Mª Villar Domínguez, por 4 anos.
Berta Hernández Suárez, por 4 anos.
Sandra Silva Cid, por 2 anos
FORMACIÓN DO NOVO CONSELLO ESCOLAR
Sector do Profesorado
· Alberte Seara, Carmen
· Fernández González, Natalia
· Iglesias Iglesias, Ana Isabel
· Quintairos Quintas, Josefa
· Santás López, Iago
Sector de Pais e Nais
· Barreiros Rios, Lorena María
· Hernández Suárez, Berta
· Silva Cid, Sandra
· Villar Domínguez, Ángela María
Representante da ANPA
· Domínguez Villa, Estíbaliz
Sector de Persoal de Administración e Servizos
· Cordeiro Vázquez, Rubén
Representante do Concello de Allariz
· Poisa Rey, Mª Isabel
·
HORARIOS DO CURSO 2024-2025
Entrada ás 9h10 para Infantil e ás 9h15 para Primaria.
SAÍDA ALUMNADO NON COMENSAL |
|
|
4º de INFANTIL |
13h55 |
Todo o alumnado non comensal. |
5º de INFANTIL |
14h00 |
Todo o alumnado non comensal. |
6º de INFANTIL |
14h05 |
Todo o alumnado non comensal . |
1º, 2º |
14h10 |
Todo o alumnado non comensal . |
3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA |
14h15 |
Todo o alumnado non comensal. |
SAÍDA ALUMNADO COMENSAL |
|
|
INFANTIL |
14h50 |
Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
PRIMARIA |
15h00 |
Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
Alumnado de Infantil e Primaria usuario do bus da Consellería. |
15h25 |
Todo o alumnado comensal de Infantil e Primaria usuario do transporte escolar da Consellería. |
Actividades Extraescolares: Durante o
mes de setembro achegarase un impreso para solicitar as actividades
extraescolares. O alumnado comensal que participe en ditas actividades será
incorporado polo colexio ás mesmas sen necesidade de que acudan as familias.
Estas actividades serán de outubro a maio.
N CURARA INFANTIL
Listas de 4ºA, B e C de Primaria
Infórmase ás familias do alumando de 4º de Educación Primaria que polo aumento da matrícula habido neste nivel, os dous terceiros do curso anterior finalmente pasarán a ser tres cuartos. Isto permite unha redución importante na ratio por aula, o que supón unha mellora significativa na atención ao alumnado. En previsión de que fora autorizado máis profesorado, a nova distribución do alumnado de 4º en tres grupos foi realizada a finais do curso pasado polo profesorado de 3º por ser o que mellor coñecía a estas nenas e nenos. No seguinte enlace poderá acceder á composión dos 3 grupos.
Listas de 4º A, B e C de Educación Primaria
RIODO DE ADAPTACIÓN PARA 3 ANOS 2024-2025
3 anos
Sobre o cálculo do custe do comedor
A Consellería informa de erros nas instrucións que publicou sobre os comedores escolares. En aplicación das novas instrucións, para o cálculo do custe do comedor deberán COMPUTAR OS DOUS no caso de custodia compartida e parellas de feito. As persoas que xa entregaron este Anexo II co cálculo do comedor escolar e se atopen neste caso deberán cubrilo novamente e achegalo ao colexio.
ANEXO II - CÁLCULO CUSTE COMEDOR ESCOLAR
Redistribución do alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria
Partimos de que a distribución do alumnado nas aulas corresponde principalmente a un criterio alfabético aplicado no momento da súa escolarización en tres anos. Lóxicamente, co paso dos cursos donde se vai coñecendo moito mellor aos nenos e nenas, sumado a interacción entre eles, proporciona unha experiencia que mostra que ese reparto debe ser reaxustado para unha mellor optimización do aproveitamento educativo. A proposta de realizar cambios na distribución do alumnado responde a motivos educativos e pedagóxicos que tratan de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. En consecuencia, trátase de cambiar a distribución do alumnado por clase dentro do mesmo nivel cando pasen de 6º de Infantil a 1º, de 2º a 3º e de 4º a 5º. Esta redistribución do alumnado será realizada polo equipo docente que imparte nos niveis de 6º de Infantil, 2º e 4º Primaria, contando co asesoramento do Departamento de Orientación.
CRITERIOS
1. Favorecer a interacción social.- Permitir que o alumnado inicie novas relacións de amistades sen por iso perder as anteriores xa que van a seguir compartindo moitos espazos e actividades en común; patio de recreo, comedor, actividades complementaria e extraescolares, etc. Proporcionar novas oportunidades a aquel alumnado que foi quedando máis illado.
2. Compensar as necesidades do alumnado.- A distribución inicial que se fai do alumnado por orde alfabética cando teñen tres anos non se corresponde en moitos casos cun equilibrio entre os grupos dun mesmo nivel respecto a alumnos/as con necesidades de reforzo educativo ou de atención á diversidade. Cómpre polo tanto compensar este alumnado realizando un reparto equilibrado entre os grupos.
3. Evitar rivalidades.- Cando os grupos conviven sen cambios durante largos espazos de tempo a aparición de rivalidades pode resultar inevitable. Estas afectan tanto as familias como ao alumnado. Certos conflitos que se poden orixinar no colexio teñen que ver con estas actitudes.
4. Romper liderazgos.- Outra consecuencia da convivencia durante largos períodos de tempo é a aparición de líderes e/ou grupos dominantes que poden monopolizar a outros nenos e nenas en función dos seus intereses. Os cambios de grupo permiten rachar con estas malas inercias.
5. Preparar para os cambios.- Trátase de ir aprendendo a adaptarnos aos cambios que a vida nos vai a ir presentando.
Redistribución de 1º de Primaria
Redistribución de 3º de Primaria
Redistribución de 5º de Primaria
BANCO DE LIBROS DE 3º A 6º
Dende o 2 de xullo estarán expostas no taboleiro INTERIOR do colexio as listas do banco de préstamo co número de libros asignados. Por instrucións da Consellería non haberá outra forma de publicación, agás os solicitantes por vía electrónica que poderán acceder ao seu expediente na aplicación fondolibros coa Chave 365 ou certificado dixital. As reclamacións poderán ser formuladas os días 3 e 4 de xullo. A lista definitiva coa relación dos libros por materia será publicada o venres 5. O horario para a consulta dos listados será das 9h00 ás 14h00, ata o 12 de xullo. Os libros asignados serán entregados ao alumnado en setembro.
VALES DE LIBROS E MATERIAL 2024-2025
PARA 1º E 2º
Infórmase ás familias que dende o xoves, 27 de xuño e ata o 12 de xullo, poden recoller os vales dos libros de texto e material na Administración do colexio, das 9h00 ás 14h00.
PARA 3º, 4º, 5º E 6º
Infórmase ás familias que dende o xoves, 27 de xuño e ata o 12 de xullo, poden recoller os vales do material na Administración do colexio, das 9h00 ás 14h00. O 2 de xullo terán información sobre o banco de libros.
ACTIVIDADES CURSO 2023- 2024
ACTIVIDADE PARA O DÍA DO LIBRO
A curtametraxe “Sígueme" realizada polo alumnado que cursaba 3º de Primaria no curso 2022-2023 tivo un importante recoñecemento no Culturgal 2023. Trátase dunha curtametraxe de animación levada a cabo coa técnica do “stop motion” dentro do programa Nós Tamén Creamos. Esta curta foi presentada a varios festivais de cine quedando finalista no Olloboi e OUFF para ser finalmente gañadora no Festival das Culturas Galegas (Culturgal) celebrado en Ponteverda o día 3 de novembro. Evento ao que asistiu todo o alumnado que actualmente cursa 4º de Primaria. O premio foi entregado polo secretario xeral de Política Lingüística.
25n día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
O colexio celebrou con diferentes propostas e actividades o 25N “Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres”. Esta celebración ten como obxectivo principal educar ao noso alumnado para un mundo máis tolerante e libre de violencias machistas.
Este centro educativo ten un compromiso moi importante coa promoción da igualdade entre homes e mulleres. En consecuencia leva a cabo diferentes actividades e estratexias de sensibilización dirixidas ao alumnado que buscan previr condutas e actitudes que nun futuro podan estar relacionadas coa violencia de xénero. Entre estas actividades destacar a canción “Ja sei namorar” que o alumnado de 6º de primaria adicou ao alumnado de Infantil e Primaria.
Non conforme con este labor de prevención, o colexio tamén ten un importante papel de intervención inmediata cando sexa coñecedor de situacións nas que as nais e os seus fillos e fillas estean nunha situación de alto risco.
HORARIOS DO CURSO 2023-2024
Entrada do alumnado de Educación Infantil: 9h10
Entrada do alumnado de Educación Primaria: 9h15
SAÍDA ALUMNADO NON COMENSAL |
|
|
4º de INFANTIL | 13h55 | Todo o alumnado non comensal. |
5º de INFANTIL | 14h00 | Todo o alumnado non comensal. |
6º de INFANTIL | 14h05 | Todo o alumnado non comensal . |
1º, 2º | 14h10 | Todo o alumnado non comensal . |
3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA | 14h15 | Todo o alumnado non comensal. |
SAÍDA ALUMNADO COMENSAL |
|
|
INFANTIL | 14h50 | Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
PRIMARIA | 15h00 | Alumnado comensal recollido polas familias ou bus municipal. |
Alumnado de Infantil e Primaria usuario do bus da Consellería. | 15h25 | Todo o alumnado comensal de Infantil e Primaria usuario do transporte escolar da Consellería. |
15h30 INICIO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE OUTUBRO A MAIO
Actividades Extraescolares: Durante o mes de setembro achegarase un impreso para solicitar as actividades extraescolares. O alumnado comensal que participe en ditas actividades será incorporado polo colexio ás mesmas sen necesidade de que acudan as familias. Estas actividades serán de outubro a maio.
AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR
As familias que solicitaron o comedor escolar para o curso 2023-2024 deben achegar ao colexio a seguinte folla de cálculo que permitirá determinar o seu custe ou gratuidade. O prazo remata o día 8 de setembro. A entrega pode realizarse das 9h00 ás 14h00 na Secretaría do centro ata o 14 de xullo, e das 10h00 ás 12h00, do 17 ao 31 de xullo. Igualmente pode achegarse escaneada ao correo colexioallariz@gmail.com. Pode descargar a autodeclarción no seguinte enlace. Moitas grazas pola súa colaboración.
NÓS TAMÉN CREAMOS - 3º DE PRIMARIA
TORNEO DE FIN DE CURSO DE XADREZ
Informamos que o seu fillo/a poderá participar no Torneo de Xadrez de Fin de Curso (interno do colexio) , nas categorías sub8, sub10 e sub12, o próximo mércores, 31 de maio, das 15h30 ás 17h00. Este torneo terá lugar na biblioteca con partidas a 10 minutos máis 3" por participante en 5 roldas. Haberá trofeos e regalos. Esta actividade está promovida polo Club de Xadrez As Burgas, responsable da súa práctica no colexio dentro das extraescolares. Estará aberta a todo o alumnado sen custe. Inscrición gratuíta no correo colexioallariz@gmail.com.
PATIOS IGUALITARIOS
Desde o curso pasado, e coa volta á normalidade trala pandemia, o alumnado dispuxo novamente dos patios de recreo sen ter que compartir espazos por grupos de convivencia estables. Aproveitando esta circunstancia retomouse o plan para facer os patios igualitarios. O seu obxectivo principal busca que este tempo de lecer non se desenvolva á marxe do proceso pedagóxico xa que o alumnado tamén aprende e se socializa mentres xoga. Tradicionalmente o xogo do fútbol viña a monopolizar os espazos dos patios de recreo, deixando escasas alternativas ao resto das nenas e nenos.
Isto leva mudado significativamente no noso colexio onde a práctica do fútbol ten un espazo acoutado máis racional, á vez que debe coexistir con outras alternativas como a pista de brilé, a pista de baloncesto, a pista de bádminton e a pista de voleibol. A maiores o alumnado dispón no patio dun taboleiro para debuxo libre, do equipamento necesario para xogar ao tenis de mesa e desde o día 6 de febreiro disporá ademais dun rocódromo.
O luns 30 de xaneiro, o alumnado de Infantil e Primaria celebraron no pavillón de deportes, ás 11h30, o Día da Paz nun fermoso acto aberto ás familias.
AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR
As familias que solicitaron o comedor escolar para o curso 2022-2023 deben achegar ao colexio a seguinte folla de cálculo que permitirá determinar o seu custe ou gratuidade. O prazo remata o día 7 de setembro. A entrega pode realizarse das 9h00 ás 14h00 na Secretaría do centro. Pode descargar a autodeclarción no seguinte enlace:
PLANS DE MELLORA EDUCATIVA 2022-2023
1. PLAN DIXITAL
As propostas de mellora para este curso foron dotar unha alta
porcentaxe de aulas con pantallas dixitais e/ou interactivas a través das cales
se poda traballar non so de maneira visual senón tamén manipulativa as
aprendizaxes. Tamén se fixo a proposta
de crear un espazo creativo (maker) a través do cal traballar os contidos do
currículo dunha maneira totalmente dinámica, motivadora, manipulativa e
innovadora. Por último está iniciativa de crear dunha Radio Escolar así como a
creación dun estudo de grabación co que desenvolver moitas actividades
interdisciplinares para ambas etapas educativas (infantil e primaria).
2. POLOS CREATIVOS
Para o presente curso foi solicitado e concedido un dos Polos Creativos. Este equipamento circunscríbese dentro da
Estratexia
de Galicia Dixital 2030
e a Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia. Trátase de que o colexio
dispoña dun espazo propio no que poder traballar a intelixencia
artificial, o procesado audiovisual e
artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control
computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a
electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras. Está
prevista a súa ubicación na aula de informática.
Os Polos Creativos son unhas
tecnoloxías innovadoras que favorecen novos estilos de aprendizaxe do alumnado.
Coa implementación deste proxecto, baseado nos principios da robótica, modelado
en 3D, impresión 3D e gravacións audiovisuais, entre outros, pretendemos darlle
un novo enfoque á práctica educativa dende o punto de vista didáctico,
metodolóxico, curricular e organizativo; é dicir, con este proxecto pretendemos
promover a adquisición de competencias dixitais enfocadas ás áreas STEM.
O noso obxectivo principal con
este proxecto é fomentar os coñecementos tecnolóxicos en toda a comunidade
educativa, posto que é clave nun mundo cada vez máis dixitalizado. Polo tanto,
consideramos que os polos creativos serán un elemento esencial para o proceso
de ensinanza e aprendizaxe, convertendo así o noso centro educativo nun centro
competente no tocante á competencia dixital.
Co uso de robots e materiais en
3D, así como de todo tipo de material audiovisual, crearemos novos escenarios
nas aulas, onde se afrontarán diversos contidos e competencias clave dun xeito
innovador. Sabemos que para logralo precisamos potenciar a creatividade
artística e visual, o traballo manipulativo, a aprendizaxe enfocada nas
competencias clave e a aprendizaxe cooperativa, cuestións establecidas no
currículo. Nas etapas de Educación Infantil e Primaria, a robótica e o material
audiovisual resultan moi motivadores, polo que a curiosidade do alumnado
levaraos a descubrir novas realidades mediante a experimentación.
Por outra banda, a impresión 3D
permitirá un maior aproveitamento do proceso de ensinanzaaprendizaxe,
interacción directa entre alumnado e mestres/as e unha visualización máis real
dos elementos. Tendo en conta isto, esta técnica pode ser moi útil en todas as
áreas, véxase nos seguintes exemplos:
-
Áreas
científicas: crear partes da anatomía humana e animal, mapas, capas da Terra.
-
Área de
Educación Física: elaborar trofeos e medallas para as diversas competicións.
-
Área de
Música: creación de instrumentos e impresión de notas musicais.
-
Área de
Matemáticas: escalas (para aprender as proporcións), corpos xeométricos e
figuras planas,medidas de capacidade, masa e volume.
-
Área de Plástica: diversos elementos como árbores, copos
de neve, maquetas...
-
Área
lingüística: letras para creación de xogos, obxectos para creación de
historias.
Polo tanto, levando a cabo este
proxecto, consideramos que potenciaremos as intelixencias múltiples e as
competencias dixitais, utilizando un enfoque colaborativo, inclusivo e
interdisciplinario e partindo sempre dos intereses e experiencias próximas do
noso alumnado. A maiores, un aspecto no que debemos facer fincapé e que
reforzará aínda máis a importancia dunha transformación educativa, é o Deseño
Universal.
3. PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO
Coa participación nestes programas o que se busca é acadar o éxito educativo por medio da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa. Esta en concordancia cos obxectivos de educación de calidade e igualdade de xénero da Axenda 2030.
En relación á Convivencia
e á liña do exposto a través dos
Centros Quérote+ "os centros de ensino son un dos espazos de socialización
por excelencia para mozos e mozas onde adquirir coñecementos e ferramentas para
desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactoria posible. Non cabe dúbida
que son un lugar onde se relacionan entre iguais, onde poden xurdir conflitos e
dificultades... nos centros de ensino establécense vínculos co grupo de iguais,
compártense experiencias e momentos significativos no proceso de construción
persoal. Como espazo de convivencia que son, tamén xorden conflitos e, ás veces
estes poden levar a que os rapaces/rapazas se sintan feridos e agredidos por
conductas e problemas cos seus compañeiros e compañeiras". Así mesmo, e á
liña do recollido na Exposición dos Motivos da Lei 4/2011, do 30 de Xuño, de
convivencia e participación da comunidade
educativa "A convivencia nos
centros docentes constitúe en todas as sociedades desenvolvidas un motivo de
preocupación crecente, que non se circunscribe unicamente ao problema que supón
o mantemento da disciplina nas aulas , senón tamén ás relacións entre o propio
alumnado, o que levou a tomar conciencia da gravidade que revisten fenómenos
como o acoso escolar".
Por estes motivos, consideramos relevante comezar a intervir
dende a escola nunha clara liña de prevención de conductas violentas ou
discriminatorias, xestión de conflitos e mellora da intelixencia emocional.
Gardando relación coa Convivencia, dende o apartado de
Igualdade e coa finalidade de desenvolver na escola os valores que fomenten a
igualdade efectiva entre homes e mulleres así como a prevención e o tratamento
da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade
afectivo-sexual e a prevención e tratamento da LGTBIfobia, consideramos
importante implementar medidas na liña da "Socialización Preventiva da
Violencia de Xénero" (Idealove&Nam).
Así mesmo, tendo en conta as seguintes afirmacións recollidas por Jesús C. Guillén en dous artigos publicados
na web de Escuela con Cerebro baixo os títulos "Educacion Emocional"
e "Atención na aula: da curiosidade ao coñecemento":
1) "Sabemos que o estrés afecta ao aprendizaxe. Un certo
nivel de éstres é beneficioso porque evita o aburrimento e a compracencia pero
para que a aprendizaxe sexa ótima o nivel de estrés non pode ser excesivo
porque pode provocar ansiedade ou agotamento (lei de Yerques e Dodson).
2)"Cando as emocións positivas nos impregnan de enerxía
positiva podemos concentrarnos mellor e empatizar máis, ser máis creativos e
manter o interese polas tarefas" (Davidson, 2012.)
3) "A educación emocional é un proceso educativo que
pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento
do desenvolvemento integral da persoa, como obxectivo para capacitala para a
vida. .
4) "Demostrouse que o mindfulness mellora a actividade
de circuitos da corteza prefontal que son fundamentais para manter a atención
centrándoa nun novo obxectivo específico
Pretendemos desenvolver accións para a mellora da competencia
socioemocional que, á liña do recollido na resolución do 09 de xuño de 2022
complementen ás liñas CONVIVE-T, IGUÁLA-T, e INCLÚE-T que permitan "acadar
o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a
igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, o
desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima
escolar de toda a comunidade educativa".
3.1. PROGRAMA INCLÚE - T
As accións a levar acabo serán as seguintes:
1.Difusión entre o profesora do centro de ¿Proceso de cribado
Universal¿.
2.Elaboración dunha ferramenta de Avaliación baseada no
currículo dentro do modelo de resposta á intervención.
3.Elaboración a nivel de centro dun Protocolo de detección
temperá de detección de Necesidades Específicas de Lectura, escritura e cálculo
na liña do establecido nos Modelo de resposta á intervención.
4.Implementación, a nivel piloto, en 3º de primaria da identificación
temperá dentro do proceso de cribado universal.
3.2. PROGRAMA IGUALA - T
Dentro dos Contrato-Programas da
Consellería un curso máis solicítase este programa que trata de levar a cabo
accións que fomenten a coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades
entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero,
promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e
tratamiento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.
As accións a levar acabo serán as seguintes:
1.Proxecto de Educación Sexual coas
alumnas e alumnos de 6º Curso de Primaria: O Feito sexuado Humano, O suxeito
sexuado/a e as implicacións, Diversidade, Intersexualidade. Educación
afectiva-sexual, Formas de Vida San. Maltrato, Bullying, Abuso, Acoso...
2.Programa de Habilidades Sociais a
través da estratexia de Aprendizaxe Cooperativo (Traballo cooperativo CA/AC:
Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar).
3.Creción durante o curso escolar dun
Taller Feminista. Dotación ao centro de Bibliografía sobre Feminismo para
alumnado, profesorado e familia.
4.Solicitude dentro do "Plan
director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as
súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á
"Violencia sobre a muller, discriminación por razón de sexo ou
orientacións sexual..."
5.Participación na Mesa Local Contra a
Violencia de Xénero e Constitución do Centro Escolar como "Centro Escolar
contra a Violencia de Xénero".
3.3.
PROGRAMA convive-t
Tamén dentro dos Contrato-Programa da
Consellería de Educación vai a realizarse o Programa Convive-t. Dito programa
busca levar a cabo medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre
os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas
violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a
conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, e outras accións
similares. Dentro deste programa desenvolverse a actividade A Mirada do Outro.
As accións a levar a cabo serán as
seguintes:
1.Programa de Sensibilización e
Prevención do Acoso Escolar "A Mirada do Outro": Autoconcepto, Autoestima, Intelixencia
Emocional, Educación en Valores, Habilidades Sociais. Violencia e Agresividade,
Acoso escolar e Ciberacoso, Xestión de conflitos no ámbito escolar.
2.Programa de Habilidades Sociais a
través da estratexias de Aprendizaxe Cooperativo.
3.Enquisa ao alumnado sobre
"Vivencias de Acoso Escolar". Adaptación da Enquisa de Save The
Children: Yo a eso no Juego. Bullying y Ciberbullying en la infancia. Difusión
da "Guía de Prevención do Acoso Escolar do Centro".
4.Solicitude dentro do "Plan
director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as
súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á
"Consecuencias do acoso escolar en quenes o padecen",
"Prevención de riscos de seguridade asociadas ás novas tecnoloxías".
5.Participación na Mesa Local contra
as Violencias.
Actividades
a realizar:
Eu
coma ti: Trátase dun obradoiro vivencial que
convida a a cada participante e tamén ao seu grupo a reflexionar sobre as
diversidades entre iguais, a inclusió e a xustiza social. A través da imaxe, da
palabra e do movimiento buscan as claves para os coidados e os bos tratos entre
iguais. Estará orientado ao alumnado de 6º de Primaria.
A
Mirada do Outro: Durante este curso terá lugar a posta
en funcionamento en colaboración coa Asociación Aseia do Programa "A
Mirada do Outro: programa de sensibilización e prevención do acoso
escolar" . Este programa vai a desenvolverse durante varias sesións de
dúas horas de duración a través de talleres co alumnado de 5º de primaria.
O acoso escolar é unha das máximas preocupacións deste centro educativo, entendendo este como calquera clase de acción, sexa física como psicolóxica, que supoña intimidacións entre escolares ou mesmo malos tratos, e que teña como característica unha repetición mantida no tempo. En consecuencia, dende o centro temos especial atención a:
a) Accións que
supoñan intimidación ou malos tratos reiterados sobre un mesmo alumno/a.
b) Situacións
entre alumnos/as que presenten desequilibrios de poder ou forza.
3.4. CONTRATOS PROGRAMA PROA
Con este plan trátase de apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico, implicando ao grupo de clase nas actividades de reforzo, co fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado
Previamente á súa solicitude foi necesario realizar unha valoracón previa do alumnado que vai a precisar reforzo e axuda durante este curso. Unha vez detectado máis dun 30% de nenos e nenas en situación vulnerable, solicitouse a participación nos programas PROA.
Os obxectivos a acadar co programa PROA son:
1.Incrementar as expectativas de éxito escolar dos alumnos.
2.Diminuir o efecto que provocan as desigualdades sociais, económicas e culturais.
3.Actuar de xeito preventivo para evitar que o alumno poda abandoar o sistema educativo no futuro.
4.Axudar a superar as dificultades xeradas nas áreas instrumentais básicas: lectura, escritura e cálculo.
5.Facer que o alumno adquira hábitos de traballo e técnicas de estudio.
Medidas a levar a cabo:
1.Concienciar ao alumno de que se pretende con esta medida.
2.Buscar a implicación activa das familias.
3.Levar a cabo, por parte da Titoría e Equipo de Ciclo, unha coordinación cos docentes responsables da aplicación do programa. Especial importancia terá proporcionarlles información sobre os aspectos a mellorar en cada alumno.
4.Reforzar os coñecementos que se están dando na súa clase.
5.Facilitar os espacios que se precisen: aula, biblioteca, sala de informática, patio, etc.
3.5. PLAN PROXECTA
O Plan Proxecta+ busca fomentar a innovación educativa por medio de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores e os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Para conseguir estes obxectivos busca favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos cos que promover a realización de proxectos interdisciplinarios.
1. PLAN PROXECTA “Nós tamén creamos”
Creando desde o Arnoia e a nosa aposta para participar no plan
proxecta “Nós tamén creamos” .
O mundo dixital está cada día mais presente nas nosas vidas e a nosa obriga como mestres é capacitar as nenase nenos no mundo dixital. Unha maneira de facelo é a través do mundoaudiovisual e consideramos este proxecto como ideal para iniciarnos nos poloscreativos xa que engloba moitos aspectos importantes: lingua, matemática,espazos, tempos, informática, etc. Traballar a lingua galega de maneiradiferente e motívante. Capacitar aos nenos na entoación e dramatización detextos escritos. Introducir aos nenos no mundo audiovisual. Manexar de xeitoautónomo programas de stop-motion, grabación de sons, montaxes, etc. Traballara motricidade fina a través da montaxe de personaxes para as curtas.A partir dun libro crearemos unacurta de animación entre todos.
2. PLAN PROXECTA “Pasaporte solidario”
Desde o CEIP Padre Feijóo levamos anos tentando inculcar as crianzas a importancia de coidar os demais e o
planeta.Este programa parécenos o proxecto axeitado para englobar todas as actividades que levamos a cabo durante
o curso.Con elas pretendemos:
- Desenvolver as capacidades das crianzas para para localizar persoas vulnerables no
entorno.
- Desenvolver as capacidades das crianzas para responder a problemas que se lle
presenten.
- Iniciar as crianzas nas actividades solidarias e de voluntariado.
- Intercambiar accións solidarias con outros centros educativos.
- Promocionar as nosas accións solidarias a través das redes sociais para que chegue a
mensaxe a comunidade educativa.
As actividades propostas estarán organízanas en distintas estación polas que as crianzas ó longo da etapa
escolar van ir pasando e así poder ir conseguido insignias no seu pasaporte
solidario. Polo que en cada etapa escolar escolleremos as actividades mais
axeitadas para eles así como outras que serán grupais. Algunhas delas son as
seguintes:
Aprender lingua de signos, para continuar eliminando barreiras e integrando ás
persoas con diversidade funcional queremos facer un achegamento ao alumnado a
linguaxe de signos, aprender o abecedario, algunha palabra e incluso poñernos o
noso “nome”
Visita centro de maiores: Levamos dous anos facendo videochamadas co centro de
maiores da vila nas que intercambiamos experiencias, cantigas, xogos… e cando o
tempo o permite e a saúde tamén os imos a visitar. Queremos continuar con esta
actividade xa que é moi enriquecedora tanto para eles como para nós.
Visita asociación coidado dos
burros: A natureza e polo tanto a fauna e
a flora e o seu coidado son un pilar fundamental no noso proxecto de centro e
queremos achegar aos nenos a esta asociación para darlle visibilidade e
aprendan a importancia de conservar a natureza.
Recollida de pilas a contaminación está presente no entorno e un dos
elementos mais contaminante son as pilas e baterías queremos ser un punto de
referencia na recollida selectiva e reciclaxe, como xa fixemos en cursos
pasados.
Colaboración con protección civil na recollida de tapóns solidarios, recollida material
para poboado saharauí…
Colaboración co concello de
Allariz para limpeza de ríos e espazos naturais.
Concienciar a toda a poboación na recollida selectiva de residuos. Formaremos os nenos para que dan
charlas nas asociación de veciños, nas aldeas… que entreguen folletos
explicando a importancia das R e así crear miniecoloxistas concienciados.
O Horto escolar e outra maneira de traballar a importancia dun mundo sostible.
4. O Método ABN
Un curso máis continúa a implantación do Método ABN. A posta en marcha deste importante método no noso colexio supuxo unha innovación sen precedentes. Trátase de que no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica, o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que en cursos pasados acudiu ao noso centro para comprobar de primeira man o traballo do equipo docente de Infantil.
5. Proxecto Voz Natura
Adaptación do proxecto “Pasiño a Pasiño faise o camiño” á nova normalidade.
- #merenda0plásticos: tanto a merenda que traen o cole como a que levaremos ao camiño(non se pode levar a cabo esta parte) pediremos que sexa sen plásticos, non se trata de que tiren as fiambreiras e botellas de plástico(que iso sería peor en todos os sentidos) senón que os que teñan que mercar ou renovar que non sexa de plástico, unha bolsiña de tea, unha cantimplora....e sobre todo que non traian plásticos de un só uso.
Todos aqueles que o consigan pertenceran á familia #0residuos
- Continuaremos coa “patrulla verde”, trátase de equipos mixtos de distintas idades(pasaran a ser da mesma aula e sempre os mesmo unha semana, despois lavaremos os chalecos e levaran sempre luvas) que se dedicarán a revisar que todo o mundo tira ó lixo (reciclando) os restos da merenda, que o patio quede limpo e que as papeleiras verdes que temos nas aulas estéanse empregando correctamente.
- Non esqueceremos a nosa “Horta de Auri” nin o noso galiñeiro que seguiremos coidando por quendas semanais. (Parecenos ainda mais importante nestas circunstancias posto que así os cativos apreoveitan para estar un ratiño ó aire libre)
- Actividade de compostaxe do concello, seguiremos participando no
compostaxe que fai o concello.
6. Obradoiro de Xogos Populares.
Esta actividade desenvólvese coa colaboración da CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Nesta ocasión participamos no XV Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais, deseñado principalmente para alumnado de Primaria e Secundaria. O obradoiro realizarase en horario lectivo nunha única sesión de media mañá.
7. Plambe de mellora de Bibliotecas Escolares.
O CEIP Padre Feijóo continúa un curso máis co Plambe de mellora de bibliotecas escolares. Por este motivo o profesorado de este centro vai a continuar participando nun programa de innovación educativa coa formación de usuarios e dinamización da biblioteca escolar. A tarefa da dinamización da biblioteca escolar esixe Incluír varios tipos de actividades dentro da mesma. Por unha parte, están aquelas que se centran na formación dos seus usuarios que debe ir orientada cara o coñecemento da biblioteca e da función que esta desempeña nun centro escolar e tamén cara ao desenvolvemento por parte dos seus usuarios, dunha serie de estratexias que permitan a obtención de información almacenada en diferentes soportes e o seu uso adecuado. Neste aspecto, a figura do profesor bibliotecario xoga un papel fundamental, como responsable directo dos programas deseñados para a formación dos usuarios. Colaborará estreitamente con todo o profesorado na confección do currículo das materias que se imparten no centro, procurando que nelas teñan cabida actividades relacionadas coa lectura e co uso da biblioteca. Tamén manterá informado ao longo do curso ao equipo de biblioteca e a todo o profesorado en xeral das actividades de formación en bibliotecas escolares e animación á lectura que se desenvolvan (cursos de formación, xornadas, conferencias…) coa finalidade de que o profesorado que realice actividades relacionadas coa biblioteca conte coa motivación e formación suficiente para desempeñalas correctamente. Para a posta en práctica dos proxectos lectores, a biblioteca escolar, é un instrumento imprescindible, que a comunidade escolar debe organizar e dinamizar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter dinámico e en constante actualización. Así entendida, a biblioteca escolar, pode ser un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural do centro, proporcionando tanto ao alumnado como ao profesorado a oportunidade para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe. Ademais, sirve de canle para a integración nos centros educativos das tecnoloxías da comunicación que a sociedade vai desenvolvendo, e ofrece a posibilidade de acceso igualitario aos bens culturais, independentemente do estrato económico e cultural de procedencia, actuando como axente de compensación social.
8. Circuítos de Educación Vial
Esta actividade realízase durante o mes de maio ou xuño polo que se avaliará nese momento a evolución da pandemia e a posibilidade de poder levala á cabo. Esta actividade desenvólvese coa participación da DXT e seguindo nesa liña de colaboración o colexio terá programado, un curso máis, un circuíto de educación vial para os nosos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria e outro para os alumnos de Educación Infantil.
Este circuíto establecerase no patio do colexio de primaria, durante unha mañá do terceiro trimestre. Os alumnos poderán participar no mesmo coas súas bicicletas, triciclos, patíns ou mesmo carros de bonecos e deberán traer casco.
O alumnado de 3º e 4º terá a mesma actividade pero empregando karts eléctricos.
9. Actividade da compostaxe
Esta actividade ven enmarcada dentro do seminario de conservación do medio ambiente. Coa colaboración do Concello de Allariz e tras recibir o profesorado implicado a correspondente formación pola asociación ecoloxista Adega están en funcionamento tres composteiros: un no patio de primaria, outro no comedor e finalmente outro no colexio de infantil.
Os alumnos de primaria terán asignada unha semana por curso para recoller os residuos orgánicos da cociña e levalos ao composteiro. A súa vez poden depositar nel toda residuo orgánico procedente das súas merendas da mañá.
RENOVACIÓN DO COLEXIO DE PRIMARIA