O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado.
Para o curso 2017-2018 levarase a cabo no colexio o programa Aliméntate ben.
Foi solicitada a participación na actividade Aliméntate Ben do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería do Medio Rural. Esta actividade busca mellorar os hábitos alimenticios dos alumnos. Preséntase en dúas modalidades: Xermoliño e O Sabor está no mar.
A) Xermoliño: Busca coñecer as necesidades alimenticias por grupos de idade e tamén por nivel de actividade física mediante a realización de actividades prácticas cos productos alimenticios. Permite interpretar as informacións das etiquetas nos aspectros nutricionais e analizar a oferta alimentaria do comedor escolar. Finalmente permite elaborar propostas de mellora.
B) O sabor da aventura está no mar: Esta modalidade ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de productos do mar de Galicia. Busca incidir e equilibrar as súas dietas.
UNS
ARTISTAS CON MOITA FROITA!
Os máis pequenos do noso colexio
saben que para estar sans hai que comer variado e que as froitas xogan un papel
moi importante na nosa dieta.
Por este motivo as mestras e
mestres de EI decidiron fomentar o consumo de froita no seu alumnado dun xeito
moi divertido…. facendo especial fincapé na creatividade e
imaxinación destes pequenos-grandes artistas.
Pódedes velo no seguinte vídeo!
En próximas datas as familias de todos os alumnos do colexio recibirán este enquisa que permitirá coñecer os seus hábitos alimenticios.
Programa
Aliméntate Ben
Semana das
merendas saudables
A semana do 26 de febreiro ó 2 de marzo, o alumnado traerá merendas saudables co fin de mellorar os hábitos alimenticios.
O DÍA DA PAZ
Este curso, moitas das
actividades complementarias e conmemoracións xiran en torno o mar e á alimentación dado que estamos a
levar a cabo o Proxecto Aliméntate ben!
O 30 de xaneiro celebramos o Día
da Paz, tendo como eixo central o mar e
os seus habitantes (as guerras pola auga, a contaminación…).
O programa foi o seguinte:
·
Proxección de fotos relacionadas co mar e coa
auga.
·
Cantar e bailar a canción “ Métete baixo o mar”.
·
Lectura dun manifesto pola PAZ.
·
Mensaxe nunha botellla: os alumnos levaban unha
mensaxe escrita que tiñan que depositar nunha botella que estaba colocada nas
olas do mar.
·
Cantar e bailar a canción Xira-xira.
·
Abrazos de Paz
O ENTROIDO
Este ano, no Entroido no noso
colexio, buceamos baixo o Mar e recreamos os seus habitantes.
Os corredores do colexio de
Infantil e no de Primaria
transformáronse en fondos mariños con peixiños de cores e algas recortados polo alumnado e
profesorado do centro.
OS CORREDORES DO COLEXIO
O pavillón converteuse no fondo mariño e encheuse de estrelas de mar, de peixes de cores, de pescadores e mariñeiros, de quenllas, de medusas, de buzos e de piratas.
Todo isto acompañado de música, desfiles e bailes con referencia ao MAR.
No seguinte enlace pódese ver o
resultado.
CHARLA
SOBRE A FABRICACIÓN DO CHOCOLATE
O venres 23 de febreiro, os
alumnos de 5º e 6º de primaria acudiron a unha charla sobre o proceso de
elaboración do chocolate que se celebro una biblioteca do centro.
OS NOSOS POEMAS DO MAR by Pily Martínez
Montero
O alumnado de 6º curso de EP elaborou unha serie de
poemas e debuxos relacionados mar e cos
seus habitantes.
No seguinte enlace podemos ver o
traballo completo facendo clip en cada icona gráfica.
ACTIVIDADES DO MES DE MAIO
O Sabor
da aventura está no mar
Excursión: o alumnado
de 4º curso de E. Primaria foi admitido como
participante na excursión no marco do programa O Sabor da Aventura está no Mar.
A data será o 08 de maio e o destino previsto é a localidade
de A Guarda.
Obradoiros:
Data: 8 de maio. Lugar: biblioteca do colexio.
Grupos e
horarios:
·
10.00 a
11.00 h - 1º obradoiro: 33 participantes (3 anos)
·
11.00
a 12.00
- 2º obradoiro : 34 (4 anos)
·
12.00 a
13.00 - 3º Obradoiro: 45 nenos e nenas (5
anos)
·
13.00 a
14.00 - 4º obradoiro: 48 nenos e nenas
(3º A e 6º B)
-
Azucre = + Saúde
Aproveitando que estaban
traballando o tema da alimentación, os nenos e nenas de 3º A de Educación
Primaria, fixeron varias rodas de alimentos e levaron a cabo unha interesante actividade relacionada coa
alimentación e a saúde.
1º. Investigar os efectos dun consumo elevado de azucre.
2º. Enfermidades máis
comúns.
3º. Ler a información do
azucre que conteñen os refrescos e zumes que consumimos habitualmente.
4º. Calcular as porcentajes
de cada envase (coa axuda das mestras).
5º. Pesar o azucre de cada
bebida nunca báscula.
6º. Montar un mural coas
conclusións extraídas.
Este foi o resultado:
A PIRÁMIDE ALIMENTICIA
Os cursos de 4º A e 4º B de Educación Primaria
traballaron o tema da alimentación saudable:
- A dieta.
- Recomendacións para unha dieta saudable.
- Hábitos alimenticios saudables.
- Hixiene e conservación dos alimentos.
Aproveitando as horas de Educación Artística, os alumnos e alumnas construiron unha
pirámide con caixas pintadas e alimentos
(uns reais e outros de imitación).
A continuación mostramos o proceso e o resultado
final.
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES “O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”.
SEMANA DO 3 AO 10 DE ABRIL.
4 ANOS - EDUCACIÓN INFANTIL
MARTES
3 DE ABRIL:
- Vídeo youtube 1 e 2 (vídeos do sabor da aventura
está no mar)
- Bocadillo de Atún e tomate
- Presentación xogo culleres mesa de luz: Nome de
peixes.
MÉRCORES 4 DE ABRIL:
- Vídeo youtube 3 e 4
- Radiografía peixe mesa de luz
- Xogo pesca mesa de luz
XOVES 5 DE ABRIL
- Vídeo youtube 5 e 6
- Visita peixaría e froitaría
- Sopa de letras mesa de luz
VENRES
6 DE ABRIL:
- Vídeo youtube 7 e 8
- Puzzle ABN 1 ao 10 formando peixes.
- Aplicación ”O porto” da web o sabor da aventura
está no mar
LUNS
9 DE ABRIL:
- Vídeo youtube 9
- Mural caña de pescar
MARTES
10 DE ABRIL:
- Canapés de paté de mexillóns
Da man dos Arroases (unha pandilla de 7 nenos e
nenas que teñen un “superpoder” de cada especie da campaña “O sabor da aventura
está no mar”…), o alumnado de 3, 4 e 5 anos de E. Infantil, levou a cabo unha
chea de actividades moi divertidas e saudables.
O martes 3 de abril (4 e 5
anos), elaboraron uns riquísimos
bocadillos de bonito con tomate que foron todo un éxito. Todos os nenos e nenas comeron un como mínimo,
e a maioría repetiu.
O martes 13 de abril, os
alumnos/as de 4 anos converteron as aulas en cociñas e, armados con batedoras,
torradas, mexillóns en conserva, queixiños, maionesa, bonito e pauciños de
cangrexo fixeron uns deliciosos canapés
de mexillóns… Tan bos lles
sairon que non deixaron nin as migas. As mestras tiñeron que ir por máis pan á
cociña porque as torradas non lles chegaron a nada!
En 5 anos, observaron e probaron mexillóns e os berberechos.
Finalmente, o venres 13 de
abril, en 3 anos levaron a cabo un taller
de cociña onde os produtos estrela foron: sardiñas, patés, olivas recheas de anchoa, tomate e pan de
molde...
Se
queredes ver como foi todo o proceso e e ben que o pasaron… podedes ver os vídeos que aparecen a continuación.
Saída a dúas peixerías de
Allariz
O xoves 5 de abril, fixeron unha saída a dúas peixarías da vila.
Os de 4 anos a unha e os de 5 a
outra. Alí viron peixes e mariscos, falaron coas peixeiras e peixeiros dos
nomes, das cores, dos tamaños, dos superpoderes que nos dan… e recibiron uns
agasallos moi especiais!
Na mesma saída, os nenos e nenas de 4 anos, aproveitaron
para visitar a sección da froitaría e charcutaría. Aprenderon moitas cousas e
comeron rica froita fresca e friame.
Elaboración de materiais
En 4 anos, as mestras
elaboraron material específico tanto para a mesa de luz como para o método ABN:
crebacabezas numéricos cos números ata o 10, lectoescritura con imaxes de
mariscos e peixes, actividades de
motricidade (xogos de pesca), radiografías de peixes …
FESTA DOS
MAIOS. PRIMAVERA NO MAR
O venres
27 de maio, o colexio CEIP Padre Feijoo participou na tradicional festa dos
Maios.
Aproveitando
o Proxecto O Sabor da Aventura está no Mar, o alumnado e profesorado de Educación Infantil
presentou un Maio chamado “Primavera no
mar”, que representaba un fondo
mariño con peixiños de cores, cangrexos, cunchas de mariscos, algas mariñas… Tan bonito lles quedou, que tivo uns
comentarios moi positivos e foi moi
valorado polos asistentes.
Cando
rematou a festa, o maio quedou exposto no patio do colexio.
DÍA DO
LIBRO
Tendo en conta o eixo temático deste curso para
todas as actividades, en Edu. Infantil, os nenos elaboraron un marcapáxinas que
fai alusión ós peixes do mar.
MURAL “O
SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR”
Despois da semana adicada cos máis pequenos para fomentar o consumo de
peixe, en Edu. Infantil realizaron un mural que recolle os principias peixes e mariscos traballados,
decorado con varios útiles de pesca.
OBRADOIROS E EXCURSIÓN
O día 8 de maio, na biblioteca do colexio, leváronse a cabo os obradoiros do “Sabor da
Aventura está no Mar”. Por grupos de idade foron pasando todas as aulas que participan neste
proxecto. O pescador Luís e a cociñeira dona Mariña apareceron na biblioteca falando dos Arroases e os seus superpoderes e explicaron moitas cousas relacionadas
co peixe, cos mariscos, coas artes e os aparellos de pesca….Tamén nos ensinaron ricos pratos que levan como ingrediente principal
peixes e mariscos: bocadillos, lasañas, pizzas…
Ó final recibimos un cadernillo e unha gorra como agasallo.
O mesmo día, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria foron de excursión
“A Garda”. Visitaron a lonxa, o porto, o Museo do Mar e a nave de redeiras.
Degustaron unha merenda mariñeira e aprenderon como é o sistema de venda de
produtos pesqueiros e a importancia do etiquetado dos mesmos.
Na páxina de Facebook OS ARROASES ("O sabor da aventura está no
mar")
podedes ver máis fotos e unha explicación
máis detallada das actividades realizadas.
O
PEIXE PILLABÁN
Os alumnos e alumnas de 6º curso de EP representaron unha obra con monicreques chamada “O peixe pillaban”.
Elaboraron unha montaxe audiovisual partindo da canción “O peixe Salmonete”.
Escribiron un guión para unha obra de teatro e fixeron os personaxes para
títeres.
Podedes
ver a montaxe no seguinte enlace:
A
CANCIÓN DO PIRATA
O alumnado de 6º curso de Primaria estivo
traballando poemas e cancións sobre o mar e os seus habitantes.
Decidiron
coller a “Canción do Pirata” para
elaborar o seguinte rap:
A Canción do Pirata
Tamén
elaboraron un recetario con sabores do mar
con recetas inventadas por eles.
O
BARCO PIRATA
Os
mestres especialistas deseñaron e construiron un gran barco pirata emnarcado
dentro das actividades desenvoltas no
“Sabor da aventura está no mar”.
Serviu para o desfile do Entroido e agora está
exposto no corredor principal do noso colexio para que todos poidan facer fotos
ao seu carón e imaxinar fantásticas aventuras piratas.
Enquisa avaliación “O Sabor Está No mar”