PROGRAMACIÓN XERAL
ANUAL
PROGRAMAS DE MELLORA EDUCATIVA 2024-25
1. PLAN DIXITAL
O Plan Dixital inscríbese dentro do Proxecto
Educativo deste colexio e ten como obxectivo a competencia dixital, o
tratamento da información e a integración das TIC nos procesos de
ensino-aprendizaxe. Dito plan
correspóndese cos principios de identidade do colexio e tamén cós seus
obxectivos básicos. Así, nos princicipios de indentidade recóllese que o
colexio promoverá a innovación
educativa. Este plan ten como referencia o Marco Europeo
para Organizacións Educativas Dixitalmente competentes (DigComOrg) que foi
desenvolvido polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre).
As
propostas de mellora materais para este curso serán dotar de paneis
interactivos ás aulas de 5º e 6º de Educación Primaria, algo previsto na
dotación da Consellería para o curso pasado e que non se fixo.
Os
obxectivos do Plan Dixital para este curso serán os seguintes:
1.
Crear unha biblioteca de recursos en liña para a comunidade educativa.
2.
Reportar a web do colexio á plataforma corporativa.
3.
Desenvolver un PFPP en relación co material de Polos Creativos e promover o seu
uso no currículo.
4.
Inventariar o materil informático do colexio.
2. POLOS CREATIVOS
O Plan Dixital inscríbese dentro do Proxecto Educativo deste colexio e ten como obxectivo a competencia dixital, o tratamento da información e a integración das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe. Dito plan correspóndese cos principios de identidade do colexio e tamén cós seus obxectivos básicos. Así, nos princicipios de indentidade recóllese que o colexio promoverá a innovación educativa. Este plan ten como referencia o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente competentes (DigComOrg) que foi desenvolvido polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre).
As propostas de mellora materais para este curso serán dotar de paneis interactivos ás aulas de 5º e 6º de Educación Primaria, algo previsto na dotación da Consellería para o curso pasado e que non se fixo.
Os obxectivos do Plan Dixital para este curso serán os seguintes:
1. Crear unha biblioteca de recursos en liña para a comunidade educativa.
2. Reportar a web do colexio á plataforma corporativa.
3. Desenvolver un PFPP en relación co material de Polos Creativos e promover o seu uso no currículo.
4. Inventariar o materil informático do colexio.
Para o presente curso cómpre seguir avanzando na utilización
do Polo Creativo que se instalou no espazo que antes ocupaba a aula de
informática. Este equipamento circunscríbese dentro da Estratexia
de Galicia Dixital 2030
e a Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia. Dende o curso pasado o
colexio dispón dun espazo propio no que poder traballar a intelixencia
artificial, o procesado audiovisual e
artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control
computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a
electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Os Polos Creativos son unhas
tecnoloxías innovadoras que favorecen novos estilos de aprendizaxe do alumnado.
Coa implementación deste proxecto, baseado nos principios da robótica, modelado
en 3D, impresión 3D e gravacións audiovisuais, entre outros, pretendemos darlle
un novo enfoque á práctica educativa dende o punto de vista didáctico,
metodolóxico, curricular e organizativo; é dicir, con este proxecto pretendemos
promover a adquisición de competencias dixitais enfocadas ás áreas STEM.
O noso obxectivo principal con
este proxecto é fomentar os coñecementos tecnolóxicos en toda a comunidade
educativa, posto que é clave nun mundo cada vez máis dixitalizado. Polo tanto,
consideramos que os polos creativos serán un elemento esencial para o proceso
de ensinanza e aprendizaxe, convertendo así o noso centro educativo nun centro
competente no tocante á competencia dixital.
Co uso de robots e materiais en
3D, así como de todo tipo de material audiovisual, crearemos novos escenarios
nas aulas, onde se afrontarán diversos contidos e competencias clave dun xeito
innovador. Sabemos que para logralo precisamos potenciar a creatividade
artística e visual, o traballo manipulativo, a aprendizaxe enfocada nas
competencias clave e a aprendizaxe cooperativa, cuestións establecidas no currículo.
Nas etapas de Educación Infantil e Primaria, a robótica e o material
audiovisual resultan moi motivadores, polo que a curiosidade do alumnado
levaraos a descubrir novas realidades mediante a experimentación.
Por outra banda, a impresión 3D
permitirá un maior aproveitamento do proceso de ensinanzaaprendizaxe,
interacción directa entre alumnado e mestres/as e unha visualización máis real
dos elementos. Tendo en conta isto, esta técnica pode ser moi útil en todas as
áreas, véxase nos seguintes exemplos:
·
Áreas
científicas: crear partes da anatomía humana e animal, mapas, capas da Terra.
·
Área de
Educación Física: elaborar trofeos e medallas para as diversas competicións.
·
Área de
Música: creación de instrumentos e impresión de notas musicais.
· Área de Matemáticas:
escalas (para aprender as proporcións), corpos xeométricos e figuras
planas,medidas de capacidade, masa e volume.
·
Área de Plástica: diversos elementos como árbores,
copos de neve, maquetas...
·
Área
lingüística: letras para creación de xogos, obxectos para creación de
historias.
Polo tanto, levando a cabo este
proxecto, consideramos que potenciaremos as intelixencias múltiples e as
competencias dixitais, utilizando un enfoque colaborativo, inclusivo e
interdisciplinario e partindo sempre dos intereses e experiencias próximas do
noso alumnado. A maiores, un aspecto no que debemos facer fincapé e que
reforzará aínda máis a importancia dunha transformación educativa, é o Deseño
Universal
3. PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO

Coa participación nestes programas o que se busca é acadar o éxito educativo por medio da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa. Esta en concordancia cos obxectivos de educación de calidade e igualdade de xénero da Axenda 2030.
En relación á Convivencia e á liña do exposto a través dos Centros Quérote+ "os centros de ensino son un dos espazos de socialización por excelencia para mozos e mozas onde adquirir coñecementos e ferramentas para desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactoria posible. Non cabe dúbida que son un lugar onde se relacionan entre iguais, onde poden xurdir conflitos e dificultades... nos centros de ensino establécense vínculos co grupo de iguais, compártense experiencias e momentos significativos no proceso de construción persoal. Como espazo de convivencia que son, tamén xorden conflitos e, ás veces estes poden levar a que os rapaces/rapazas se sintan feridos e agredidos por conductas e problemas cos seus compañeiros e compañeiras". Así mesmo, e á liña do recollido na Exposición dos Motivos da Lei 4/2011, do 30 de Xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa "A convivencia nos centros docentes constitúe en todas as sociedades desenvolvidas un motivo de preocupación crecente, que non se circunscribe unicamente ao problema que supón o mantemento da disciplina nas aulas , senón tamén ás relacións entre o propio alumnado, o que levou a tomar conciencia da gravidade que revisten fenómenos como o acoso escolar".
Por estes motivos, consideramos relevante comezar a intervir dende a escola nunha clara liña de prevención de conductas violentas ou discriminatorias, xestión de conflitos e mellora da intelixencia emocional.
Gardando relación coa Convivencia, dende o apartado de Igualdade e coa finalidade de desenvolver na escola os valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres así como a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e a prevención e tratamento da LGTBIfobia, consideramos importante implementar medidas na liña da "Socialización Preventiva da Violencia de Xénero" (Idealove&Nam).
Así mesmo, tendo en conta as seguintes afirmacións recollidas por Jesús C. Guillén en dous artigos publicados na web de Escuela con Cerebro baixo os títulos "Educacion Emocional" e "Atención na aula: da curiosidade ao coñecemento":
1) "Sabemos que o estrés afecta ao aprendizaxe. Un certo nivel de éstres é beneficioso porque evita o aburrimento e a compracencia pero para que a aprendizaxe sexa ótima o nivel de estrés non pode ser excesivo porque pode provocar ansiedade ou agotamento (lei de Yerques e Dodson).
2)"Cando as emocións positivas nos impregnan de enerxía positiva podemos concentrarnos mellor e empatizar máis, ser máis creativos e manter o interese polas tarefas" (Davidson, 2012.)
3) "A educación emocional é un proceso educativo que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais como elemento do desenvolvemento integral da persoa, como obxectivo para capacitala para a vida. .
4) "Demostrouse que o mindfulness mellora a actividade de circuitos da corteza prefontal que son fundamentais para manter a atención centrándoa nun novo obxectivo específico
Pretendemos desenvolver accións para a mellora da competencia socioemocional que, á liña do recollido na resolución do 09 de xuño de 2022 complementen ás liñas CONVIVE-T, IGUÁLA-T, e INCLÚE-T que permitan "acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa".
3.1. PROGRAMA INCLÚE - T
As accións a levar acabo serán as seguintes:
1.Difusión entre o profesora do centro de ¿Proceso de cribado Universal¿.
2.Elaboración dunha ferramenta de Avaliación baseada no currículo dentro do modelo de resposta á intervención.
3.Elaboración a nivel de centro dun Protocolo de detección temperá de detección de Necesidades Específicas de Lectura, escritura e cálculo na liña do establecido nos Modelo de resposta á intervención.
4.Implementación, a nivel piloto, en 3º de primaria da identificación temperá dentro do proceso de cribado universal.

3.2. PROGRAMA IGUALA - T
Dentro dos Contrato-Programas da Consellería un curso máis solicítase este programa que trata de levar a cabo accións que fomenten a coeducación, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, prevención e tratamento da violencia de xénero, promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual, prevención e tratamiento da LGBTIfobia e outras medidas semellantes.
As accións a levar acabo serán as seguintes:
1.Proxecto de Educación Sexual coas alumnas e alumnos de 6º Curso de Primaria: O Feito sexuado Humano, O suxeito sexuado/a e as implicacións, Diversidade, Intersexualidade. Educación afectiva-sexual, Formas de Vida San. Maltrato, Bullying, Abuso, Acoso...
2.Programa de Habilidades Sociais a través da estratexia de Aprendizaxe Cooperativo (Traballo cooperativo CA/AC: Cooperar para Aprender/Aprender a Cooperar).
3.Creción durante o curso escolar dun Taller Feminista. Dotación ao centro de Bibliografía sobre Feminismo para alumnado, profesorado e familia.
4.Solicitude dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á "Violencia sobre a muller, discriminación por razón de sexo ou orientacións sexual..."
5.Participación na Mesa Local Contra a Violencia de Xénero e Constitución do Centro Escolar como "Centro Escolar contra a Violencia de Xénero".

3.3. PROGRAMA convive-t
Tamén dentro
dos Contrato-Programa da Consellería de Educación vai a realizarse o Programa
Convive-t. Dito programa busca levar a cabo medidas que favorezan o clima
escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións
preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida
nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de
conflitos, e outras accións similares. Dentro deste programa desenvolverse a
actividade A Mirada do Outro.
As accións a
levar a cabo serán as seguintes:
1.Programa de
Sensibilización e Prevención do Acoso Escolar "A Mirada do
Outro": Autoconcepto, Autoestima,
Intelixencia Emocional, Educación en Valores, Habilidades Sociais. Violencia e
Agresividade, Acoso escolar e Ciberacoso, Xestión de conflitos no ámbito
escolar.
2.Programa de
Habilidades Sociais a través da estratexias de Aprendizaxe Cooperativo.
3.Enquisa ao
alumnado sobre "Vivencias de Acoso Escolar". Adaptación da Enquisa de
Save The Children: Yo a eso no Juego. Bullying y Ciberbullying en la infancia.
Difusión da "Guía de Prevención do Acoso Escolar do Centro".
4.Solicitude
dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos
centros educativos e as súas contornas" de Conferencias e Actividades no
centro en relación á "Consecuencias do acoso escolar en quenes o
padecen", "Prevención de riscos de seguridade asociadas ás novas
tecnoloxías".
5.Participación
na Mesa Local contra as Violencias.
Actividades a realizar:
Eu coma ti: Trátase dun obradoiro vivencial que convida a a cada participante e tamén ao seu grupo a reflexionar sobre as diversidades entre iguais, a inclusió e a xustiza social. A través da imaxe, da palabra e do movimiento buscan as claves para os coidados e os bos tratos entre iguais. Estará orientado ao alumnado de 6º de Primaria.
A Mirada do Outro: Durante este curso terá lugar a posta en funcionamento en colaboración coa Asociación Aseia do Programa "A Mirada do Outro: programa de sensibilización e prevención do acoso escolar" . Este programa vai a desenvolverse durante varias sesións de dúas horas de duración a través de talleres co alumnado de 5º de primaria.
O acoso escolar é unha das máximas preocupacións deste centro educativo, entendendo este como calquera clase de acción, sexa física como psicolóxica, que supoña intimidacións entre escolares ou mesmo malos tratos, e que teña como característica unha repetición mantida no tempo. En consecuencia, dende o centro temos especial atención a:a) Accións que supoñan intimidación ou malos tratos reiterados sobre un mesmo alumno/a.
b) Situacións entre alumnos/as que presenten desequilibrios de poder ou forza.
Tamén dentro dos Contrato-Programa da Consellería de Educación vai a realizarse o Programa Convive-t. Dito programa busca levar a cabo medidas que favorezan o clima escolar e as relacións entre os membros da comunidade educativa, actuacións preventivas de condutas violentas ou discriminatorias, actuacións de acollida nos centros educativos, a conciliación ou mediación escolar, a xestión de conflitos, e outras accións similares. Dentro deste programa desenvolverse a actividade A Mirada do Outro.
As accións a levar a cabo serán as seguintes:
1.Programa de Sensibilización e Prevención do Acoso Escolar "A Mirada do Outro": Autoconcepto, Autoestima, Intelixencia Emocional, Educación en Valores, Habilidades Sociais. Violencia e Agresividade, Acoso escolar e Ciberacoso, Xestión de conflitos no ámbito escolar.
2.Programa de Habilidades Sociais a través da estratexias de Aprendizaxe Cooperativo.
3.Enquisa ao alumnado sobre "Vivencias de Acoso Escolar". Adaptación da Enquisa de Save The Children: Yo a eso no Juego. Bullying y Ciberbullying en la infancia. Difusión da "Guía de Prevención do Acoso Escolar do Centro".
4.Solicitude dentro do "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas" de Conferencias e Actividades no centro en relación á "Consecuencias do acoso escolar en quenes o padecen", "Prevención de riscos de seguridade asociadas ás novas tecnoloxías".
5.Participación na Mesa Local contra as Violencias.
Actividades a realizar:
Eu coma ti: Trátase dun obradoiro vivencial que convida a a cada participante e tamén ao seu grupo a reflexionar sobre as diversidades entre iguais, a inclusió e a xustiza social. A través da imaxe, da palabra e do movimiento buscan as claves para os coidados e os bos tratos entre iguais. Estará orientado ao alumnado de 6º de Primaria.
A Mirada do Outro: Durante este curso terá lugar a posta en funcionamento en colaboración coa Asociación Aseia do Programa "A Mirada do Outro: programa de sensibilización e prevención do acoso escolar" . Este programa vai a desenvolverse durante varias sesións de dúas horas de duración a través de talleres co alumnado de 5º de primaria.
O acoso escolar é unha das máximas preocupacións deste centro educativo, entendendo este como calquera clase de acción, sexa física como psicolóxica, que supoña intimidacións entre escolares ou mesmo malos tratos, e que teña como característica unha repetición mantida no tempo. En consecuencia, dende o centro temos especial atención a:
a) Accións que supoñan intimidación ou malos tratos reiterados sobre un mesmo alumno/a.
b) Situacións entre alumnos/as que presenten desequilibrios de poder ou forza.
3.4. CONTRATOS PROGRAMA PROA
Con este plan trátase de apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico, implicando ao grupo de clase nas actividades de reforzo, co fin de conseguir o máximo desenvolvemento emocional, intelectual e social do alumnado
Previamente á súa solicitude foi necesario realizar unha valoracón previa do alumnado que vai a precisar reforzo e axuda durante este curso. Unha vez detectado máis dun 30% de nenos e nenas en situación vulnerable, solicitouse a participación nos programas PROA.
Os obxectivos a acadar co programa PROA son:
1.Incrementar as expectativas de éxito escolar dos alumnos.
2.Diminuir o efecto que provocan as desigualdades sociais, económicas e culturais.
3.Actuar de xeito preventivo para evitar que o alumno poda abandoar o sistema educativo no futuro.
4.Axudar a superar as dificultades xeradas nas áreas instrumentais básicas: lectura, escritura e cálculo.
5.Facer que o alumno adquira hábitos de traballo e técnicas de estudio.
Medidas a levar a cabo:
1.Concienciar ao alumno de que se pretende con esta medida.
2.Buscar a implicación activa das familias.
3.Levar a cabo, por parte da Titoría e Equipo de Ciclo, unha coordinación cos docentes responsables da aplicación do programa. Especial importancia terá proporcionarlles información sobre os aspectos a mellorar en cada alumno.
4.Reforzar os coñecementos que se están dando na súa clase.
5.Facilitar os espacios que se precisen: aula, biblioteca, sala de informática, patio, etc.
3.5. PLAN PROXECTA
O Plan Proxecta+ busca fomentar a innovación educativa por medio de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores e os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Para conseguir estes obxectivos busca favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos cos que promover a realización de proxectos interdisciplinarios.
1. Proxectos de vida activa e deportiva: “Móvete na Ziralla”
O noso centro educativo comprométese a promover unha educación integral que inclúa non só o desenvolvemento académico senón tamén a saúde e o benestar dos alumnos. Participar no Plan Proxecta "Móvete Máis" preséntase como unha oportunidade ideal para fomentar hábitos de vida saudables a través da actividade física regular e a nutrición equilibrada. Experiencias previas en proxectos similares demostraron un impacto positivo tanto no rendemento académico como no benestar emocional dos estudantes. Queremos continuar esta traxectoria motivadora e produtiva mediante actividades innovadoras e participativas. Ademais, a nosa participación en XOGADE con todos os cursos demostrou ser unha experiencia enriquecedora e altamente beneficiosa.
As modalidades solicitadas foron:
XOGADE |
Máis e mellor actividade física |
PVDA |
Camiña/en bici á escola |
Móvete+ |
Obxectivos
· Promover a actividade física regular: Incentivar a práctica de exercicio físico diario entre o alumnado.
· Concienciar sobre a importancia da nutrición: Educar aos estudantes sobre os beneficios dunha alimentación saudable.
· Desenvolver habilidades motoras e físicas: Mellorar a coordinación, a forza, a flexibilidade e a resistencia dos alumnos.
· Fomentar o traballo en equipo e a cooperación: Realizar actividades grupais que promovan a colaboración.
· Previr o sedentarismo e os seus efectos negativos: Reducir o tempo de inactividade física dentro e fóra da escola.
· Educar en valores de saúde e benestar: Promover unha cultura de coidado persoal e responsabilidade sobre a propia saúde.
Actividades e Temporalización
Primeiro Trimestre
Presentación do proxecto:
Introdución ao Plan Proxecta "Móvete Máis".
Charla informativa sobre os beneficios da actividade física e a nutrición adecuada.
Creación de grupos de traballo.
Avaliación inicial da condición física:
Realización de probas físicas para coñecer o estado inicial dos alumnos.
Rexistro dos resultados para comparar ao final do proxecto.
Iniciación á actividade física diaria:
Introdución de exercicios sinxelos na rutina diaria escolar, como estiramentos, ioga, sentadillas, steps e baile.
Organización de "10 minutos de exercicios" todas as mañás antes de entrar en clase.
Día ao cole en bicicleta:
Planificación dunha xornada na que os profesores recollerán aos nenos en bicicleta e percorrerán o pobo xuntos, substituíndo o autobús ou coche.
Primeira carreira Holi:
Organización da primeira carreira Holi para o inicio do curso, combinando exercicio físico e diversión coa tradición das cores.
Segundo Trimestre
Sesións de educación nutricional:
Charlas e talleres sobre alimentación equilibrada.
Participación en actividades de cociña saudable, como elaboración de receitas sinxelas e saudables.
Actividades deportivas e xogos:
Organización de torneos internos de diferentes deportes (baloncesto, fútbol, voleibol, etc.) nos recreos.
Creación do "carro de patios activos" con cordas, zancos e outros materiais para fomentar o xogo activo durante os recreos.
Sesións de ioga e mindfulness para promover a saúde mental.
Xogos de orientación e natación.
Terceira carreira solidaria pola igualdade:
Organización da terceira carreira solidaria pola igualdade, promovendo a inclusión e a conciencia social.
Eventos de sensibilización:
Celebración do Día da Alimentación Saudable.
Invitación a profesionais da saúde para charlas e demostracións prácticas.
Terceiro Trimestre
Rutas de sendeirismo e actividades ao aire libre:
Organización de excursións e rutas de sendeirismo pola contorna.
Realización de actividades en contacto coa natureza.
Competicións e xornadas deportivas:
Organización dun día deportivo no centro con diferentes actividades e competicións, incluíndo carreiras e xogos tradicionais.
Participación nas actividades propostas en XOGADE con todos os cursos.
Participación na 6ª carreira solidaria a favor dunha ONG organizada polo IES.
Día de convivencia na Acearrica:
Formación de 20 grupos con un neno ou nena de cada idade do centro que formarán un equipo.
Participación en actividades deportivas ao aire libre, fomentando a colaboración entre diferentes idades.
Avaliación final e reflexión:
Realización das mesmas probas físicas do inicio para avaliar os progresos.
Reflexión en grupo sobre as aprendizaxes e cambios experimentados.
Elaboración dun informe final coas conclusións do proxecto.
2. PLAN PROXECTA “Nós tamén creamos”. Acearrica Producións.
O noso centro xa participou en proxectos previos relacionados co cine e a lingua galega, resultando unha experiencia altamente motivadora e produtiva para o alumnado. Observamos un incremento no interese pola lingua galega, así como melloras significativas nas competencias lingüísticas e creativas dos nosos estudantes. Por esta razón, propoñemos continuar con esta liña de traballo utilizando a técnica de STOP Motion para adaptar contos galegos a curtametraxes. Este proxecto permite unha inmersión completa na lingua e cultura galegas, fomentando a colaboración, a creatividade e o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas.
Obxectivos
· Promover o uso da lingua galega: Fomentar a utilización do galego nun contexto creativo e lúdico.
· Desenvolver competencias lingüísticas: Mellorar as habilidades de lectura, escritura, comprensión e expresión oral en galego.
· Fomentar a creatividade: Estimular a imaxinación e a capacidade creativa do alumnado.
· Traballar en equipo: Promover a colaboración e o traballo en equipo.
· Introducir tecnoloxías dixitais: Familiarizar aos estudantes co uso de ferramentas tecnolóxicas para a creación audiovisual.
· Valorizar a cultura galega: Apreciar e difundir os contos tradicionais galegos.
Actividades e Temporalización
Primeiro Trimestre
Presentación do proxecto:
· Explicación do STOP Motion e exemplos de curtametraxes.
· Selección dos contos galegos a traballar.
· Formación de grupos de traballo.
· Coñecemos o inico do cinema
Adaptación dos contos:
· Lectura e análise dos contos seleccionados.
· Escritura dos guións en galego.
· Creación do storyboard.
Primeiros ensaios:
· Introdución á técnica de STOP Motion.
· Primeiros ensaios de gravación con material sinxelo (plastilina, papel, etc.).
Segundo Trimestre
Desenvolvemento dos escenarios e personaxes:
· Elaboración de fondos e personaxes cos materiais seleccionados.
· Revisión dos guións e storyboards.
Gravación das escenas:
· Gravación das distintas escenas seguindo o storyboard.
· Uso de ferramentas dixitais para a gravación (tabletas, cámaras, software de STOP Motion).
Primeira montaxe:
· Importación das imaxes gravadas ao ordenador.
· Montaxe inicial das escenas.
· Engadir efectos sonoros e música.
Terceiro Trimestre
Edición final:
· Revisión e corrección da montaxe inicial.
· Engadir subtítulos e créditos en galego.
Proxección das curtametraxes:
· Organización dun festival de cine no centro.
· Proxección das curtametraxes realizadas para os compañeiros, familias e comunidade educativa.
Avaliación e reflexión:
· Avaliación do proxecto polos estudantes e profesores.
· Reflexión sobre as aprendizaxes adquiridas e posibles melloras para futuros proxectos.
4. O Método ABN
Un curso máis continúa a implantación do Método ABN. A posta en marcha deste importante método no noso colexio supuxo unha innovación sen precedentes. Trátase de que no ensino das matemáticas, un eido tradicionalmente relegado a aprendizaxe memorística e mecánica, o alumando sexa quen de resolver os problemas cunha maior autonomía e liberdade. O seu creador foi o doutor en Ciencias da Educación Jaime Martínez Montero que en cursos pasados acudiu ao noso centro para comprobar de primeira man o traballo do equipo docente de Infantil.
5. Obradoiro de Xogos Populares.
Esta actividade desenvólvese coa colaboración da CCP Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense. Nesta ocasión participamos no XVII Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais, deseñado principalmente para alumnado de Primaria e Secundaria. O obradoiro realizarase en horario lectivo nunha única sesión de media mañá.
6. Plambe de mellora de Bibliotecas Escolares.
O CEIP Padre Feijóo continúa un curso máis co Plambe de mellora de bibliotecas escolares. Por este motivo o profesorado de este centro vai a continuar participando nun programa de innovación educativa coa formación de usuarios e dinamización da biblioteca escolar. A tarefa da dinamización da biblioteca escolar esixe Incluír varios tipos de actividades dentro da mesma. Por unha parte, están aquelas que se centran na formación dos seus usuarios que debe ir orientada cara o coñecemento da biblioteca e da función que esta desempeña nun centro escolar e tamén cara ao desenvolvemento por parte dos seus usuarios, dunha serie de estratexias que permitan a obtención de información almacenada en diferentes soportes e o seu uso adecuado. Neste aspecto, a figura do profesor bibliotecario xoga un papel fundamental, como responsable directo dos programas deseñados para a formación dos usuarios. Colaborará estreitamente con todo o profesorado na confección do currículo das materias que se imparten no centro, procurando que nelas teñan cabida actividades relacionadas coa lectura e co uso da biblioteca. Tamén manterá informado ao longo do curso ao equipo de biblioteca e a todo o profesorado en xeral das actividades de formación en bibliotecas escolares e animación á lectura que se desenvolvan (cursos de formación, xornadas, conferencias…) coa finalidade de que o profesorado que realice actividades relacionadas coa biblioteca conte coa motivación e formación suficiente para desempeñalas correctamente. Para a posta en práctica dos proxectos lectores, a biblioteca escolar, é un instrumento imprescindible, que a comunidade escolar debe organizar e dinamizar como un centro de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, de carácter dinámico e en constante actualización. Así entendida, a biblioteca escolar, pode ser un elemento estratéxico para a innovación pedagóxica que axude a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural do centro, proporcionando tanto ao alumnado como ao profesorado a oportunidade para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe. Ademais, sirve de canle para a integración nos centros educativos das tecnoloxías da comunicación que a sociedade vai desenvolvendo, e ofrece a posibilidade de acceso igualitario aos bens culturais, independentemente do estrato económico e cultural de procedencia, actuando como axente de compensación social.
8. Circuítos de Educación Vial
Esta actividade realízase durante o mes de maio ou xuño polo que se avaliará nese momento a evolución da pandemia e a posibilidade de poder levala á cabo. Esta actividade desenvólvese coa participación da DXT e seguindo nesa liña de colaboración o colexio terá programado, un curso máis, un circuíto de educación vial para os nosos nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria e outro para os alumnos de Educación Infantil.
Este circuíto establecerase no patio do colexio de primaria, durante unha mañá do terceiro trimestre. Os alumnos poderán participar no mesmo coas súas bicicletas, triciclos, patíns ou mesmo carros de bonecos e deberán traer casco.
O alumnado de 3º e 4º terá a mesma actividade pero empregando karts eléctricos.
9. Actividade da compostaxe
Esta actividade ven enmarcada dentro do seminario de conservación do medio ambiente. Coa colaboración do Concello de Allariz e tras recibir o profesorado implicado a correspondente formación pola asociación ecoloxista Adega están en funcionamento tres composteiros: un no patio de primaria, outro no comedor e finalmente outro no colexio de infantil.
Os alumnos de primaria terán asignada unha semana por curso para recoller os residuos orgánicos da cociña e levalos ao composteiro. A súa vez poden depositar nel toda residuo orgánico procedente das súas merendas da mañá.